Arquivos mensuais: Maio 2013

Instrucións para ferver un ovo

Na anterior entrada presentabamos a obra poética dunha xove autora. Pois ben, hoxe traemos tamén a de dous  autores e actores  noveis,Miguel Santomé Regueira e Laura Porto Crabeiro, ex alumna do centro. Ambos son A santa compañía. Nesta ocasión recomendamos a súa obra de teatro, Instrucións para ferver un ovo. A peza foi estrenada en Santiago de Compostela, dentro da Mostra de teatro universitario, o pasado 26 de abril

Estas son algunhas fotos do estreno da mesma. Están tomadas por Iago Polo.

"Botando"

“Botando”

"Explorando"

“Explorando”

Como se pode intuir polas fotografías, a obra, de alto contido simbólico ( “o ovo como símbolo da vida e da creación, do sometemento e do sometido”), participa dunha concepción do teatro experimental e auténtica. En escena, duas personaxes,XX e  XY  desenvolven un conflicto que xa vén de lonxe:  o sometemento fronte a  liberdade, a sumisión fronte a liberación. Non tanto dunha liberdade social, que tamén, senón dunha liberdade individual. Deixanse ver tamén os sentimentos de “desamparo” no que viven os protagonistas da peza,nun mundo que perciben como pouco amable. Son seres incómodos na vida que medran cara adentro pero non poden medrar fóra, no exterior,pola sumisión á que están sometidos(sobre todo as mulleres) ou ben pola súa propia fraxilidade.

De corte filosófica, moi poética e de expresión moi depurada, con silencios moi amplios e cargados de contido(no teatro agradécese que os silencios digan), o mellor sería vela, pero por se non hai oportunidade podedes lela aquí.

Queremos felicitar aos autores e actores da mesma polo seu bo facer no texto e no escenario, pois souberon mezclar nunha peza  tenrura, lirismo, rabia e lucidez. Parabéns!

Deixar un comentario

Arquivado en Recomendacións

“Pinacoteca de los sueños rotos”. Raquel Vázquez

E xa no día dos museos,  traémosvos unha recomendación poética dunha xove autora, Raquel Vázquez.

(Procedencia da imaxe)

Deixámosvos dous enlaces a dous blogs diferentes onde podedes atopar unhas mostras do bon facer de Raquel:

“El jinete perdido [René Magritte]”

“Autorretrato [Jean-Michel Basquiat]”

E rematamos co enlace ó blog de Raquel “Niebla eterna”

Deixar un comentario

Arquivado en Pintura, Recomendacións

“El misterio de Velázquez”. Eliacer Cansino

Relacionando pintura e literatura nesta semana previa ó día dos museos (18 de maio) recomendamos un par de títulos que podedes atopar na biblioteca.

O primeiro é “El misterio de Velázquez” de Eliacer Cansino (picade sobre a imaxe para ver os datos e resume do libro)

O segundo título que recomendavos sobre o mesmo pintor é de varios autores (entre eles o mesmo  Eliacer Cansino, os galegos Xabier P. Docampo e Xosé A. Neira Cruz): “Cinco contos sobre Velázquez”. Haino en castelán e galego, nós témolo en galego na biblioteca.

(Procedencia da imaxe)

Deixar un comentario

Arquivado en Pintura, Recomendacións

Literatura xuvenil e pintura

Xa que levamos dúas sesións do club de lectura, a de abril e a de maio, con lecturas que nos levan á pintura (Frida Kahlo e Van Gogh)

e neste mes de maio se celebra o día mundial dos museos, aproveitamos para deixarvos un enlace a un documento do Departamento de Educación do Museo Thyssen-Bornemisza no que podedes atopar unha  moi completa bibliografía de obras da literatura infantil e xuvenil que tratan o tema da pintura.

LA PINTURA EN LA LITERATURA PARA NIÑOS Y JÓVENES

 

Deixar un comentario

Arquivado en Pintura, Recomendacións

Outras obras de Marcos Calveiro

Deste autor xa fixemos unha recomendación, cando andabamos viaxando por Venecia, a propósito da súa obra Settecento, que se desenvolve en parte nesta cidade. Esta obra témola  na biblioteca, así coma outras, que xa lemos en  anteriores clubs de lectura, e tamén algunha lida como lectura obrigatoria dalgún curso de lingua galega.

Facémosvos unha pequena enumeración delas (picade sobre a imaxe ou sobre a procedencia para acadar información sobre elas):

-“Sari, soñador de mares”.

(Procedencia da imaxe)

-“Rinocerontes e quimeras”. (Para os que nos seguides desde Catalunya, hai tradución á vosa lingua 🙂 )

(Procedencia da imaxe)

-“El samurai del rey”. Desta colección temos na biblioteca estes dous títulos.

(Procedencia das imaxes)

-“Palabras de auga”. Deste libro precisamente veu o autor a falar ó noso centro, lembrádelo?

(Procedencia da imaxe)

-Para os máis maiores, tamén temos na biblioteca, ademais da xa mentada e comentada noutra entrada “Settecento” (v. supra), temos tamén “Festina lente”

(Procedencia da imaxe)

E isto é o que temos do autor na nosa biblioteca polo de agora (botádelle unha ollada á miniexposición que fixemos)

Se queredes ver máis picade no seguinte enlace de Todostuslibros

Deixar un comentario

Arquivado en Recomendacións

Despois da reunión: “O pintor do sombreiro de malvas”

 

100_4056

Onte reunímonos na biblioteca (que, como podedes apreciar na foto, decoramos para a ocasión) para falar de “O pintor do sombreiro de malvas”.O paquetiñó dourado co que lle demos o toque persoal á reprodución de Van Gogh non foi difícil adiviñar o que contiña.

100_4057

 

100_4058

Logo de pasearnos polo noso museo Van Gogh particular (v. entrada correspondente) comentamos un algo do libro, pero, salvo apreciacións coma a de Pedro de que o narrador é un “narrador testigo” e a lectura , por parte de Carme, do contiño “Un ramo de girasoles” do libro “Cuentos de cuando yo era”, que nos levou Esme, toda a reunión xirou en torno á pintura e ó personaxe de Van Gogh (“bo, loco e raro, que falaba pensando as cousas” apuntou Christian)

Ah! Iago a apuntou que lle gustara máis este libro ca “Palabras de auga”, que tivo que ler para a clase. A Jorge pareceulle que se podía ver ó autor dos dous libros reflectido na linguaxe de ambos (“usa palabras pouco habituais”, dicía.)

100_4054

 

E despois de dar boa conta do chocolate, de falar sobre o libro e incluso enredar demais, coma sempre, quedamos emplazados para a lectura de “A cidade en chamas” co que poñeremos fin á nosa Odisea deste ano.

Deixamos na biblioteca esta miniexposición (sen o paquetiño, claro) e nos próximos días publicaremos unha entrada con máis obras de Marcos Calveiro.

Vémonos o día 10 de xuño. Lémonos antes.

Deixar un comentario

Arquivado en Pintura

Música en “O pintor do sombreiro de malvas”

Tamén a música se deixa oír nesta novela de Marcos Calveiro. A filla do doctor Gachet toca o piano e no capítulo 23 pregúntalle o protagonista:

-“Esa música que tocaba, que era?

-Unha balada de Chopin. Gustouche?

-Nunca escoitara nada tan fermoso.”

( Tamén se escoita a melancolía de Chopin en El pianista)

No capítulo 26 cítase La Marsellesa“:

“O alcalde, cunha banda tricolor sobre o peito, falou dende o balcón a todos os presentes. As mulleres sacaran as súas mellores galas e moitos vellos acudiran vestidos, cos seus antigos uniformes de militar, como Gachet, que ademais lucía dúas condecoracións na pecheira. Ao remate da arenga republicana, a orquestra tocou con moita cerimonia, aínda que descompasada, A Marsellesa, que todos os presentes cantaron de viva voz. Logo os músicos seguiron con pezas máis festeiras, dando por inaugurado o baile.” (páx. 122)

( Escoitamos  este mesmo himno na película  Casablanca)

Edith Piaf” prestoulle “a súa voz nítida, desgarrada e auténtica a esta canción:

Deixar un comentario

Arquivado en Cine, Música

Literatura en “O pintor do sombreiro de malvas”

O narrador da novela é un rapaz que ocupa o seu tempo seguindo ó pintor e tamén lendo. Entre as súas lecturas cita as seguintes no libro:

“Nana” de Emilie Zola (cap. 3)

“Eu pasei a tarde na casa, para tranquilidade da miña tía, vendo como chovía e relendo a Nana de Zola, que gardaba embaixo do xergón para evitar que  caese nas mans da vella santiroleira e a botase ao lume por inmoral e perniciosa, como xa fixera con outro libro que me descubrira ao pouco de chegar a Auvers”. (Páx. 26 da edición de Xerais)

Ilustramos a novela coa pintura de Édouard Manet, outro impresionista

(Procedencia da imaxe)

As veladas de Médan” de Guy de Maupassant (cap.6)

“Na casa da miña tía, unha vez que petiscase calquera cousa, agardábame a intensa lectura dun conto que adiara do libro As veladas de Médan, de Guy de Maupassant, que me tiña marabillado.”

Adeemais das lecturas do narrador-protagonista hai outras citas literarias na novela:

“-Ai, amiguiño, aquilo converteuse nun banquete digno de Pantagruel! (páx. 132, cap. 27)

“O escritor Richepin insinuou algunha vez que o amor á arte lévache a perder o verdadeiro amor” (páx. 144, cap.30)

“Estrañeime de que estivese bebendo tan cedo e mirei a Adeline, que encolleu os ombreiros.

-Vexo a reprobación na túa ollada, e non me chista nadiña. Ás veces pareces a miña nai. Pero este que ves -dixérame alzando o vaso- é un remedio que o gran Charles Dickens recomenda aos que están a piques de suicidarse; incidado especialmente para disudilos durante uns intres(páx. 155, cap. 33)

Do gran Charles Dickens temos algunhas obras na biblioteca. Entre elas, a Hitoria de dos ciudades. Atoparedes o libro e a película.

( Procedencia da imaxe)

Deixar un comentario

Arquivado en Cine, Recomendacións

Reapertura do Museo Van Gogh de Amsterdam

Despois de meses pechado para a súa rehabilitación, reabríu onte o Museo Van Gogh, de Amsterdam (para coincidir co noso mes de Van Gogh no blog, vedes?, pois pechará de novo no 2014 para seguir a rehabilitación).

Neste museo, , que leva o nome de Van Gogh, atópase a colección máis importante de obras deste pintor.

(Procedencia da imaxe)

Fai  a súa reapertura coa exposición “Van Gogh en su taller”, na que se revelan novos achazgos sobre a pintura de Van Gogh. Podedes ler algunha curiosidade sobre estes achazgos na páxina da que procede a imaxe que seleccionamos (picade enriba) duns traballadores colocando o arquicoñecido cadro dos “Xirasols”.

(Procedencia da imaxe)

Deixar un comentario

Arquivado en Pintura

A propósito de “Os xogadores de cartas” de Cézanne

Esta é a aportación que nos fai Juan, á nosa entrada anterior.

“De “Jugadores de cartas” (vuestro blog) de Cézanne, hay cinco cuadros distintos. Uno de ellos está en la Courthald gallery de Londres (Sommerset house). Otro, lo compró hace poco la jequesa de Qatar por 190 millones de euros, pues quiere hacer allí, en el desierto, un museo de referencia. 

 
Enlace de la wiki donde salen las cinco versiones y sus propietarios. Yo me fijé en el museo y leí la explicación a raíz de enterarme de la compra por la jequesa, pues temía que hubiesen vendido la de la Courthald. Al leer que había “cinco versiones”, ya supuse que no. De las cinco, había una en manos de un coleccionista privado, que supongo será la que se vendió.”
 londres05.2007 130
E ilústranos o comentario, Juan, cunha foto do seu arquivo particular. Sae un reflexo pola altura á que está colocado o cadro, pero sérvenos para comparala coa da anterior entrada, que era unha obra da exposición “Cézanne e o pasado”  no Museo de Belas Artes de Budapest en outubro do 2012.
Moitas grazas pola aportación.

Deixar un comentario

Arquivado en Pintura