Esta recomendación de 2x 1, atópase así en Círculo de lectores. Trátase de “Los Corruptores” de Jorge Zepeda Patterson e “Las reputaciones” de Juan Gabriel Vásquez.
Da primeira deixámosvos o anuncio de Planeta de Libros México:
Corrupción, intrigas políticas, asasinatos, narcos…pero tamén unha amistade de tres personaxes que perdura a través dos anos, aínda que a trama central se desenvolve entre un martes 19 de novembro ás 5 p.m. e un venres 6 de decembro. Un lapsus de tempo de nin siquera un mes, pero no que moitas vidas cambian para sempre e outras vense truncadas.
Unha historia que pode parecer inverosímil, pero según di o autor na súa nota final “la trama se queda corta con respecto a lo que realmente sucede en las esferas del poder en México y, para el caso, en cualquier otro país” , tamén di na mesma nota: “Y es que, en efecto, la política real suele ser inverosímil”
Recomendable se vos gusta a novela negra e a actualidade novelada nunha prosa rica, irónica e fácil de ler.
Jorge Zepeda Patterson, o autor, é un analista e periodista mexicano, que escribíu varios libros e neste básase en datos da súa experiencia periodística.
E de México imos a Colombia con “Las reputaciones” , a nova novela do que foi premio Alfaguara 2011 con “El ruido de las cosas al caer”: Juan Gabriel Vásquez
Nesta novela curta é importante non só o que se nos amosa explicitamente no presente do protagonista, senón tamén o que se nos presenta de xeito implícito no pasado. A importancia da memoria ou da desmemoria, unha obra que nos leva a unha serie de reflexións mentras nos paseamos pola vida do protagonista, un caricaturista político que chegou a ter unha influencia vital na vida política do país.