Diciamos na entrada anterior que comezamos a nosa andaina lectora co xénero da biografía. A este respecto, queremos recomendar o libro Interior azul, de Anna R. Ximenos, publicado polo Fondo de Cultura Económica.
Se ben non é un libro de biografías ao uso, nas súas páxinas podemos atopar intres das mulleres biografiadas que ben poderían representar o que foi a súa vida. Trátase de momentos moi ben escollidos das historias de varias mulleres que funcionan coma momentos reveladores (case “epifanías”) e que reflicten o que foron Anna Ajmátova, Hannah Arendt, Katherine Mansfield, Marguerite Duras,Virginia Woolf, Colette, Marguerite Yourcenar, Dorothy Parker, Anna Freud, Isak Dinesen, Jane Bowles, Carson McCullers, Linda Campbell*, Mary Wollstonecraft, Mary Shelley e Anne Sexton.
* Poeta maldita canaria (1980_ 2010), murió accidentalmente arrollada por una carroza de carnaval. Insomne crónica, decía que los ansiolíticos eran angelitos enviados por dios y consideraba el plástico el mejor invento del hombre. Comienza a ser valorada por sus relatos hiperbreves y sus poemas visuales.
( Fuente: Interior azul)
Ben sabemos que nunha vida acontecen moitas cousas e os camiños polos que andamos poden ser moi varipintos, mais hai instantes que condensan a esencia do que foi un percorrido vital, unha personalidade, unha forma de ser e de facer.
Deixámosvos unhas liñas do que foi a vida de Hannah Arendt, unha das pensadoras máis coñecidas do século XX, amante do tamén coñecido filósofo Martin Heidegger:
“(…) Berlín, Alemania 1930
Hannah terminó la carrera de filosofía, se doctoró, comenzó a escribir artículos y libros. Durante algún tiempo, trató de disimular la ausencia de Martin con otros cuerpos. Ninguno tenía rastro, ni tacto, ni olor. Ninguno era Martin, nunca. Hasta que Martin, que la había buscado por toda Alemania, dio con ella y el ciclo de encuentros y despedidas recomenzó.
Discutían mucho. Para Martin la vida no era más que un avance hacia la muerte. Para Hannah la muerte no es más que un término de una vida completada.
Visualicemos un corazón. A Martin le intersaba el momento en que deja de latir. A hannah, el instante en que comienza a hacerlo.
A veces, la fuerza del amor solo se iguala por su imposibildad. (…)”
Páxinas 138 e 139 da edición citada
Ainda que non está na biblioteca, se a alguén lle interesa a obra podedes facer unha desiderata e mercaremola. Nós conseguímola nesta fermosísima librería de conto, Mujeres&Compañía
Ainda que non conseguiremos plasmar a sensibidade e delicadeza da librería, a extraordinaria selección de obras que nela atopamos, o amor polos libros que desprenden as súas libreiras, o compromiso que amosan os títulos alí “atrapados”, a calidez do espacio… velaquí unhas fotos que vos acheguen ata ela:
(“Leer, como vivir, es un puzzle”)
Para as tertulias e conversas