Non sei se lembrades que na última xuntanza do club de lectura arredor da novela El niño que vivía con los avestruces quixemos escoitar, na voz de Elisa, o conto que Hadara lle relataba á rapaza de quen se namorara, mais non puidemos por asuntos técnicos.
O conto comezaba así:
” Hace mucho, mucho tiempo, aquí en esta parte del Sahara vivía un muchacho. Su nombre era Ali. Su familia, igual que la nuestra, estaba compuesta por beduinos. Ellos seguían la lluvia, se movían de un lado pra aotro en el desierto buscando agua y pasto para sus animales. Una noche, Ali soñó con una muchacha. Sus ojos brillaban como las estrellas y su ropa era verde y muy bonita, pero no reconocía la vestimenta. Tal vez era de otra parte del desierto, quizás de otra parte del país. Cuando Ali despertó sintió que estaba profundamente enamorado de la chica con ojos de estrella con un bonito tul verde. La siguiente noche soñó nuevamente con ella. Y la siguiente. Finalmente no pudo soportarlo más.(…)”
Pois ben, podédelo escoitar aquí narrado por Elisa.
E, para celebrar o mes da Tradición Oral, algúns membros do club foron ler polas aulas de 1º o capítulo co se abre a novela. Todos leron moi ben, aquí vos deixamos unhas imaxes deste grupo de lectores que engaiolaron a algúns oíntes.
Jorge e Iago lendo en 1ª ESO D
“Paula e Laura len en 1º C”
” Antía e Aida lendo na aula de 1º B”
Agradecemos aos profes ( Rosa e Fe) que nos deixaran uns minutos da súa clase para presentar “de viva voz” esta novela.
Dende fai varios anos vense celebrando no Sahara o Fisahara, un festival de cine que ten lugar nun dos campos de refuxiados. Podedes atopar máis información sobre o mesmo se picades aquí.
E se non vos apetece demasiado lelo, cóntavolo Javier Bardem …
Son moitos os actores que colaboran neste festival. Amparanoia ponlle música e voz a este pequeno vídeo que amosa o traballo dos artistas.
E aquí un trailer da película Hijos de las nubes, la útima colonia. Foi un dos documentais proxectados nesta última edición do festival. É un traballo de Álvaro Longoria, producido por Javier Bardem.
O pasado luns, 5 de novembro, tivemos a xuntanza arredor do libro que lemos este mes. Foi na biblioteca, si, mais nun lugar diferente: nunha jaima. Rodrigo, o profe de Bioloxía, montounos unha “á medida” para que puidesemos falar con máis “coñecemento espacial da historia”. Velaquí a tedes. Moitas grazas, Rodrigo, arquitecto de espazos de luz!
Como non podía ser doutro xeito, tiña que haber té ( tunecino) que trouxo Adelia. E libros, claro, máis libros ambientados en África. Un deles era Palabras de caramelo, de Gonzalo Moure, que moitos lectores ( que fan, por certo, honor ao adxectivo) xa leran no cole.
Este autor está moi familiarizado coa causa saharaui pois noutra novela súa, El beso del Sahara, tamén deixa ver a loita deste pobo.
“Refrescamos” a calor do deserto na frescura das telas da haima e, non sei se polo recollemento que nos ofrecía o espazo ou pola beleza da historia, foron pasando cousas.
Vimos “pasar” a gacela que tanto ben lle fixera Hadara,
“Cena” , fotografía tomada por David
e “ata vimos voar” ás avestruces ( tan coidadosas) que quixeron a Hadara e lle contaban historias. E soubemos que coñecían a historia de Ícaro.
” Una vez, hace mucho tiempo, los avestruces podíamos volar tan alto como quisiéramos. Volábamos alto, muy alto. Cuando queriamos cambiar de lugar, solo volábamos. Cuando venían los depredadores, solo teníamos que alzar vuelo para protegernos. Pero había un avestruz que no se conformaba con volar alto, él quería llegar hasta el sol. Una mañana, bien temprano, levantó el vuelo. Los otros avestruces, desde el suelo, lo miraban volar cada vez más alto. Finalmente, se convirtió en un pequeño punto negro en el cielo. “Va a poder-dijeron los otros avestruces-. Él va a llegar hasta el sol.” Pero no lo consiguió porque se acercó tanto al sol que sus alas se chamuscaron y se estrelló contra el suelo. Desde ese día los avestruces perdimos nuestra capacidad de volar. Nuestras alas son hermosas, pero no nos sirven para volar.”
Non puidemos escoitar a Elisa narrando a historia coa que Hada namorara a Kharouba, xa que o son era moi bo. Pero farémolo en breve.
Vimos que a tradición oral e tamén o respecto aos maiores eran temas presentes na novela lida. Como nós tamén estamos de acordo coas dúas cousas, imos facer unha serie de lecturas orais polas aulas para celebrar o mes da tradición oral. Elixiremos o primeiro capítulo do libro que nós compartimos para que outros alumnos o lean. Xa vos manteremos informados.
E “exploramos” o libro a pouquiños bebendo no té. Moitos dos lectores lembraban a novela case “ao detalle”. Unha marabilla!
Nós na jaima e, outros, no Sahara “exploran” outros libros a bordo dun autobús, creado pola asociación Bubisher.
Ainda que seguiremos comentando máis cousas sobre o que deu de si esta lectura xa vos deixamos coa vindeira novela que imos ler e comentar: Sagarmatha, de Joseph- Francesc Delgado.
Imos subir ao Sagarmatha! Boa escalada a todos e todas!
A novela está baseada en feitos reais( ainda que, xa se sabe, ao literaturizar pérdese un pouco esa realidade e gáñanse outras cousas) e está ambientada no deserto do Sahara. Se clicades aquí poderedes achegarvos a ese lugar.
Como sabedes é un lugar que ten detrás de si unha historia triste de inxustiza e desarraigo. Para que vaiades vendo como era ese espazo no que habitaba a familia humana de Hadara podedes ler este cómic explicativo de Mauro Entrialgo.
Ou ver este pequeno documental sobre a realidade do pobo saharaui.
Hadara é un rapaz que medra “salvaxe” neste deserto, protexido pala tenrura e cariño dunha familia de avestruces.
( Que sorte ten Hadara!). Non é o único caso de neno salvaxe.
Outros casos coñecidos de nenos que medraron lonxe do que implica a “domesticación social” foron, entre outros, Victor de l´Aveyron en El pequeño salvaje ( Grazas, Rodrigo, polo libro) ou Marcos Rodríguez que se recrea na película Entrelobos. Tamén destaca, na literatura, o caso de Mowgli en El libro de la selva.
Mañá deslizaremos pola suavidade do deserto e desta historia.
A fotografía “Suavidad” é de David Rodríguez Amil e foi tomada no Sáhara. Grazas, profe David!
Este é un blog dun Club de lectura dun centro de ensinanza. O seu uso é meramente didáctico, polo que se algunha das imaxes ou textos usados tivese dereitos de autor, facedenolo saber para proceder a retirala.