“Settecento”. Marcos Calveiro

Dun autor da nosa terra, que xa estivo con nós na biblioteca do IES Val do Tea fai un par de anos cando no club de lectura lemos “Sari, o soñador de mares” e “O pintor do sombreiro de malvas”, libro este último  que volveremos ler neste club de lectura no mes de maio, imos facervos agora unha recomendación que nos leva a Venecia.

100_2593

(Foto do noso arquivo)

(Procedencia da imaxe)

“Settecento” , é unha novela de Marcos Calveiro, publicada por Edicións Xerais e que temos na biblioteca, que nos leva á Venecia do século XVIII, pero tamén nos leva a outras cidades coma a máis cercana Compostela.

Na contraportada do libro lemos o seguinte:

“O badaleo de todos os campaniles de Venecia resoa en canles e pazos da Serenísima República unha mañá do ano de 1739 e, coma nun teatro barroco, álzase o pano deste melodrama para música no que todos os personaxes semellan agochar sentimentos e intencións tras unha branca máscara de Entroido. Baixo a atenta ollada dun alado león de mármore, Antonio Vivaldi prepara a estrea da súa nova opera, quizais a súa derradeira oportunidade de acadar o éxito de antano, mentres procura por un stradivarius perdido que moitos anos máis tarde escoitaremos nos oficios da catedral de Santiago. É, no celme harmónico deste prodixioso instrumento e nas habelenciosas mans do seu intérprete, onde fica o segredo dunha historia de culpa e redención, de amor e desexo, de loita e resignación, de fulgor e decadencia. Quizabes distintas notas para unha melodía arreo repetida na partitura das nosas vidas. Settecento é un intrigante e vertixinoso relato que confirma a Marcos Calveiro como un dos novelistas primeiros do noso tempo.”

Carta de presentación que nos incita á lectura desta obra para continuar paseando pola cidade dos canais.  Aproveitade estas minivacacións de entroido para lela.

E rematamos a entrada, cun vídeo de Vivaldi, que aparece coma personaxe na obra de Marcos Calveiro, a ver se con el xa vislumbramos a primavera no horizonte. Pois o entroido é esa época que nos anima a despedir o frío inverno e a recibir con ledicia a cálida primavera.

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Recomendacións, Venecia

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s