Arquivos diarios: Maio 2, 2013

Literatura en “O pintor do sombreiro de malvas”

O narrador da novela é un rapaz que ocupa o seu tempo seguindo ó pintor e tamén lendo. Entre as súas lecturas cita as seguintes no libro:

“Nana” de Emilie Zola (cap. 3)

“Eu pasei a tarde na casa, para tranquilidade da miña tía, vendo como chovía e relendo a Nana de Zola, que gardaba embaixo do xergón para evitar que  caese nas mans da vella santiroleira e a botase ao lume por inmoral e perniciosa, como xa fixera con outro libro que me descubrira ao pouco de chegar a Auvers”. (Páx. 26 da edición de Xerais)

Ilustramos a novela coa pintura de Édouard Manet, outro impresionista

(Procedencia da imaxe)

As veladas de Médan” de Guy de Maupassant (cap.6)

“Na casa da miña tía, unha vez que petiscase calquera cousa, agardábame a intensa lectura dun conto que adiara do libro As veladas de Médan, de Guy de Maupassant, que me tiña marabillado.”

Adeemais das lecturas do narrador-protagonista hai outras citas literarias na novela:

“-Ai, amiguiño, aquilo converteuse nun banquete digno de Pantagruel! (páx. 132, cap. 27)

“O escritor Richepin insinuou algunha vez que o amor á arte lévache a perder o verdadeiro amor” (páx. 144, cap.30)

“Estrañeime de que estivese bebendo tan cedo e mirei a Adeline, que encolleu os ombreiros.

-Vexo a reprobación na túa ollada, e non me chista nadiña. Ás veces pareces a miña nai. Pero este que ves -dixérame alzando o vaso- é un remedio que o gran Charles Dickens recomenda aos que están a piques de suicidarse; incidado especialmente para disudilos durante uns intres(páx. 155, cap. 33)

Do gran Charles Dickens temos algunhas obras na biblioteca. Entre elas, a Hitoria de dos ciudades. Atoparedes o libro e a película.

( Procedencia da imaxe)

Deixar un comentario

Arquivado en Cine, Recomendacións

Reapertura do Museo Van Gogh de Amsterdam

Despois de meses pechado para a súa rehabilitación, reabríu onte o Museo Van Gogh, de Amsterdam (para coincidir co noso mes de Van Gogh no blog, vedes?, pois pechará de novo no 2014 para seguir a rehabilitación).

Neste museo, , que leva o nome de Van Gogh, atópase a colección máis importante de obras deste pintor.

(Procedencia da imaxe)

Fai  a súa reapertura coa exposición “Van Gogh en su taller”, na que se revelan novos achazgos sobre a pintura de Van Gogh. Podedes ler algunha curiosidade sobre estes achazgos na páxina da que procede a imaxe que seleccionamos (picade enriba) duns traballadores colocando o arquicoñecido cadro dos “Xirasols”.

(Procedencia da imaxe)

Deixar un comentario

Arquivado en Pintura

A propósito de “Os xogadores de cartas” de Cézanne

Esta é a aportación que nos fai Juan, á nosa entrada anterior.

“De “Jugadores de cartas” (vuestro blog) de Cézanne, hay cinco cuadros distintos. Uno de ellos está en la Courthald gallery de Londres (Sommerset house). Otro, lo compró hace poco la jequesa de Qatar por 190 millones de euros, pues quiere hacer allí, en el desierto, un museo de referencia. 

 
Enlace de la wiki donde salen las cinco versiones y sus propietarios. Yo me fijé en el museo y leí la explicación a raíz de enterarme de la compra por la jequesa, pues temía que hubiesen vendido la de la Courthald. Al leer que había “cinco versiones”, ya supuse que no. De las cinco, había una en manos de un coleccionista privado, que supongo será la que se vendió.”
 londres05.2007 130
E ilústranos o comentario, Juan, cunha foto do seu arquivo particular. Sae un reflexo pola altura á que está colocado o cadro, pero sérvenos para comparala coa da anterior entrada, que era unha obra da exposición “Cézanne e o pasado”  no Museo de Belas Artes de Budapest en outubro do 2012.
Moitas grazas pola aportación.

Deixar un comentario

Arquivado en Pintura