O vindeiro luns día 4 de maio falaremos de Tres sombreros de copa, de Miguel Mihura.

Procedencia da imaxe
Francisco Umbral dicía neste artigo (de onde tomamos o título da entrada) que:
“(…) Lo que quiere decir que conoció pronto la mentira del teatro, y por eso llegaría a dominarlo. El día en que estrenaron Tres sombreros de copa se metió en Chicote con Luis Calvo, director de “Abc”, para emborracharse y rezar por el fracaso de aquello. Resultó el éxito más grande de la posguerra. Luego vienen Ni pobre ni rico sino todo lo contrario, El caso de la mujer asesinadita, etc. Pero lo esencial y fundamental de Mihura está en la prosa, en los artículos de “La Codorniz” y otros. Ahí aparece el niño que decíamos antes, con su visión intacta del mundo, el humorista de vanguardia que no lo sabe, el que no ha perdido la mirada infantil sobre las cosas, secreto de Baudelaire y de otros genios, como Dylan Thomas. Lo que en Ionesco, su amigo, es talabartería y oficio, en Mihura es espontaneidad. Los cómicos dicen que era mala persona, como todos los cojos. (…)”
Estrenábase ese día unha obra de teatro absurda que entroncaba co teatro do absurdo . Este naceu alentado polos aires vangardistas de principios do século XX. Era o teatro da non realidade que facían , entre outros moitos, Alfred Jarry, Ionesco, Antonin Artaud (e o teatro da crueldade), Harold Pinter,Jean Genet, Samuel Beckett, Arthur Adamov, o propio Miguel Mihura, Fernando Arrabal e Alejandro Jodorowsky. Os dous últimos, ainda vivos, orientaron ese absurdo inicial cara ao teatro pánico.
Os dramaturgos que fixeron teatro do absurdo non discutiron sobre o absurdo da condición humana. O que fixeron foi presentar por medio de imaxes e escenas canto de absurdo ten a vida (ou canto de absurda é a vida).

(Procedencia da imaxe)
Deixando a un lado os trazos distintivos de cada un deles, todos comparten a falta de sentido da condición humana recurrindo ao abandono do enfoque racional (véxase aquí a influencia das vangardas). En xeral basean as súas obras na protesta e na paradoxa. Critican a orde social e a condición humana. Esa protesta non toma forma de crítica racional; máis ben parece o berro desesperado e frenético, o berro de quen está atrapado nunha rede da que non pode saír ( a creada polas presións sociais, a falta de sentido da existencia…) Un exemplo do absurdo é:
“La cantante calva“, de Ionesco. A imaxe procede de aquí. Foi levada a escena, entre outras moitas, pola compañía Yllana.
Este novo teatro supuxo unha conmoción polas súas innovadoras propostas que poderían sintetizarse nestes rasgos:
* A ausencia dunha historia delimitada e concreta (ás veces faise difícil recoñecer unha trama).
* Escasa ou nula caracterización dos personaxes.
* Hai un abandono da linealidade cronolóxica; non é un teatro de sucesos secuenciados supeditatos a unha estrutua de causa efecto, máis ben está artellado arredor de situacións, imaxes poéticas cuxo fío condutor é máis emocial e subxectivo ca racional.
* Unha boa parte das obras presentan unha estrutura circular, rematnado exactamente igual ca empezan; outras progresan a través dunha intensificación da situación (véxase Esperando a Godot). Hai, polo tanto, ausencia de sensación de progreso no desenvolvemento e, consecuentemente, a predictibilidade dos sucesos é escasa.
* Do mesmo xeito que se desintegra ese sentido tradicional da trama, a lóxica e a linguaxe non poden reflectir na súa totalidade a imaxe do ser absurdo. Abandónase a lóxica tamén no discurso e os diálogos vóltanse incoherentes ao que se engade a persistencia de soños e pesadelos recorrentes.
Algúns dos rasgos citados poderedes recoñecelos na obra de Mihura que estades a ler. E aquí atoparedes unha magnífica análise da peza.
Nota: a fonte da que bebamos para elaborar esta entrada foron, ademais das páxinas ás que remitimos nos hipervínculos, é o libro de Literatura Universal Bachillerato, da editorial Algaida.