Arquivo por etiquetas: Despois da reunión

Os nenos da varíola

A protagonista da novela que estades a ler foi un pesonaxe real que deixa a súa pegada ata a actualidade. Chámase Isabel Cendal.

Resultado de imagen de isabel zendal gómez

Procedencia da imaxe

Por outro lado, como sabedes, o tema central da novela é a procura da vacina da varíola. Xa o Pai Sarmiento no s.XVIII andaba na súa busca, tal como recolle esta curta de animación na que Afonsiño é o protagonista xunto ao propio Pai Sarmiento:

 

 

 

 

Deixar un comentario

Arquivado en Os nenos da varíola

Buck e outros cans

Na novela que acabamos de ler mencionanse outros cans, ademais do protagonista Buck. Son Toots, o carlino xaponés, Ysabel, a pelada mexicana, o San bernardo Elmo e Shep a pastor escocesa. Estes últimos son os pais de Buck, que herdou a resistencia e fortaleza do primeiro e a axilidade da segunda.   Pois ben, Xulia fixo unha busca dalgunhas desas razas de cans que se citan. Velaí van:

 

Perros Carlino, Doguillo o Pug

Esta é a apacible mirada do carlino xaponés, un can que adora a compañía e din del os expertos que ten moito sentido do humor.

Tamén moi familiar e xoguetón é o foxterrier. É un can simmpático e amable moi activo e sensato. Parece que  esta raza foi utilizada antiguamente para a caza do zorro aínda que hoxe é só animal de compañía (coma se iso fose pouco!)

Dos Alpes suízos chega o fermoso  San bernardo, descendente do desaparecido  mastín dos Alpes. É de carácter tranquilo e repousado, excelente para a garda e dar cariño (aínda que esa non é unha cualidad exclusiva desta raza, pois case todos o fan) por iso se di que é un estupendo amigo dos nenos e nenas.

Tamén pastor, coma o anterior, é  pastor escocés, tamén chamado collie. Provén das montañas escocesas e podía coidar a grandes  rebaños de ovellas. É, demais, moi intelixente e con un sentido da lealtade moi desenvolvido.

Esta raza fíxose moi popular pola serie de televisón Lassie.

Foto de Pal, o primeiro can (macho) que que deu vida a  Lassie.

Outra raza citada é a  pelada mexicana. Unha cadeliña así foi a que acompañou a Frida Khalo na súa vida e e nos seus cadros

Fotografía tomada desta páxina: na que se fala dos cans de Frida e doutros cans con historia. É moi recomedable para coñecer máis cousas dos cans e da relación destes animais coa arte e cos artistas.

E falando de cans e de arte, concretamente de cans literarios, non podemos esquecer a Colmillo Blanco, outro animal de Jack London.

London aos nove anos co seu can Rollo

Colmillo Blanco é  unha novela complementaria da obra que vides de ler. A  historia transcurre no  Territorio do Yukón, Canadá, durante a Fiebre del oro de Klondike a finais del século  XIX, e narra a domesticación dun can lobo salvaxe. Está narrada desde o punto de vista do personaxe canino, permitíndolle a London explorar a forma na que os animaies ven o seu mundo e como estes ven aos humanos (non sei se estaremos á altura!).

Colmillo Blanco tamén foi levada ao cine.  Este é o trailer da adaptación que se fixo no 1991 protagonizada por Ethan Hawke.

Para rematar transcribo este poema de Pablo Neruda, “Un perro ha muerto”,  adicado ao seu can:

Mi perro ha muerto.

Lo enterré en el jardín
junto a una vieja máquina oxidada.

Allí, no más abajo,
ni más arriba,
se juntará conmigo alguna vez.
Ahora él ya se fue con su pelaje,
su mala educación, su nariz iría.
Y yo, materialista que no cree
en el celeste cielo prometido
para ningún humano,
para este perro o para todo perro
creo en el cielo, sí, creo en un cielo
donde yo no entraré, pero él me espera
ondulando su cola de abanico
para que yo al llegar tenga amistades.

Ay no diré la tristeza en la tierra
de no tenerlo más por compañero,
que para mí jamás fue un servidor.

Resultado de imagen de poema perro pablo neruda

(A imaxe procede da páxina xa citada antes “Perros con historia“)

Tuvo hacia mí la amistad de un erizo
que conservaba su soberanía,
la amistad de una estrella independienre
sin más intimidad que la precisa,
sin exageraciones:
no se trepaba sobre mi vestuario
llenándome de pelos o de sarna,
no se frotaba contra mi rodilla
como otros perros obsesos sexuales.
No, mi perro me miraba
dándome la atención que necesito,
la atención necesaria
para hacer comprender a un vanidoso
que siendo perro él,
con esos ojos, más puros que los míos,
perdía el tiempo, pero me miraba
con la mirada que me reservó
toda su dulce, su peluda vida,
su silenciosa vida,
cerca de mí, sin molestarme nunca,
y sin pedirme nada.

Ay cuántas veces quise tener cola
andando junto a él por las orillas
del mar, en el invierno de Isla Negra,
en la gran soledad: arriba el aire
traspasado de pájaros glaciales,
y mi perro brincando, hirsuto, lleno
de voltaje marino en movimiento:
mi perro vagabundo y olfatorio
enarbolando su cola dorada
frente a frente al Océano y su espuma.

Alegre, alegre, alegre
como los perros saben ser felices,
sin nada más, con el absolutismo
de la naturaleza descarada.

No hay adiós a mi perro que se ha muerco.
Y no hay ni hubo mentira entre nosotros.

Ya se fue y lo enterré, y eso era todo.

Deixar un comentario

Arquivado en A chamada da selva

O espíritu de Touro Sentado

É actualidade estes días a campaña electoral que se está a vivir nos EEUU. Enleados como están neses asuntos case non hai tempo para falar do que tamén acontece alí.  Pois ben, veño de ler esta nova que tal vez vos interese. Di o periodista que a escribe que o espíritu de Touro Sentado, a quen xa coñecemos, acaba de resucitar.

toro-sentado

“La reserva india de Standing Rock, en Dakota del Norte y del Sur, es casi tan grande como Asturias pero sólo tiene 8.000 habitantes.

Entre ellos no está la persona más famosa de la reserva: Toro Sentado, que yace en el centro de la reserva, en la parte de Dakota del Sur, bajo un gran busto de piedra blanca, con el nombre y la fecha de nacimiento, en inglés y en lakota – el idioma de los indios sioux, una de las tres tribus que viven en la reserva -. A su lado está la tumba de Sacagawea, la esclava india que guió a los exploradores Meriwether Lewis y William Clark cuando éstos cruzaron lo que hoy es Estados Unidos en un viaje organizado por el entonces presidente William Jefferson. Les llevó dos años. Y sobrevivieron al invierno cerca de donde está la tumba, gracias a la hospitalidad de los indios de la tribu Mandan. Una tribu que ya entonces estaba diezmada por la viruela que le habían transmitido los tramperos franceses, que patrullaban la cuenca del río Mississippi cazando castores. Ler máis

Deixar un comentario

Arquivado en O gran xefe Seattle

O sol é xente

Onte comentamos o intenso vínculo que unía aos indios norteamericanos coa naturaeza. Nela habitaban as vidas dos seus antepasados, era unha nai para eles, un nó que os conectaba coa esencia da vida. Esta concepción case mística da natureza chea de amor e de respecto por ela tamén aparecen na película Dersu Uzala de Akira Kurosawa. Esta é a descrición da película que podemos ler en Dezine.com:

“La historia de una hermosa amistad. Más allá de los hermosos parajes de Siberia donde transcurre la acción, magníficamente fotografiados. Más allá incluso de la necesaria advertencia, teñida de ribetes ecológicos, acerca de la pujante civilización que transforma los lugares más bellos en… otra cosa. El gozne sobre el que verdaderamente gira esta obra maestra de Akira Kurosawa es la maravillosa relación que se establece entre el capitán Vladimir Arseniev, explorador del ejército ruso, y Dersu Uzala, un nativo siberiano al que conoce casualmente, y que le sirve como guía en sus esfuerzos por trazar un mapa topográfico.

Momento no que o capitán Arseniev coñece a Dersu. Entre eles nacerá unha profunda amizade. Dersu aprenderalle ao capitán a convivir coa natureza en plena armonía e tamén a respectala.

Paga a pena vela!!

Deixar un comentario

Arquivado en Cine, O gran xefe Seattle

Doutor en Alaska

Alaska foi un deses lugares nos que habitaban tribus de indios que os colonizadores foron acurralando ata confinalos en pequenas reservas. Hai uns anos pasaban por televisión unha serie marabillosa: Doutor en Alaska.  Esta amosaba como era a vida dun médico que chega a Cicely (un pobo fictio de Alaska) que aínda mantén viva a filosofía dos indios nativos. Este xeito de ver a vida tan natural, tan pegado á terra, tan pouco materialista e racional sorprende ao recén licenciado doutor que terá moitos problemas de adaptación.

Ver algún dos capítulos da mesma (concretamente o 2 da segunda tempada) xusto despois de ler a carta do xefe Seattle sería un magnífico colofón para a lectura. Mais teremos que agardar un chisco. As series non están na biblioteca e hai que mercalas. Mentras tanto aí vai a banda sonora da mesma

e un anaquiño dun capítulo para que vaiades coñecendo os personaxes e as paisaxes de Cicely:

 

Deixar un comentario

Arquivado en O gran xefe Seattle

Novas desde Aldebarán

Onte tivo lugar a primeira xuntanza do club de lectura deste novo curso. E desenvolveuse nunha estrela: a de Aldebarán. Esta está habitada por humanoides (Manu explicounos a súa perfecta teoría sobre quen eran os humanoides e os non humanoides que alí vivían. Non queremos dicir nada sobre a humana condición, pero os que el consideraba non humanoides eran seres mellores, isto é, aínda non estaban contaxiados da “maldade” humana).

aldebarán 038

Xa sabedes que tivemos moitos problemas para conseguir o libro (seica está agotado) e só puideron lelo catro persoas. Pese a iso non foi unha sesión nada desaproveitada. A idea inicial era compartir o argumento do libro diante dun pedazo de xeado de chocolate como fixeron os protagonistas coas súas vidas nun momento da historia. Pero isto resoltounos un pouco difícil (non é doado narrar sen desvelar detaller importantes e deixándolle espazo á intriga para poder ler a obra e atopar sorpresas).

Por iso, os e as que leron o cómic falaron dos temas expostos na mesma (co sabor do xeado de chocolate, iso si!) . Guille, a que non lle gustou demasiado sobre todo pola pouca expresividade dos debuxos ( a este respecto atopamos un cómic demasiado sexista cuxas protagonistas encarnaban ese modelo de muller espectacular que a publicidade nos quere vender) destacou a visión filosófica da obra: os persanaxes pregúntanse a onde imos, de onde vimos e reflexiona sobre as orixes e a importancia das mesmas. Cómpre dicir, neste senso, que a ciencia ficción é un xénero que convida á reflexión filosófica.

Por outro lado Luis destacou algo moi interesante: a capacidade dos protagonistas para seguir avanzando,progresando sen deterse nos ou polos obstáculos, que nunca eran insalvables grazas, sobre todo, ao inxenio e ao afán resolutivo dos personaxes.

Dani detívose noutro punto: o binomio ditadura /liberdade que percorre a obra, a exposición dos abusos de poder e, sobre todo, a solidariedade das persoas disidentes, das que pretenden escapar das mans, das poutas do poder e das súas imposicións.

Outra idea positiva que aparece na obra é, segundo Manu, o respecto polo medioambiente, a creación dunha tecnoloxía avanzada pero respectuosa cos recursos do planeta estrela.

Finalmente, poden destacarse outros dous temas: o amor e o sexo, que, por certo, non teñen por que confluir sempre. Os protagonistas viven unha iniciación nos dous eidos.

Deixamos un tema sen tocar para non quitarlle intriga ao libro por se algún de vós vos animades a lelo.

aldebarán 040

Finalmente, presentamos as dúas mochilas viaxeiras que hai na biblioteca para levar en préstamo (feitas por Rodrigo, a quen seguimos lembrando e querendo). Unha leva o nome do cómic e da estrela Aldebarán. A outra é tamén sideral e chámase Alnitak. Nas dúas atoparedes material relacionado co mundo da astronomía.

Podedes collelas! Na biblioteca tamén atoparedes a segunda parte do cómic: Beltegeuse.

(Procedencia da imaxe)

E aínda nos deu tempo a presentar e ler uns fragmentos do vindeiro libro obxecto de lectura e comentario: A evolución de Calpurnia de Tate, de Faktoría k de Libros da editorial galega  Kalandraka. A autora é Jacqueline Kelly

Será comentado o vindeiro luns 7 de decembro e o profe  mediador será Alfonso.

 

plantillaimagenWEB

(Procedencia da imaxe)

 

 

 

 

Deixar un comentario

Arquivado en Aldebarán, Ciencia ficción

Se fose…

Na derradeira xuntanza deste curso lembramos as nosas lecturas e xogamos ao se fose… cos libros de teatro que lemos. Aquí van os resultados do noso xogo.

Os lectores cos libros

Os lectores cos libros

Manzanas rojas

Se fose un xoguete sería unha bóla

Se fose un moble sería unha cadeira.

Se fose un utensilio sería un pau.

Se fose un lugar sería un patio

Se fose un sonido sería bum

                                                                        Comedia da ola, de Plauto

Se fose un xoguete sería unha oliña de xoguete.

Se fose un moble sería un forno.

Se fose un utensilio sería un coitelo ou moedas.

Se fose un lugar sería un buraco nunha cociña.

Se fose un son sería chin, chin, chin ou o ruidiño que fan as moedas ao caer.

Moito ruído e poucas noces, de William Shakespeare

Se fose un xoguete sería un crebanoces coa forma dun soldadiño de chumbo.

Se fose un moble sería unha bodega.

Se fose un utensilio sería unha máscara.

Se fose un lugar sería un campo no verán con verbena.

Se fose un son sería o que deixan os zapatos de tacón.

Mesmos lectores, mesmos libros, outra pose

Mesmos lectores, mesmos libros, outra pose

Entremeses de Cervantes

Se fose un xoguete sería un teatriño de guiñol.

Se fose un moble seria un armario.

Se fose un utensilio sería unha fregona.

Se fose un lugar sería unha igrexa nunha rúa.

Se fose un son sería o das campás.

Foto da Cueva de Salamanca que tomou Isaac ao seu paso por Salamanca na excursión de 4º

Foto da Cueva de Salamanca que tomou Isaac ao seu paso por Salamanca na excursión de 4º

 

Fuenteovejuna, de Lope de Vega

Se fose un xoguete sería un globo de auga.

Se fose un moble sería unha arca de madeira.

Se fose un utensilio sería unha tesoiras para trasquilar as ovellas.

Se fose un lugar sería unha vila de Castela.

Se fose un son sería: “Todos a unha, Fuenteovejuna!”

Casa de bonecas, de Ibsen

Se fose un xoguete sería unha boneca.

Se fose un moble sería un xoieiro.

Se fose un utensilio sería unha árbore de Nadal ou un buzón.

Se fose un lugar sería o salón dunha casa.

Se un son sería o dun ballet (non sabemos cal!)

A fiestra valdeira, de Rafael Dieste

Se fose un xoguete sería unha barquiña pequena.

Se fose un moble sería un cabalete para pintar.

Se fose un utensilio sería un pincel.

Se fose un lugar sería o mar (visto desde unha ventá).

Se fose un son sería o das ondas do mar.

casa de bonecas 046

Tres sombreros de copa, Miguel Mihura

Se fose un xogute sería unha carraca.

Se fose un moble sería unha cama.

Se fose un utensilio sería un teléfono.

Se fose un lugar sería un escenario.

Se fose un son  sería a música dunha trompeta (ou a dun ukelele).

Comedia bífida, Núñez Singala

Se fose un xoguete sería unha cartolina.

Se fose un moble sería unha tribuna dun xuíz.

Se fose un utensilio sería un martelo.

Se fose un lugar sería o inframundo.

Se fose un son sería o golpe do martelo dun xuíz ou o bater de ás dun anxo.

Deixar un comentario

Arquivado en Actividades, Teatro

Cabelo de anxo e Anxos de garda

Na derradeira sesión do club de lectura 2014-15 comentamos, como sabedes, Comedia bífida. Como ía de anxos fixemos un pastel de cabelo de anxo. As dúas cousas (comedia e pastel) gustaron moito.

Queda no padal un bo sabor para o verán!

 

A comedia e o cabelo de anxo

A comedia e o cabelo de anxo

E como estamos cos anxos recomendamos Anxos de garda, de Anxos Sumai.

Anxos Sumai xa ve nos andeis das librerías os artigos que escribiu para a rede. Co mesmo título que a sección que a escritora ten na edición da fin de semana de Culturagalega.org, “Anxos de garda”, a editorial A Nosa Terra recompilou os artigos publicados na rede entre setembro de 2002 e abril de 2003 e editou este libro co que inaugura a colección Central Literaria. En “Anxos da garda” a escritora fai un relato en formato de diario de experiencias vividas apegado á actualidade das datas en que foi escrito incluíndo reflexións persoais e situacións que, sendo íntimas, son moi universais. (Información que aparece aquí)

Que no verán (e sempre) teñades sempre un anxo de garda nas vosas lecturas!

Deixar un comentario

Arquivado en Lecturas estivais, Recomendacións

Las soledades de Babel

E se falamos de Babel referencia obrigada é Las soledades de Babel, de Mario Benedetti. Podería ser unha boa lectura estival.

Aquí queda a recomendación e un poema:

Deixar un comentario

Arquivado en Lecturas estivais, Recomendacións

Seguir o fío

Xa estaredes metidos de cheo no xuízo final de Comedia bífida, obra que comentaremos o luns 1 de xuño. Mais,antes de meternos no xulgado da comedia,queremos deixar unhas imaxes do que aconteceu na xuntanza anterior. O marco no que se desenvolveu foi ben diferente. Tivemos a honra de sermos os primeiros en ver a exposición Seguindo o fío.

Liño 034

Exposición na biblioteca sobre o liño que recolle o proceso de traballo do liño: desde a semente ata as prendas. É unha exposición de Avelino Sierra que nos deixou en préstamo para o IES Val do Tea. Grazas , Avelino,pola túa xenerosidade e xentileza!

A exposición inaugurouse case mentras nós comentabamos a obra Tres sombreros de copa. De feito, mentras falabamos da peza e comiamos o biscoito que nos preparou a nai de Elisa (mil grazas!), Xoan Carlos ultimaba os detalles da exposición.

O pastel que trouxo Elisa

O pastel que trouxo Elisa

 

A xuntanza lectora

A xuntanza lectora

 

 

a exposición que nos miraba

A exposición que nos miraba

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Liño e teatro absurdo

Liño e teatro absurdo

Podedes vir ver as dúas cousas aínda: a exposición e Tres sombreros de copa.

E mentras, despois, antes (ou no adverbio que máis vos preste) podedes ler a Uxío Novoneyra, que di:

 

A fiandeira namorada podería tocar este fío

A fiandeira namorada podería tocar este fío

 

 

 

Deixar un comentario

Arquivado en Exposicións, Tres sombreros de copa