Arquivo da categoría: Entroido

Outros entroidos literarios (IV)

El libro del buen amor

Juan Ruiz, o arcipreste de Hita, escribiu hai xa varios séculos un tratado que versa(entre outras moitas cousas) sobre o bo amor. Nesta obra miscelánea e plural, inclúese unha batalla entre Don Carnal e Dona Cuaresma. Como xa imaxinaredes Dona Cuaresma, seria, recollida e sobria gañoulle a batalla a D. Carnal, máis festeiro, máis transgresor, máis vital. Podedes lela aquí.

( Procedencia da imaxe)

É unha obra clásica, por iso, moitas das composicións que nela atopamos, siguen sendo da máis “escandalosa actualidade”  case sete séculos despois. Aquí queda unha mostra. É “Lo que puede el dinero” interpretado por Paco Ibáñez:

Aquí quedan tamén os “Consejos para un galán” interpretados polo mesmo cantor. Algúns recoñeceredes partes da composición. Un fragmento da mesma, concretamente a historia do pintor Pitas Payas, forma parte do repertorio do espectáculo que nos amosou Crispín d´Olot nalgunha das súas visitas ao instituto. ( Se este ano volve, podemos pedirlle un bis desta historia. Un bis do amor, non é?)

Outros quixeron seguir explorando nas “normas do amor”  e seguiron o rastro do Libro del buen amor, pero falaron do Libro del mal amor, de Fernando Iwasaki, recomendado para os que queren ligar, pero todo lles sae mal. Atoparán nesta obra consellos do que non se debe facer. Se queredes saber o que si se pode facer, é mellor que leades o Ars amandi, de Ovidio. Un clásico éche un clásico e case sempre hai acertos!

Deixar un comentario

Arquivado en Entroido, Recomendacións

Outros entroidos literarios(III)

Martes de Carnaval

(Procedencia da imaxe)

Outras das “antroidadas literarias” que podedes atopar na biblioteca  é Martes de Carnaval, esperpento que recolle tres títulos: Las galas del difunto, Los cuernos de don Friolera e La hija del capitán. A obra adaptouse á televisión e o guión foi realizado por Rafael Azcona. Aquí tedes unha mostra.

É unha obra de Ramón María del Valle Inclán. Aquí podedes entrar na Casa Museo do escritor galego. E aquí vos deixamos unha tertulia con este peculiar autor:

Deixar un comentario

Arquivado en Entroido, Recomendacións

Outros entroidos literarios (II)

“(…) Iba a acabar vomitando si tenía que volver a decir una vez más “carnaval”, la palabra más llena de aes que conocía.

-¡Pero carnaval es mañana!- exclamó su madre.

-¿Mañana?

_ Claro. Hoy es lunes y mañana es martes. Martes de Carnaval. Son tres días.

Lili se quedó en silencio. De modo que carnaval era el martes. Su madre seguía:

_ Son tres días de carnaval:domingo, lunes y martes, martes de carnaval. Y luego viene el miércoles de ceniza y el entierro de la sardina.

Lili estaba asombrada: el carnaval parecía ahor algo largo y complicado. Y acababa con el entierro de una sardina. ¿Qué sardina?

_¿O sea, que lo de disfrazarse es mañana?

_¡Claro! ¿Qué quieres? ¿Disfrazarte?

Lili se encogió de hombros. Había dejado de querer disfrazarse de nada. Pero si el carnaval era el martes, y no el lunes, cabía la posibilidad de que a la mañana siguiente se repitiera la misma historia en el colegio. No estaba segura.

_ No sé. Sí. Quiero disfrazarme.

“Y si no es así”, pensó Lili. “Si mañana no van disfrazados los demás, que se enteren:carnaval es mañana”.

_¿Y de qué?_ preguntó su madre realmente extrañada, como si fuera imposible disfrazar a Lili.

Lili pensaba en el viento, en un salto interminable por encima de un escenario larguísimo, suspendida en una nota musical…

_De bailarina.

Gonzalo Moure, Lili, libertad, editorial SM, “El barco de Vapor”

(Procedencia da imaxe)

Deste autor xa recomendamos algún libro en entradas anteriores. A de hoxe é unha novela moi miúda( no tamaño) que narra o trauma que vive Lili cando, un luns de entroido, non acude ao colexo disfrazada como lles recomendara o maestro Mauricio. Decide entón disfrazarse “fóra de prazo”. Esta anécdota non é máis que a excusa para reflexionar sobre aquelas persoas que non queren disfrazarse, vivir, pensar, sentir como e cando lles mandan. É un canto, como se intúe no título, á liberdade ( tamén noutras ocasións recomendamos novelas que abordaban esta mesma temática).

Para ler, dun tirón, un luns de entroido. Gustaralles aos lectores de 1º da ESO que acompañaron a Loella no Fogar en La hija del espantapájaros, de María Gripe (publicada tamén pola editorial SM)

Deixar un comentario

Arquivado en Entroido, Recomendacións

Outros entroidos literarios (I)

Como sabedes, El retrato de Carlota conta unha historia que se desenvolve no carnaval veneciano. Na biblioteca podedes atopar outras obras que tamén están ambientadas na época do antroido.

Sen sairmos de Italia, por exemplo,  podemos vivir o entroido de Florencia do século XVI que se describe na novela O armiño dorme. Comparte coa novela lida o protagonismo feminino e que, nas dúas, a arte( e os mecenas)  teñen unha especial relevancia.  Antes de lela cómpre que coñezades un pouco o espazo no que se desenvolve a novela:

O armiño dorme recrea a vida de Bia de Médici ( filla ilexítima dos Medici) na cidae italiana. Con cadencia suave, Bia conta, en primeira persoa como é a súa vida no palacio, como entra en contacto coa arte, con Florencia e co primeiro amor.

Este retrato, segundo o autor,Xosé Antonio Neira Cruz,  deu orixe á novela. É un cadro de Bronzino e está exposto na Galería dos Uffizi, en Florencia.

(Procedencia da imaxe)

Velaquí un fragmento que deixa ver o “tono” da novela e describe o entroido da cidade italiana:

“(…) Viña a noite, e en tanto fachos e farois eran prendidos por todas as esquinas, detrás de cada fiestra, nas torres e polas prazas, a cidade continuaba a celebración do antroido con toda a súa alegría.

Desde o lugar no que me atopaba, era quen de ver a praza de palacio xeitosamente enfeitada coas luminarias dispostas para tan sinalados festexos. Grupos de cidadáns achegábanse polas rúas da banda do río, por Via Santa María ou por Via dei Calzaiuoli, para contemplar o espectáculo da Signiora iluminada. Atraídos pola presencia de público asegurado, os comediantes que naqueles días do antroido encheran Florencia_moitos deles chegados das outras vilas toscanas_ aproveitaban calquera lugar para armar o estaribel e ofrecer algunha peza que, segundo a resposta dos espectadores, ía evolucionando dun xeito ou outro. Podía oír os berros xocosos e as gargalladas dos que celebraban as pancadas do vello e avaro Pantaleone, sempre atormentado polas trasnadas dos seus dous criados, Arlechino e Brighella, feitos cada cal da peor pel do demo.

Cabo destes enmascarados de oficio, abundaban os que ocasionalmente ocultaran o seu rostro para gozar das delicias carnavalescas sen ser recoñecidos. Mulleres convertidas en bigotudos soldados, homes travestidos de cortesanas máis que descaradas… (..)”

                                                              Xosé Antonio Neira Cruz, O armiño dorme, editorial Galaxia

Deixar un comentario

Arquivado en Entroido, Recomendacións

O Carnaval de Venecia e “El retrato de Carlota”

Onte, en Venecia, deuse o tiro de saída que marca o comezo do carnaval veneciano 2013. Nós ímonos introducir no Carnaval e en Venecia da mán de Ana Alcolea, con “El retrato de Carlota”. Durante a próxima semana iremos facendo as entradas pre-reunión que nos axuden a ampliar a lectura do libro e nos dean ideas para comentar na reunión do luns día 4 de febreiro.

Estade, pois, atentos e atentas ás entradas e vémonos o luns día 4.

“A vida en color” é o tema do carnaval de Venecia. Animádevos a levar un bon colorido á reunión, podedes ir con máscara, disfraz ou como vos veña en gana. As reunións do club sempre son informais, pero moito máis en entroido.

Deixar un comentario

Arquivado en Avisos, Entroido, Venecia