O pasado luns, 5 de novembro, tivemos a xuntanza arredor do libro que lemos este mes. Foi na biblioteca, si, mais nun lugar diferente: nunha jaima. Rodrigo, o profe de Bioloxía, montounos unha “á medida” para que puidesemos falar con máis “coñecemento espacial da historia”. Velaquí a tedes. Moitas grazas, Rodrigo, arquitecto de espazos de luz!
Como non podía ser doutro xeito, tiña que haber té ( tunecino) que trouxo Adelia. E libros, claro, máis libros ambientados en África. Un deles era Palabras de caramelo, de Gonzalo Moure, que moitos lectores ( que fan, por certo, honor ao adxectivo) xa leran no cole.
Este autor está moi familiarizado coa causa saharaui pois noutra novela súa, El beso del Sahara, tamén deixa ver a loita deste pobo.
“Refrescamos” a calor do deserto na frescura das telas da haima e, non sei se polo recollemento que nos ofrecía o espazo ou pola beleza da historia, foron pasando cousas.
Vimos “pasar” a gacela que tanto ben lle fixera Hadara,
e “ata vimos voar” ás avestruces ( tan coidadosas) que quixeron a Hadara e lle contaban historias. E soubemos que coñecían a historia de Ícaro.
” Una vez, hace mucho tiempo, los avestruces podíamos volar tan alto como quisiéramos. Volábamos alto, muy alto. Cuando queriamos cambiar de lugar, solo volábamos. Cuando venían los depredadores, solo teníamos que alzar vuelo para protegernos. Pero había un avestruz que no se conformaba con volar alto, él quería llegar hasta el sol. Una mañana, bien temprano, levantó el vuelo. Los otros avestruces, desde el suelo, lo miraban volar cada vez más alto. Finalmente, se convirtió en un pequeño punto negro en el cielo. “Va a poder-dijeron los otros avestruces-. Él va a llegar hasta el sol.” Pero no lo consiguió porque se acercó tanto al sol que sus alas se chamuscaron y se estrelló contra el suelo. Desde ese día los avestruces perdimos nuestra capacidad de volar. Nuestras alas son hermosas, pero no nos sirven para volar.”
Non puidemos escoitar a Elisa narrando a historia coa que Hada namorara a Kharouba, xa que o son era moi bo. Pero farémolo en breve.
Vimos que a tradición oral e tamén o respecto aos maiores eran temas presentes na novela lida. Como nós tamén estamos de acordo coas dúas cousas, imos facer unha serie de lecturas orais polas aulas para celebrar o mes da tradición oral. Elixiremos o primeiro capítulo do libro que nós compartimos para que outros alumnos o lean. Xa vos manteremos informados.
E “exploramos” o libro a pouquiños bebendo no té. Moitos dos lectores lembraban a novela case “ao detalle”. Unha marabilla!
Nós na jaima e, outros, no Sahara “exploran” outros libros a bordo dun autobús, creado pola asociación Bubisher.
Ainda que seguiremos comentando máis cousas sobre o que deu de si esta lectura xa vos deixamos coa vindeira novela que imos ler e comentar: Sagarmatha, de Joseph- Francesc Delgado.
Imos subir ao Sagarmatha! Boa escalada a todos e todas!