Outros entroidos literarios (IV)

El libro del buen amor

Juan Ruiz, o arcipreste de Hita, escribiu hai xa varios séculos un tratado que versa(entre outras moitas cousas) sobre o bo amor. Nesta obra miscelánea e plural, inclúese unha batalla entre Don Carnal e Dona Cuaresma. Como xa imaxinaredes Dona Cuaresma, seria, recollida e sobria gañoulle a batalla a D. Carnal, máis festeiro, máis transgresor, máis vital. Podedes lela aquí.

( Procedencia da imaxe)

É unha obra clásica, por iso, moitas das composicións que nela atopamos, siguen sendo da máis “escandalosa actualidade”  case sete séculos despois. Aquí queda unha mostra. É “Lo que puede el dinero” interpretado por Paco Ibáñez:

Aquí quedan tamén os “Consejos para un galán” interpretados polo mesmo cantor. Algúns recoñeceredes partes da composición. Un fragmento da mesma, concretamente a historia do pintor Pitas Payas, forma parte do repertorio do espectáculo que nos amosou Crispín d´Olot nalgunha das súas visitas ao instituto. ( Se este ano volve, podemos pedirlle un bis desta historia. Un bis do amor, non é?)

Outros quixeron seguir explorando nas “normas do amor”  e seguiron o rastro do Libro del buen amor, pero falaron do Libro del mal amor, de Fernando Iwasaki, recomendado para os que queren ligar, pero todo lles sae mal. Atoparán nesta obra consellos do que non se debe facer. Se queredes saber o que si se pode facer, é mellor que leades o Ars amandi, de Ovidio. Un clásico éche un clásico e case sempre hai acertos!

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Entroido, Recomendacións

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s