Arquivos mensuais: Decembro 2016

O Nadal con Buck

O libro que imos ler para o mes de xaneiro vainos facer gozar con múltiples aventuras, vainos facer chorar con múltiples penalidades, vainos somerxer en dous mundos descoñecidos: o mundo do Ártico e o mundo dos cans. Trátase de A chamada da selva, de Jack London.

Esta novela está protagonizada por un can, Buck que vive unha vida regalada na casa do seu amo e, por un desafortunado azar, cambia completamente e ten que aprender da realidade dun xeito brutal. Trátase dunha novela de aprendizaxe, tamén denominadas de iniciación, na que o protagonista rematará “aprendendo”, madurando e “iniciándose” no mundo real, a través dos diversos obstáculos que se lle irán presentando.

Ademais da intensidade da vida de Buck, o noso protagonista, tamén poderemos comentar algo sobre a vida do autor da novela, Jack London, se cadra chea de máis avatares cá do propio can.

Despois de lela podes ver a película de animación  feita por Kozo Morishita  baseada na novela:

Se preferides podedes ver a de Ken AnnakinThe Call of the Wild

Como xa imaxinades, a lectura ten que facerse un día de frío. Se houbese neve sería mellor. Como aquí non hai, haberá que imaxinala.  Tamén sería bo que lésedes tocando a un can. Se non o tedes, aquí está Buck:

Resultado de imagen de nieve la llamada de la selva

(Procedencia da imaxe)

Non se pode pasar o Nadal en mellor compañía cá de Buck! E lembra que non se poden abandonar os animais nin tratalos mal! Son seres que sempre sacan o mellor de nós. Cómpre amalos e querelos.

Deixar un comentario

Arquivado en A chamada da selva

Bechos e demais parentes.

1ª edición de Bechos e demais parentes.

1ª edición de Bechos e demais parentes.

As aves, bestas e demais parentes, como rezaría o título orixinal en inglés, é o tema desta segunda entrega da Triloxía de Corfú: relato das ricas vivencias nun período de intensa aprendizaxe do rapaz e incipiente naturalista Gerry, no seo dunha familia anglo-india, que se traslada da India a Inglaterra e logo a Grecia no axitado período de Entreguerras. Esta segunda entrega, escrita 13 anos despois d’A miña familia e outros animais, é unha obra que gaña en madurez narrativa e descritiva, sendo capaz de transmitir unhas vivencias tan nítidamente como a primeira e en menos páxinas. Asemade, é máis longa e completa cá terceira, tamén moi ben narrada: O xardín dos deuses.

Pero este ano 2016 tamén é especial para esta Triloxía, cúmprense 60 anos da publicación d’A miña familia e outros animais, a primeira entrega que tivo repercusión na TV cunha miniserie do ano 1987 e unha película de 2005, ademais dunha adaptación teatral en inglés. A triloxía enteira nós coñecémola polas súa tradución ao castelán, pero este mesmo ano os galegos podemos celebrar os 60 anos da súa primeira entrega lendo a Triloxía completa en galego (xa na túa biblioteca). Non só iso, senón que unha importante cadea de televisión británica está emitindo este ano a primeira tempada dunha miniserie que abrangue toda a triloxía. Podes ver unha versión do trailer por un afeccionado no seguinte vídeo:

Seguir lendo

Deixar un comentario

Arquivado en Sen clasificar