CURSO 2013/14
Continuamos a traxectoria do blog cun novo proxecto, novos compoñentes do Club de lectura BiblioTea e novas ganas.
Este ano contamos con tres alumnos “repetidores”: Iago, Jorge e Christian, ós que se sumará en breve Pedro, que non puido asistir á renión inicial (igual algún máis se anima a repetir). E tamén 4 alumnos/-as novos: Guille, Javi, Luis e Gemma.
O proxecto deste ano son “Os libros na vida, a vida nos libros”. Na primeira entrada, de benvida, deste ano tedes toda a información pertinente.
Contamos con cada vez máis seguidores e esperamos que tamén os comentarios vaian en aumento e este club dea moito que falar.
Boa vida lectora!!!
CURSO 2012/13
Este é o blog do Club de lectura “BiblioTea”.
O club de lectura “BiblioTea” fórmano alumnos/-as de ESO do IES Val do Tea, reunímonos na biblioteca do centro o primeiro luns lectivo de cada mes.
Neste blog iremos relatando a nosa viaxe ó longo deste curso 2012/13 polos libros. Comezaremos a sesión do mes de outubro reflexionando en torno ó clásico de Jules Verne “A volta ao mundo en 80 días”. Continuaremos a viaxe pola nosa conta ó longo dos 8 meses restantes de curso por diferentes países e libros.
Este blog nace coa pretensión de ser o diario de viaxe do Club. Pouco a pouco iremos presentándovos ós participantes nesta viaxe e o itinerario que seguiremos. As guías desta viaxe somos Adelia Troncoso, profesora de linguas clásicas, e Esmeralda Quiroga, profesora de lingua e literatura castelán do centro. Boa viaxe e boas lecturas a todos/as.
Apuntáronse á viaxe:
Antía, Aida, Iago, Alba, Laura, Jorge, Raquel, Paula e Sara de 1º da ESO.
Christian Daniel de 2º.
Carla, Janira, Carmen e Pedro de 3º.
Algúns viaxan sen billete (?) de vez en cando, pero de momento imoslles permitir seguir a viaxe.
Nesta viaxe acompáñannos virtualmente a través do blog, ademais dalgúns dos propios viaxeiros, os nosos fieis seguidores:
Anna, Juan, Olga, Elisa…
Temos como fotógrafos particulares da viaxe a:
David Rodríguez e Juan Centeno
A todos e todas, grazas por acompañarnos.
Na primeira etapa da viaxe no mes de novembro fomos parar ó deserto do Sahara con
“El niño que vivía con los avestruces“ de Mónica Zak (mirade as entradas correspondentes)
A partir de agora faremos dúas viaxes paralelas no blog, ata decembro seguiremos a Phileas Fogg ata que retorne a Londres facendo entradas relacionadas cos lugares nos que recale (A volta ao mundo en 80 días)
Ó mesmo tempo este mes de novembro será o mes do Sahara no noso blog e iremos facendo entradas con recomendación lectoras que vaian nesa dirección.
Xa vos adiantamos que decembro será o mes do Nepal.