Arquivo da categoría: A punta de pistola

A música en “A punta de pistola”

As referencias musicais son moi variadas. Aparece desde a música de Rihanna, “racial e explosiva” (páxina 36) que imaxinaba o Varas , ata a de Love of Lesbian ou Manos de Topo:

“(…) dáslle a play, e avanzas polas cancións de Love of Lesbian ata que te detés cando escoitas demasiado fuego en tu corazón, arde lo que amas a tu alrededor, na voz desgarrada do vocalista de Manos de Topo, que che pon  a pel de galiña con letras inflamadas e esa sintonía que che tirotea os sentimentos(…)”

Páxinas 80

“(…) Non tarda en chegar o autobús e sobes, pagas, sentas na parte de atrás, que che gusta máis, porque che parece máis recollida, máis íntima, e acomódaste cos cascos escoitando o de sólo piensas en mí cuando no tienes con quien dormir, de Manos de Topo. E pensas no moito que che gustan as súas letras, que non paras de escoitar, unha e outra vez, unha e outra vez, sempre coma se fose a primeira(…)”

Páxina 95

ou a da Leo Arremecághona que escoitaba Vanessa

 

ata a voz aveludada de Lokua Kanza que axuda a Camila a reflexionar (páxina 87)

 

Deixar un comentario

Arquivado en A punta de pistola, Música