Arquivo da categoría: Recomendacións

As bicicletas son para o verán e o teatro tamén

Xa nos lembraron os rapaces e rapazas de 1º da ESO co seu “A vila é puro teatro” que as bicis son para o verán. Pero o teatro tamén, por suposto.

Aquí vos queda a curtametraxe á que aludimos no título da entrada e que foi realizada polo alumnado de 1º da ESO no obradoiro de teatro organizado pola biblioteca e impartido polo grupo que desenvolve o festival das Brétemas. Fixeron un estupendo traballo. Aquí queda o noso agradecemento para eles e tamén o desexo de que este proxecto que comezaron connosco vaia adiante. Deixamos aquí ligazón á páxina que os “bretemosos” crearon para explicar e amosar o traballo realizado.

E no verán máis teatro. Aquí quedan algúns festivais de teatro aos que podedes asistir:

Festival de teatro cómico e festivo de Cangas

Mostra de teatro de Ribadavia

(A imaxe está tomada da páxina oficila da Mostra)

Festival de Teatro clásico de Almagro

En Almagro representaranse duas das obra que lemos: Entremeses de Cervante e Fuenteovejuna, de Lope de Vega.

Fuenteovejuna

Imaxe da representación de Fuenteovejuna, extraída de aquí.

Festival Internacional de teatro clásico de Mérida

E se preferides ver teatro nuha sala achegádevos á Sala Ingrávida do Porriño e gravitade moito.

Sexa como sexa e onde sexa… longa vida ao teatro!!

“Qué extraordinario invento nos dejaron los griegos: un arte en el cual unos ciudadanos ponen en pie unas ficciones que permiten a otros reflexionar sobre sus propias vidas, sobre lo que viven o sobre lo que querrán vivir”*

Juan Mayorga

É a segunda vez que cito a Mayorga nestas entradas teatrais. Pero é unha referencia obrigada. Non se pode falar de teatro e non nomear a Mayorga.

* Cita que aparece na contracuberta do libro Teatro 1989-2014 de Juan Mayorga. Está publicado por Ediciones La Uña Rota (editorial que sempre ofrece cousas interesantes)

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Recomendacións, Teatro

Cabelo de anxo e Anxos de garda

Na derradeira sesión do club de lectura 2014-15 comentamos, como sabedes, Comedia bífida. Como ía de anxos fixemos un pastel de cabelo de anxo. As dúas cousas (comedia e pastel) gustaron moito.

Queda no padal un bo sabor para o verán!

 

A comedia e o cabelo de anxo

A comedia e o cabelo de anxo

E como estamos cos anxos recomendamos Anxos de garda, de Anxos Sumai.

Anxos Sumai xa ve nos andeis das librerías os artigos que escribiu para a rede. Co mesmo título que a sección que a escritora ten na edición da fin de semana de Culturagalega.org, “Anxos de garda”, a editorial A Nosa Terra recompilou os artigos publicados na rede entre setembro de 2002 e abril de 2003 e editou este libro co que inaugura a colección Central Literaria. En “Anxos da garda” a escritora fai un relato en formato de diario de experiencias vividas apegado á actualidade das datas en que foi escrito incluíndo reflexións persoais e situacións que, sendo íntimas, son moi universais. (Información que aparece aquí)

Que no verán (e sempre) teñades sempre un anxo de garda nas vosas lecturas!

Deixar un comentario

Arquivado en Lecturas estivais, Recomendacións

Las soledades de Babel

E se falamos de Babel referencia obrigada é Las soledades de Babel, de Mario Benedetti. Podería ser unha boa lectura estival.

Aquí queda a recomendación e un poema:

Deixar un comentario

Arquivado en Lecturas estivais, Recomendacións

“La bibliotecaria de Austwichtz”

(Procedencia da imaxe)

E para rematar esta tanda de recomendacións que nos poden vir moi ben para ler e/ou regalar no Nadal, facémolo con “La bibliotecaria de Auschwitz”, un libro xa non tan recente coma as anteriores recomendacións, que acadou no 2013 o premio Troa de libros con valores. Como podedes imaxinar, está ambientado nese pozo de horror que foi Auschwitz, e ademais de levarnos a esa época e ese momento concreto da barbarie nazi da mán dunha protagonista basada nunha persoa real dunha supervivinte, tamén nos amosa a  importancia dos libros e o “perigo” destes. Xa sabemos que todos os gobernos totalitarios e outros non tan totalitarios, ou máis, lle teñen unha especial fobia ós libros.

A protagonista, Dita Adlerová, de 14 anos, é a encargada de custodiar os poucos libros que serven para instruir ós nenos do barracón 31, dun “campo familiar” de Auschswitz. Dita protexeu, coa súa vida (e aquí é en sentido literal) os libros, e os libros (nun quid pro quo, inexplicable) mantivérona con vida dentro do horror que a rodea.

A obra é do zaragozano Antonio G. Iturbe que se dedica ó periodismo cultural desde fai moito tempo. Está publicada en Planeta.

Deixar un comentario

Arquivado en Libros sobre libros, Recomendacións

“Muchacho de oro, muchacha esmeralda” de Yiyun Li

(Procedencia da imaxe)

A contraportada da edición de Galaxia Gutenberg Círculo de lectores di así, deste libro de relatos:

“Ambientados en su mayoría en la China del siglo XXI, esta bella coleción de relatos cortos se nutre de personajes que tratan de reconducir sus vidas en un mundo nuevo y desconocido para ellos. Vecinos de un edificio ruinoso que contemplan con pavor y asombro el boom inmobiliario; una empresaria local metida a filántropo que acoge en su hogar a mujeres en situación delicada; un grupo de ancianas que descubre la fama en el último tramo de sus vidas como detectives privadas especializadas en aventuras extramatrimoniales; una joven que publica un blog para hacer pública la infidelidad de su padre.

La magistral colección de Yiyun Li recoge la vida cotidiana de la gente, una vida que se ha visto convulsionada por el cambio global, y con ello se demuestra como una de las escritoras imprescindibles de nuestros tiempos”

Isto foi suficiente para levar á que subscribe a ler esta colección de relatos breves. O que a levou a recomendalo foron os relatos, desde o primeiro ata o último, pero especialmente estes dous, isto xa é unha cuestión de gustos. O primeiro, “Generosidad” tamén entra na categoría de “libros sobre libros”, cítovos da páxina 21 o seguinte, cando a protagonista nos fala da súa relación cunha muller moi peculiar, a catedrática Shan:

“Leía para mí. Se mofaba de mi libro de texto de inglés y me dijo que empezase por el primer volumen de Inglés Básico. Nunca comprobaba mis progresos, y tras un tiempo comprendí que no le importaba que yo me limitase a mirar las ilustraciones. Sólo se dedicaba a leerme su colección de novelas. Empezamos con David Copperfield, ella sentada en la única silla de la estancia, y yo, en la cama.”

Na páxina 35 di: “Habíamos pasado diez meses con David Copperfield, despacio al principio, sólo dos o tres páginas al día, y más tarde cinco o seis. No recuerdo en qué punto empecé a entender lo que me leía, muy poco a poco, claro; debe de ser algo parecido al momento en que una niña entiende por vez primera el mundo en palabras, cuando lo que se le dice aún no ha adquirido un significado definitivo, pero ella cada día va estando más segura de que en ese embrollo de sonidos hay un significado.”

Remato citando, da páxina 36: “Después de David Copperfield, leímos Grandes esperanzas. A continuación, El regreso del nativo y luego, Tess de los D’Uberville.”

E así, entre lecturas vaise conformando unha amizade entre a protagonista, nena, e a catedrática Shan. Ó longo do relato sabemos da vida da protagonista e como esta amizade influíu na súa vida.

O último relato “Muchacho oro, muchacha esmeralda” comeza así: “A él lo crió su madre sola, y a ella, su padre(…)Siyu tenía treinta y ocho años, y el hombre, Hanfeng, cuarenta y cuatro.”

E remata así: “Los tres eran personas tristes y solitarias y no conseguirían atenuar la tristeza del otro, pero podrían, con mucha dedicación, construir un mundo que albergara su soledad”.

 P.S.: Se picades na procedencia da imaxe iredes a un blog Papel en blanco, que tamén recomenda esta obra e fai un resumen dela, moito mellor que este post. Alí vos remito.

Deixar un comentario

Arquivado en Libros sobre libros, Recomendacións

“Felices los felices” de Yasmina Reza

(Procedencia da imaxe)

A recomendación de hoxe non é de libros sobre libros, aínda que a obra comeza cunha cita de Borges “Felices los amados y los amantes y los que pueden prescindir del amor. Felices los felices”. Esta é a última obra de Yasmina Reza, publicada por Anagrama o pasado setembro, se non a lestes aínda, podedes reserva a lectura para Nadal, aínda que Yasmina Reza igual non é unha lectura que teña moito que ver co espíritu de nadal. Na súa obra vanse desgranando as vidas de 18 personaxes relacionados entre sí por vínculos sentimentais, e as súas vidas non son felices nin exemplares, senón que están cruzadas pola dificultade ás que se enfrontan para vivir, o tedio no amor e o medo á morte.

Personalmente, sempre me quedei con “Arte” ou “Una desolación”, pero “Felices los felices” tamén se pode recomendar. Da mesma autora podedes ler tamén “En el trineo de Schopenhauer”, “Hammerklavier”, todas elas publicadas en Anagrama.

E aquí deixamos o post, para ir alternando recomendacións breves con outras máis longas 🙂 Por certo as obras de Yasmina son todas ben curtas, desas que non queres que acaben e acaban rápido demais pola brevidade mesma da obra, non só pola calidade.

Deixar un comentario

Arquivado en Recomendacións

“Las mil y una historias de A. J. Fikry”

 

(Procedencia da imaxe)

Unha novidade do pasado verán é a obra de Gabrielle Zevin “Las mil y una historias de A. J. Fikry” publicada nunha coidada edición de Lumen.
Gabrielle Zevin é unha xove autora norteamericana que comezou a súa carreira como escritora ós 14 anos, publicou xa sete novelas e unha delas, “En otro lugar”, foi traducida a vinte linguas.

A novela ten unha preciosa ilustración de cuberta de Gabrielle Barouch e o contido é un unha entrañable historia de amor polos libros, entre outros amores. Como se di na propia novela en algún momento:
“Los más irritante del amor es que, cuando a una persona le importa algo, descubre que tiene que empezar a importarle todo.” (Páxina 93 da edición de Lumen)
Contempla algúns tópicos americanos, non en balde se desenvolve a trama en Alice Island, que como di a autora nos agradecementos, “non existe”, pero podemos imaxinar o lugar a “dous trens e un barco de distancia” (páx. 182) de Providence, onde vive Amy.
Os libros e autores citados na novela, que non son poucos, son americanos, pero é universal a calidez que envolve a trama, e tamén a amargura que a atravesa ás veces.
Hai citas para enmarcar e non me resisto a deixarvos algunhas:
Sobre o relato breve:
“No hay nada más elegante en el universo de la prosa que el relato breve” (páx. 35)
Sobre os encontros cos autores:
“Evita conocer a los que han escrito libros que le gustan por miedo a que dejen de gustarle” (páx. 50)
Sobre a oportunidade dos libros nas nosas vidas:
“Es preciso encontrar las historias en el momento adecuado de nuestra vida. Recuerda, Maya: las cosas que nos emocionan a los veinte no tienen por qué ser las mismas que nos emocionarán a los cuarenta, y viceversa. Esto es así por lo que repecta a los libros y también a la vida.” (Páx. 54)
(Pode parecer unha “perogrullada” pero ás veces esquecémolo, engade a que redacta a entrada).
“A veces los libros no nos encuentran hasta que llega el momento adecuado.” (Páx. 113)
Sobre as lecturas obligatorias (aínda que no libro fai referencia a unha en concreto):
“Los profesores te obligan a leerlo y los padres se ponen contentos porque piensan que sus hijos están leyendo algo “de calidad”. Pero obligando a los niños a leer libros como ese solo consiguen que odien la lectura” (Páx. 115)
Para ironizar sobre os libros e lecturas temos a seguinte cita:
“A.J….no cree en los actos fortuitos. Como aficionado a la lectura, cree en la estructura. Si aparece una pistola en el capítulo uno, más vale que se dispare en el capítulo tres. Es decir, A.J. cree en la narrativa” (Páx. 74)
-“Compra libros. Como no le gusta tirar el dinero, además los lee” (páx. 88)
Sobre os libros ilustrados
“Observa los dibujos e intenta sonsacarles unha historia. Es una tarea agotadora, pero a sus tres años ya reconoce algunos tropos. Por ejemplo, en los libros ilustrados los animales no son siempre animales. A veces representan a padres e hijos. Un oso con corbata puede ser un padre; un oso con peluca rubia, una madre. Es posible deducir muchas cosas de una historia a partir de los dibujos, si bien a veces dan unha idea falsa. Ella preferiría conocer las palabras.”
Sobre como nos definen os nosos libros favoritos
“La gente cuenta aburridas mentiras sobre política, Dios y el amor. Sabes todo lo que necesitas saber de una persona con la respuesta a la pregunta: ¿Cuál es tu libro preferido?” (páx.105)
Sobre os premios literarios
“Como librero, te aseguro que los premios quizá tengan alguna importancia en las ventas, pero rara vez tienen que ver con la calidad” (Páx. 215)
E para rematar, unha “declaración de amor libresca”, por un lado
“Cuando leo un libro quiero que tú lo leas al mismo tiempo. Que saber que pensaría de él Amelia…Puedo prometerte libros y conversación, y todo mi corazón, Amy” (Páx. 181)
E por outra lado, dedicada a todos/-as os que algunha vez organizamos un club de lectura, aquí vos deixo a última cita da recomendación de hoxe:
“Tras muchos años organizando el club de lectura Los Favoritos del Jefe, Lambiase sabe que lo más importante, más incluso que la novela objeto de debate, son la comida y la bebida” (Páx. 229)

Deixar un comentario

Arquivado en Lecturas estivais, Libros sobre libros, Recomendacións