Arquivo da categoría: Actividades

Acampada entre estrelas e cantos

Para rematar o curso fixemos unha acampada en  Coto da Eira, na serra do Suído.   Asistiron seis dos dez membros do club e os alumnos e alumas da escola unitaria de Taboexa (neste fermoso blog podedes ver os recados da Moura que nos chegan desde alí).

Acampada 011

 

Foi unha experiencia moi enriquecedora na que compartimos andainas (unha ao doble Foxo do Lobo e outra ata o propio Coto da Eira), cantos, comidas… ao abeiro dunha natureza xenerosa e dun ceo cheo de estrelas que nos amosou Pablo Carballo, profesor de Bioloxía do centro, quen acudiu con prismáticos e telescopios para achegarnos ás constelacións. Moitas grazas, Pablo, por subir connosco ata a serra. Tamén agradecemos a Lourdes,a mamá de Mario, que puxo a súa furgoneta e as súas mans de condutora á nosa disposición  e a Cándido, que nos acompañou.

 

Acampada 230

 

Tal vez os libros tamén sexan constelacións que ofrecen a súa luz para guiármonos polos ceos da vida, tal vez sexan camiños de leite, alimento esencial para enriquecer o sistema inmunolóxico e medrar libres e fortes.

Esta actividade é o punto final deste curso pero tamén o de partida do seguinte curso cuxo proxecto terá como eixe vertebrador a natureza e o coidado e respecto da mesma.

 

20160624_213547

 

Agardamos repetila e lembrade que lle debemos algo a esa serra que nos acolleu, nos envolveu co seu silencio e a súa beleza. Teremos que respectala e devolverlle tamén o cariño co que fomos recibidos.

Foi unha bonita forma de acabar e de empezar!!

20160624_163314

Feliz verán, que fagades bonitas camiñadas polos libros, polas beiras dos ríos, polos montes, polas praias, os museos e que volvamos con forzas para o vindeiro curso!

NOTA: Esta actividade non tería sido posible sen Karina, a profesora do colexo de Taboexa que me amosou o sitio e nos deu a idea. Grazas, Karina. Obrigadas.

 

Advertisement

1 comentario

Arquivado en Actividades

Se fose…

Na derradeira xuntanza deste curso lembramos as nosas lecturas e xogamos ao se fose… cos libros de teatro que lemos. Aquí van os resultados do noso xogo.

Os lectores cos libros

Os lectores cos libros

Manzanas rojas

Se fose un xoguete sería unha bóla

Se fose un moble sería unha cadeira.

Se fose un utensilio sería un pau.

Se fose un lugar sería un patio

Se fose un sonido sería bum

                                                                        Comedia da ola, de Plauto

Se fose un xoguete sería unha oliña de xoguete.

Se fose un moble sería un forno.

Se fose un utensilio sería un coitelo ou moedas.

Se fose un lugar sería un buraco nunha cociña.

Se fose un son sería chin, chin, chin ou o ruidiño que fan as moedas ao caer.

Moito ruído e poucas noces, de William Shakespeare

Se fose un xoguete sería un crebanoces coa forma dun soldadiño de chumbo.

Se fose un moble sería unha bodega.

Se fose un utensilio sería unha máscara.

Se fose un lugar sería un campo no verán con verbena.

Se fose un son sería o que deixan os zapatos de tacón.

Mesmos lectores, mesmos libros, outra pose

Mesmos lectores, mesmos libros, outra pose

Entremeses de Cervantes

Se fose un xoguete sería un teatriño de guiñol.

Se fose un moble seria un armario.

Se fose un utensilio sería unha fregona.

Se fose un lugar sería unha igrexa nunha rúa.

Se fose un son sería o das campás.

Foto da Cueva de Salamanca que tomou Isaac ao seu paso por Salamanca na excursión de 4º

Foto da Cueva de Salamanca que tomou Isaac ao seu paso por Salamanca na excursión de 4º

 

Fuenteovejuna, de Lope de Vega

Se fose un xoguete sería un globo de auga.

Se fose un moble sería unha arca de madeira.

Se fose un utensilio sería unha tesoiras para trasquilar as ovellas.

Se fose un lugar sería unha vila de Castela.

Se fose un son sería: “Todos a unha, Fuenteovejuna!”

Casa de bonecas, de Ibsen

Se fose un xoguete sería unha boneca.

Se fose un moble sería un xoieiro.

Se fose un utensilio sería unha árbore de Nadal ou un buzón.

Se fose un lugar sería o salón dunha casa.

Se un son sería o dun ballet (non sabemos cal!)

A fiestra valdeira, de Rafael Dieste

Se fose un xoguete sería unha barquiña pequena.

Se fose un moble sería un cabalete para pintar.

Se fose un utensilio sería un pincel.

Se fose un lugar sería o mar (visto desde unha ventá).

Se fose un son sería o das ondas do mar.

casa de bonecas 046

Tres sombreros de copa, Miguel Mihura

Se fose un xogute sería unha carraca.

Se fose un moble sería unha cama.

Se fose un utensilio sería un teléfono.

Se fose un lugar sería un escenario.

Se fose un son  sería a música dunha trompeta (ou a dun ukelele).

Comedia bífida, Núñez Singala

Se fose un xoguete sería unha cartolina.

Se fose un moble sería unha tribuna dun xuíz.

Se fose un utensilio sería un martelo.

Se fose un lugar sería o inframundo.

Se fose un son sería o golpe do martelo dun xuíz ou o bater de ás dun anxo.

Deixar un comentario

Arquivado en Actividades, Teatro

Pan e libros (continuación)

O pasado 23 de abril os compoñentes do club de lectura e parte do alumnda de 3º da ESO celebramos o Día do Libro con pan e libros, o que Lorca pedía para o pobo.

Primeiro visitamos unha panadería de Cea  e deixamos o pan facéndose. Tal vez a panadeira recitase estes versos de  Ángel González mentres roxaba o forno:

“Me basta así”

Si yo fuese Dios
y tuviese el secreto,
haría un ser exacto a ti;
lo probaría
(a la manera de los panaderos
cuando prueban el pan, es decir:
con la boca),
y si ese sabor fuese
igual al tuyo, o sea
tu mismo olor, y tu manera
de sonreír,
y de guardar silencio,
y de estrechar mi mano estrictamente,
y de besarnos sin hacernos daño
—de esto sí estoy seguro: pongo
tanta atención cuando te beso—; (…)

(Aquí podes ler o poema completo)

Vimos como se facía o pan, deixámolo no forno e marchamos a  Trasalba. Alí atopamos a casa grande de don Ramón Otero Pedraio:

Pazo de Trasalba onde viviu Otero Pedraio parte da súa vida

Pazo de Trasalba onde viviu Otero Pedraio parte da súa vida

 

Xa con fame dirímonos a Oseira. Ao chegarmos, un mosteiro digno dunha novela de Umberto Eco recibiunos, poderoso , ecléctico en estilos e en pétrea beleza.

Alí agardábannos os alumnos do CIP “Virxe da Saleta” de Cea para xantar xuntos:

En Oseira despois de xantar

IES “Val do tea” e CIP “Virxe da Saleta”

Os lectores do Club antes de entrar no mosteiro

Os lectores do Club antes de entrar no mosteiro

Visitamos o mosteiro mentres un monxe nos explicaba a historia do edificio, das destruccións e das resurrecións do mosteiro. O que non nos contou foi isto:

“(…) O baldaquinado barroco da Igrexa do mosteiro de Oseira foi protagonista dunha das máis sanguentas traxedias de Galicia que comezaba o mil novecentos. Os sucesos teñen a súa orixe en abril de 1908, durante unha visita pastoral do Bispo de Ourense, D. Eustaquio Ilundain e Esteban, quen manda retirar o baldaquino do mosteiro cisterciense de Oseira ante o seu mal estado de conservación. Non contaba o prelado coa recia oposición dos veciños do lugar, que en febreiro de 1909 paralizan calquera intento de desmonte do baldaquino.

Ante a imposibilidade de chegar a calquera compromiso, o bispo vai recorrer ao Gobernador Civil da provincia. Así, en abril de 1909 os carpinteiros chegan a Oseira para retiralo baldaquino, acompañados pola Garda Civil encargada de protexelos. Non se achican os veciños que, armados con fouces e outros útiles de labranza, encérranse na igrexa do mosteiro. Ao non conseguir vencer a súa resistencia, a Benemérita fará uso das súas armas, co resultado de sete mortos e doce feridos. A matanza de Oseira permaneceu na memoria popular, situación á que sen dúbida contribuíron as coplas de cego escritas para rememorar os sucesos. Finalmente, o baldaquinado non sería retirado ata 1925 (…)” O texto está extraído de aquí.

Contemplamos a prezada biblioteca e, coa imaxe dos libros (que alí descansan  na balaustrada de madeira de castiñeiro) envolta na memoria, recollemos o rico pan de Cea, enchoupámonos do/co seu olor e fomos ás termas descansar o corpo e abrazar unha agua morna que nos soubo a solpor impresionista. É unha mágoa que non teñamos fotos das termas pero levámolas na memoria (Gemma dixit).

E xa na casa, algúns, adormecemos  ao caloriño dun libro, que tamén é pan.

“Tamén hoxe en Trasalba

a vella casa queixumosa e longa

boga máis lembradoira cara ó poente

e soña nos seus fumes os pasados

das ialmas e os destiños. Os mantelos do tempo

frotan encol das augas, e os ronseles

dos antigos nadales rechouchían

escumas no recordo… (…)

                                                   Ramón Otero Pedraio, Poesía, editorial Galaxia

Deixar un comentario

Arquivado en Actividades, Celebracións

Pan e libros

“(…) No sólo de pan vive el hombre. Yo, si tuviera hambre y estuviera desvalido en la calle no pediría un pan; sino que pediría medio pan y un libro. Y yo ataco desde aquí violentamente a los que solamente hablan de reivindicaciones económicas sin nombrar jamás las reivindicaciones culturales que es lo que los pueblos piden a gritos. Bien está que todos los hombres coman, pero que todos los hombres sepan. Que gocen todos los frutos del espíritu humano porque lo contrario es convertirlos en máquinas al servicio de Estado, es convertirlos en esclavos de una terrible organización social(…)”

Fragmento do discurso de Federico García Lorca ao pobo de Fuente Vaqueros (Granada) en setembro de 1931, ao inaugurar a biblioteca. Está extraído de aquí.

Procedencia da imaxe

Lorca pedía pan e libros. Nós tamén. Por iso, mentras ledes isto, nós estaremos “comendo” pan e libros para celebrar o día de hoxe. Daremos conta de como o fixemos, de onde estivemos.

Deixar un comentario

Arquivado en Actividades

Améndoas, teatro e casas de bonecas

A semana pasada comentamos a lectura Casa de bonecas. Foi a obra que máis lle gustou de todas as que levamos lidas. “Era sinxela e complicada (polo tema) ao mesmo tempo.” Son palabras textuais. Supoño que o complicado fai referencia á profundidade, aos desencontros e ao encontros dos personaxes (especialmente o de Nora no seu camiño de recoñecemento e liberación). É unha marabilla que as mediadoras non teñamos que explicarlles xa cales son os temas que habitan na novela (ou levalos ata eles) e que eles sós sexan capaces de ver que detrás dunha historia, dunha obra sempre palpita unha reflexión (feita arte) e que, e isto é importante, sexan capaces de formular, verbalizar eses conceptos tan abstractos, ás veces: os temas. Deberase á práctica lectora, ao camiño andado destes novos lectores ou á tarta de améndoas.

Coas améndoas que comía Nora, nós fixemos unha tarta

Coas améndoas que comía Nora, nós fixemos unha tarta

Como estamos no mes da muller  elexímolo libro do mes (a pesar de que quen escribe non está moi  dacordo cos “días de”). Xa o temos colocado no espazo ( a caixiña de Rodrigo. Canto te lembramos!!)  que lles temos reservado na biblioteca a eses libros:

 

casa de bonecas 044

Aproveitamos tamén a ocasión para facer unha pequena selecta de obras de teatro que recollemos neste punto de interese:

casa de bonecas 045

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Está feita a propósito do obradoiro de teatro que se está realizando na biblioteca para os alumnos de 1º da ESO.  Os rapaces están aprendendo técnicas teatrais da man dos mesmísimos organizadores do Festival das Brétemas. Nestes momentos están preparando unhas escenas teatrais para facer nas rúas de Ponteareas. Vai ser todo un fito!! Longa vida ao teatro e longa vida ao Festival das Brétemas!!!

casa de bonecas 046

Deixar un comentario

Arquivado en Actividades, Casa de bonecas

Mazás vermellas para comezar

Estimados lectores, como xa sabedes mañá arranca o club de lectura deste curso. Xuntarémonos, como é habitual, os luns á hora de xantar.

Este curso o fío conductor será o teatro. Nos cursos anteriores sempre lemos novelas coas que viaxamos a diferentes partes do mundo ou polas distintas etapas da vida. Nesta ocasión, eleximos o xénero teatral para facer unha viaxe pola historia do teatro. Este será o percorrido:

OUTUBRO: Lectura de Manzanas rojas, de Luis Matilla.
NOVEMBRO: Aulularia, de Plauto.
DECEMBRO: Moito ruído e poucas noces de Shakespeare
XANEIRO: selección de Entremeses de Cervantes
FEBREIRO: Adaptación de Fuenteovejuna (Anaya editorial) de Lope de Vega
MARZO: Casa de bonecas, de Ibsen
ABRIL: A fiestra valdeira, de Rafael Dieste
MAIO: Tres sombreros de copa, de Miguel Mihura
XUÑO: Por determinar (en función da obra que se traballe no obradoiro de teatro organizado póla biblioteca)

A primeira, como vedes, é unha obriña de Luis Matilla que leremos xa mañá.En  Manzanas rojas o autor aborda o conflito palestino- israelí desde a mirada inocente de dous nenos separados polo muro da intolerancia e da guerra que están a sufrir arestora nesa parte do mundo.

Procedencia da imaxe

Cómpre que saibamos ubicar no mapa o lugar onde se desenvolven a historia e o conflito armado:

                                                           (Procedencia da imaxe)

E que coñezamos algo sobre a situación que se está a vivir alí na actualidade. Aquí temos unha breve explicación:

E  mentras nós lemos esta obra mañá, en Palestina tamén mañá, solidarizándose coa loita deste pobo, un “comando” de pallasos en rebeldía está a celebrar a segunda edición do Festiclown Palestina en Cisjordania para apoiar ás vítimas de Gaza.

Aquí tedes  “A risa tras o muros” filmada na anterior edición. Boa mostra de como o circo e o teatro poden ser armas ao servizo do pobo.

Se nos é posible un deses combatintes da risa virá contarnos ao instituto como viviu esa experiencia circense en Gaza. Este curso as lecturas darán para moito!! Xa vos iremos contando. De momento, vémonos mañá ás 14:30 na biblioteca. Traede os bocatas, as mazás (vermellas)  xa as levamos nós.

Deixar un comentario

Arquivado en Actividades, Avisos, Recomendacións, Teatro

Libros de cartón

Como comentamos onte, hoxe imos expoñer os traballos que fixeron os nosos lectores que asistiron ao obradoiro de libros e cadernos artesanais. Foi impartido por Eva Cabo, poeta, actriz, titiriteira e contadora de historias. Coordina tamén a editorial Casamanita cartoneira

No noso insti fixemos cadernos de cartón con versos “improvisados”. Nesta primeira foto, Eva explica que imos facer un cadáver exquisito antes de empezar a traballar co cartón:

taller evida 2014 019

Aquí xa estamos na procura dos versos

Aquí xa estamos na procura dos versos

 

os versos van tomando corpo xa

os versos van tomando corpo xa

 

E pasamos á segunda fase...

E pasamos á segunda fase…

 

As mans de iogurt de Eva retocan o encadernado

As mans de iogurt de Eva retocan o encadernado

E estes son os resultados:

taller evida 2014 034

taller evida 2014 038

taller evida 2014 036

                                                                                                       “yo antes me ganaba la vida haciendo barquitos de

                                                                                                         papel y olvidándolos por ahí”

                     Eva Cabo, Poemonstruos

                                                                                                        Poemonstruos(Procedencia da imaxe)

Non é o caso, Eva Cabo. Nós nos esqueceromos os versos de cartón e papel que ti nos ensinas a facer.

Obrigados, Eva!

Bo Día do Libro a todos, bo día do libro de cartón, de papel, de pel, de auga, de tecidos orgánicos, de fume, de campás, de orballo, de area, de mantas que quentan invernos…

 

Deixar un comentario

Arquivado en Actividades

“Estaciones de paso”

O luns 7 de abril fixemos a”reunión- estación”. Leva ese nome porque tocaba comentar Estaciones de paso e porque se convertiu nunha estación para dar o paso á construción de libros artesanais.

O certo é que da novela non comentamos moito porque nos adicamos, sobre todo, a facer libros (actividade que enmarcamos nas que realizamos para conmemorar o Día do Libro). Xa daremos conta noutra entrada do que deu de si este obradoiro “libresco” poéticamente correcto.

Nesta deixamos unhas fotos dalgúns lectores co libro e tamén algunha opinión dos mesmos:

Luis e o budin de "Receta de verano"que non tivo, por certo, nada de éxito.

Luis e o budin de “Receta de verano”que non tivo, por certo, nada de éxito.

Gema e Estaciones de paso.

Gema e Estaciones de paso.

Gema, que le con elegancia e maxestuosidade, desta vez non puido ler a obra completa porque tiña exames, di dos relatos que leu: “A primeira historia gustoume e lembroume a outro libro No somos los únicos que llevamos este estúpido apellido, de Marie Aude Murail, porque ambos falan da superación. A segunda historia, a dos touros, gustoume máis cá primeira, sobre todo polo vocabulario xa que non emprega tantas palabrotas.”

Guille posando coa obra de Almudena Grandes

Guille posando coa obra de Almudena Grandes

Os fermosísimos ollos de Guille non atoparon nada que lle gustara na obra. Di que é o libro que menos lle gustou de todos os que lemos no club. Das cinco historias só lle agradaron as dúas primeiras.

Nota: o libro que lembrou Gema estará en breve na nosa biblioteca.

 

Deixar un comentario

Arquivado en Actividades

Mulleres pioneiras: “As silenciadas”

O pasado martes 25 pechouse o Ciclo de cinema que vimos organizando na biblioteca cada curso. A película que puxo o broche final foi o documental As silenciadas, de Pablo Cés, con guión de Pablo Ces e Aurora Marco ( autora do libro do que bebe a película, Mulleres na guerrilla antifranquista galega). Atoparédelo na biblioteca estes días, xunto co seu Dicionario de mulleres galegas nun lugar privilexiado (o berce para os libros da biblioteca ambulante que nos fixo Rodrigo).

as silenciadas 011

 

Mulleres na guerrila antifranquista galega, edicións Laiovento

Mulleres na guerrilla antifranquista galega, edicións Laiovento

A proxección do documental (ao igual que o ciclo) estivo organizada pola Biblioteca. A ela asistiron os alumnos de 4º da ESO, 2º de BACH e os lectores do noso club. Pareceunos que o seu visionado podería culminar a serie de Mulleres pioneiras que fomos expoñendo aquí ao fío das nosas lecturas. Ainda que as mulleres que falan neste documental non foron pioneiras na acepción máis coñecida da palabra (que incursiona por primeira vez nunha actividade) si o son no sentido etimolóxico do termo (do francés pionnier, que quere dicir “soldado de a pé”).  Foron mulleres combatentes, rebeldes que viviron a súa loita entre fragas e silencios de montaña.

Ángeles e Bastián presentan a Pablo

Ángeles e Bastián presentan a Pablo

Os asistentes á proxección. As súas caras xa falan da intensidade e emotividade do documental.

Os asistentes á proxección. As súas caras xa falan da intensidade e emotividade do documental.

Pablo presentando a súa peli

Pablo presentando a súa peli

          As fotos son de Cándido, “facedor” deste encontro.

 

Gracias Pablo e Aurora, que descorrestes as cortinas do esquecemento para que puideramos ver que se agochaba naqueles bosques da posguerra, mans duras de  mulleres que portaban a dor e a perda, que medraron rodeadas de silvas e de bágoas, amordazadas. Vaian para elas estes versos de Miguel Hernández:

Les han llevado al aire, como un aire rotundo
que desde el corazón resoplara un plumaje.
Y ascienden y descienden sobre la piel del mundo
alados de coraje.
“El vuelo de los hombres”

Aquí vos queda un trailer da película. Lembrade que tamén está na biblioteca.

 

2 Comentarios

Arquivado en Actividades, Cine, Mulleres, Recomendacións