Arquivo da categoría: A fiestra valdeira

A nosa travesía pola fiestra valdeira

Fai xusto unah semana xuntámonos para falar de A fiestra valdeira. Neste ocasión non temos fotos que dean conta gráfica da mesma, pero ben sabedes que existiu.

Arredor das galletas mariñeiras (das que me falara Paco) e dos lacasitos que nos mercou a nai de Gemma (grazas, Cándida!!) puxemos en común as nosas lecturas. Desta vez non gustou moito a obra. Parece ser que aos lectores non os enganchou o conflito vital do protagonista. Que se lle vai facer!!! Tal vez sexan demasiado novos!!

O que si lles gustou foi o descubrimento da existencia das Misións Pedagóxicas durante a II República. Como vin interese polo tema déixovos aquí a recomendación do libro do que vos falei: Xograres dun tempo novo, de Pepe Carballude (está na sucursal da biblioteca sita no corredor).

A novela conta a historia de Francisca Porta, unha muller recluída nunha residencia da terceira idade, que, diante do autorretrato de Agustín Llaneza, o compañeiro paseado durante a guerra civil, lembra as súas andainas coas Misións Pedagóxicas. Neste labor encomiable para tentar paliar as diferenzas de oportunidades culturais existentes desde sempre entre o rural e o urbano, entre a aldea e a cidade, participaron algunhas das figuras máis sobranceiras das nosas letras como Rafael Dieste ou Urbano Lugrís. Francisca Porta rememora este pasado vivencial que tamén lle axuda a levar mellor as feridas magoantes da vida. ( Información que aparece na contracuberta do libro).

A doncela guerreira1“A doncela guerreira” de Os Monicreques de Kukas

Se vos fixades na cuberta do libro veredes un debuxo  de Beatriz García Trillo, a ilustradora do libro, no que aparece escrito “Retablo de fantoches”. Como sabedes, esta sección, a dos monicreques, foi creada por Dieste. Para inaugurala, el compuxo A doncela guerreira, estrenada en Malpica. Pois ben, aquí vos quedan unhas fotos dos monicreques creados por Carlos Portomeñe e por Kukas para o espectáculo baseado nesa mesma historia.

A doncela guerreira2

Carlos, moitas grazas polas fotos e por seguir crendo no poder, e na esencia, das Misións Pedagóxicas republicanas!! Aquí tedes máis información sobre monicreques de Kukas.

 

 

 

 

Advertisement

Deixar un comentario

Arquivado en A fiestra valdeira

A fiestra valdeira

A fiestra valdeira. Comedia de remate ledo en tres lances, o derradeiro cun respiro conta a historia de don Miguel, un vello emigrante retornado que encarga un retrato. O pintor, Antonio, ponlle ao cadro, como fondo, unha fiestra que reproduce o ambiente mariñeiro da vila e tamén as orixes de Miguel. Isto provoca un conflito entre a muller e a filla do emigrante que volveu. Elas queren que o fondo sexa un xardín fidalgo, pero o propio pintor e os amigos mariñeiros de don Miguel prefiren o fondo orixinal xa que ese recollía a esencia da orixe e da vida do ancián.

Ese cadro e esa fiestra aparecen como elemento simbólico, pois neles, especialmente nese pedazo do cadro que queda baleiro, áchase un dos temas fundamentais da peza: a asunción da propia identidade, individual e colectiva.

“Ise buraco é para min o portelo por onde fuxiron como pombas as lembranzas e tornaron viradas gaviláns” comenta don Miguel no terceiro acto.

A obra foi representada polo CDG no ano 1994 sendo don Miguel o xa finado Xosé Manuel Olveira “Pico“:

 

Aquí tedes fragmentos da peza:

Deixar un comentario

Arquivado en A fiestra valdeira, Teatro

As patillas wagnerianas de don Miguel

Contextualizado o autor, xa podemos comezar a falarmos da obra, A fiestra valdeira.

                                                                              (Procedencia da imaxe)

Un dos protagonistas, o que se enfrenta ao conflito, é don Miguel. A meirande parte da obra transcurre na súa casa. Descríbese na acotación inicial do seguinte xeito: “Na casa de don Miguel, vello de boa planta que foi mariñeiro na súa mocedade e fixo despois fortuna no Brasil. A súa indumentaria_ traxe azul, botinas longas e esguías, camisa ocre de punto con corbata do mesmo tecido, e boina que até na casa leva posta_ recorda, o mesmo que as súas estreitas patillas wagnerianas, a moda mariñeira do seu tempo.”

Velaquí as patillas de Wagner, o ilustre compositor (a imaxe procede de aquí)

Richard Wagner, todo un exceso musical

E aquí o Primeiro movemento da “Sinfonía en Do mayor”, de Wagner:

Deixar un comentario

Arquivado en A fiestra valdeira, Teatro