Arquivo da categoría: Venecia

“Los zapatos de Murano”

Se seguimos tirando do “fío veneciano” atopamos unha novela, publicada por Siruela, Los zapatos de Murano, que recrea a historia dunha Cincenta chamada Angélica. Trascorre a historia tamén en Venecia e na vila de Murano, á que, se lembrades,  acudiu Carlota acompañada de Ferrando.

 Procedencia da imaxe

A contracuberta do libro (a medio camiño entre novela histórica e conto de fadas) di:

Los zapatos de Murano retrata la Venecia de finales del siglo XII, cuando el auge del comercio con Oriente llenaba de especias, de esclavos y de metales las brumosas calles de esta noble ciudad. En uno de sus días de mercado, el ilustre Rocco del Fiore queda prendado de la delicada y exótica belleza de una esclava indonesia. Su amor por ella hace que ingenie un astuto plan para rescatarla del avaro turco que la retiene. Años después, el nacimiento de su hija Angélica desencadenará fuertes intrigas familiares y la historia adquirirá entonces un trepidante ritmo con largos viajes a Oriente, conquistas y cruzadas, celos, amores afortunados y de conveniencia.

Siglos más tarde, los maestros Perrault, Grimm, Rossini, Massenet y Prokófiev recrearon, cada uno en su arte, la extraordinaria vida de Angélica del Fiore y de sus envidiosas “hermanastras” Abbondietta y Ferruccia…”

Perrault e os irmáns Grimn recopilaron contos tradicionais para que non se perderan historias coma Brancaneves, A raíña das neves, Carapuchiña vermella, a mesma Cincenta… para que compositores coma Massenet ou Rossini lle puxesen música á historia da Cincenta,

( Eta é a Cincenta de Massenet)

para que Prokofiev lle adicase un vals,

Miguel Fernández Pacheco contase esta historia , Xosé Antonio Neira Cruz ( de quen xa falamos aquí) escribise  O prodixio dos zapatos de cristal (publicado por Galaxia, con ilustracións de Rodrigo Chao e coa música da Real Filharmonía de Galicia interpretando “La Cenerentola” de Rossini)

Roald Dahl contase a historia da verdadeira da Cincenta en Cuentos en verso para niños perversos ou James Finn Garner puidese amosarnos a súa Cincenta políticamente correcta. Ou, sinxelamente, para que a nós nola contaran sendo cativas.

O autor da novela que vos recomendamos, Miguel Fernández Pacheco, é doutor en Belas Artes. Colaborou no programa La bola de cristal. Moitos, que sodes novos, non lembraredes este programa que foi “de culto” para algúns que somos máis maiores e que marcou a infancia dunha xeración. A el lle debemos a imaxe dos electroduendes. Con eles vos deixamos:

Advertisement

Deixar un comentario

Arquivado en Recomendacións, Venecia

“Settecento”. Marcos Calveiro

Dun autor da nosa terra, que xa estivo con nós na biblioteca do IES Val do Tea fai un par de anos cando no club de lectura lemos “Sari, o soñador de mares” e “O pintor do sombreiro de malvas”, libro este último  que volveremos ler neste club de lectura no mes de maio, imos facervos agora unha recomendación que nos leva a Venecia.

100_2593

(Foto do noso arquivo)

(Procedencia da imaxe)

“Settecento” , é unha novela de Marcos Calveiro, publicada por Edicións Xerais e que temos na biblioteca, que nos leva á Venecia do século XVIII, pero tamén nos leva a outras cidades coma a máis cercana Compostela.

Na contraportada do libro lemos o seguinte:

“O badaleo de todos os campaniles de Venecia resoa en canles e pazos da Serenísima República unha mañá do ano de 1739 e, coma nun teatro barroco, álzase o pano deste melodrama para música no que todos os personaxes semellan agochar sentimentos e intencións tras unha branca máscara de Entroido. Baixo a atenta ollada dun alado león de mármore, Antonio Vivaldi prepara a estrea da súa nova opera, quizais a súa derradeira oportunidade de acadar o éxito de antano, mentres procura por un stradivarius perdido que moitos anos máis tarde escoitaremos nos oficios da catedral de Santiago. É, no celme harmónico deste prodixioso instrumento e nas habelenciosas mans do seu intérprete, onde fica o segredo dunha historia de culpa e redención, de amor e desexo, de loita e resignación, de fulgor e decadencia. Quizabes distintas notas para unha melodía arreo repetida na partitura das nosas vidas. Settecento é un intrigante e vertixinoso relato que confirma a Marcos Calveiro como un dos novelistas primeiros do noso tempo.”

Carta de presentación que nos incita á lectura desta obra para continuar paseando pola cidade dos canais.  Aproveitade estas minivacacións de entroido para lela.

E rematamos a entrada, cun vídeo de Vivaldi, que aparece coma personaxe na obra de Marcos Calveiro, a ver se con el xa vislumbramos a primavera no horizonte. Pois o entroido é esa época que nos anima a despedir o frío inverno e a recibir con ledicia a cálida primavera.

Deixar un comentario

Arquivado en Recomendacións, Venecia

“Muerte en Venecia”. Thomas Mann

(Procedencia da imaxe)

E viaxando a Venecia, como non recomendar o clásico do premio nobel alemán Thomas Mann, “Muerte en Venecia”?

Se queredes lelo online, aquí vos deixamos o enlace a “ciudadseva”:

“Muerte en Venecia” online.

Desta obra hai unha adaptación ó cine de Luchino Visconti do ano 1971 con música de Gustav Mahler

 

Deixar un comentario

Arquivado en Cine, Recomendacións, Venecia

Reunión en Venecia.

E chegou o día de reunirnos en Venecia, ou no Val do Tea en torno a “El retrato de Carlota”

P1110319

(Foto de Juan)

E tamén chegou o día de poñernos de Entroido.

100_3993

Unha entroidada máis foi poñer na biblio o cadro da Mona Lisa con antifaz, pois non tiñamos o retrato de Carlota.

Da entroidada nin se decataron moitos dos que entraron en tropel a tomar o chocolate, que non era o do Floriani,  pero tampouco os lectores eran máscaras venecianas.

100_3995

A pequena selecta que fixo Esme de “libros de entroido” terédela na biblioteca, por se queredes botarlle unha ollada (os títulos poderedes velos nunha próxima entrada)

100_3994

Tamén nunha próxima entrada daremos a pequena listaxe dos libros preferidos dos compoñentes do club.

Nesta toca facer unha recopilación das opinións máis salientables sobre “El retrato de Carlota” que saíron da reunión.

Parece que este libro en xeral gustou. E gustou, en opinión da maioría, porque era un libro de misterio. Aínda que os lectores máis esixentes, coma Carla, opinaron que o toque de misterio era un tanto “light”, demasiado fácil, deixábase ver de contado. A Carla tampouco lle gustou moito a protagonista, que xulgou moi superficial.

A Pedro chamoulle a atención o pouco que a autora se parou no romance de Carlota con Ferrando, según el, a penas se falaran no que ía de relato, cando a súa relación se fai tan estreita que se bican na illa de Murano.

Yago fixo fincapé nun rasgo da protagonista: “a súa mente matemática”

Jorge fixo unha apreciación “cinematográfica”, a súa mellor aportación quizáis en toda a reunión (pois falar falou moito, pero non dixo tanto, como lle pasou a algún outro e outra). A súa aportación foi que vira unha película na que o protagonista era o vivo retrato de Ferrando, xove de “look” un chisco bohemio e cuns ademáns moi particulares, coas súas melenas e sempre facendo reverencias. A película é “El príncipe de los ladrones”

Aquí vos deixamos o trailer

A Antía desconcertouna un pouco a idade dos personaxes. A súa imaxinación levouna a pensalos máis pequenos, daí que lle sorprendera que Carlota se paseara soa por Venecia con tanta soltura, sendo a primeira vez que estaba alí. Christian, sen embargo, tiña moi claro a idade de Carlota e Ferrando, 16 e 18 anos, respectivamente.

Na historia de amor da bisavoa de Carlota non parece que se fixaran moito os nosos lectores, tampouco nas alusións literarias que hai na obra. Algúns si que se lembraron de “El fantasma de Canterville”, pero… quen se fixou en Catulo, Flaubert, por non dicir Casanova ou algún outro? Tampouco parece que a  tía Ángela suscitara moito máis interés ca o de ser criticada por amañar todo para desembarazarse da sobriña e ter tempo para escribir tranquila. Así e todo o libro, según dixemos ó principio, parece que gustou!!!

Carla si que fixou en que “Moulin Rouge” aparece citada como película favorita dun personaxe, a Jorge chamoulle a atención que Carlota tivera como favorita “Cenicienta”. E foi Carla tamén a que se fixou en que Ferrando interpretaba unha obra de Chopin.

Saíron algunhas outras cousas que tampouco aportan moito máis ó comentario da obra, así que rematamos a entrada citando a obra “Los espejos venecianos” á que se referíu varias veces Pedro e indo de paseo por Venecia da mán das fotos de Juan (pazos, tellados…)

 

P1110341

P1100962

P1100954

E ata a próxima reunión que será en Xordania con “Ammor en Ammán”, vémonos alí. E lembrade por que e para que estamos nun Club de lectura. Trátase de LER o libro (non de comer), pero tamén de falar DO libro (non de asuntos varios)  e sobre todo ESCOITAR as opinións, comentarios e apreciacións dos compañeiros.

Deixar un comentario

Arquivado en Cine, Venecia

Música en “El retrato de Carlota”

Aínda que en “El retrato de Carlota” se fala de jazz e de Julio Iglesias (a música deste gústalle á nai de Carlota), a música clásica é a que leva o peso da banda sonora da novela.

Ferrando sorprende a Carlota tocando  “La gran polonesa” de Chopin

Tamén se fan referencias a outros grandes da música clásica :

De Wagner deixámosvos de mostra un vídeo do preludio de “Tristán e Isolda”

E de  Verdi   o célebre fragmento do “brindis”  de “La Traviata”na voz de Plácido Domingo.

 

 

 

Deixar un comentario

Arquivado en Música, Venecia

Cine en “El retrato de Carlota”

“La Cenicienta” é a película favorita de Carlota, película de animación baseada no conto clásico de Perrault e os irmáns Grimm. Aquí vos deixamos a ficha técnica da película e un fragmento

A película favorita da nai de Carlota é “Memorias de África”, (páx. 135) baseada na novela do mesmo nome da danesa Isak Dinesen. Novela e película á que xa lle dedicamos unha entrada a semana pasada, nas categorías de “A selva africana” e “Cine”

E a película favorita da tía Ángela é Moulin Rouge”, que nos leva tamén a unha entrada anterior,  na categoría “A selva africana” e “Cine”, pois citábase o célebre cabaret parisiense en “La gacela”.

Carlota cita estas tres películas referíndose ós  “bicos”. A propósito disto tedes este vídeo en youtube cos mellores bicos de cine (picade no enlace, xa que non se permite insertar o vídeo).

E para rematar esta entrada de cine, na páxina 47, Carlota cita implicitamente a película “La rosa púrpura del Cairo” de Woody Allen (Páx. 47). Película do 1975, da que vos deixamos a ficha técnica e o enlace por se queredes vela no youtube. Aquí insertámosvos unha escena:

Deixar un comentario

Arquivado en Cine, Recomendacións, Venecia

Mitoloxía en “El retrato de Carlota”

Hai unha expresión que a tía Ángela utiliza reiteradamente para amosar sorpresa: “¡Por Baco!”,  di na páx. 46 e outras.

Os latinos tamén dicían “Por Hércules!”, facendo mención neste caso o heroe mitolóxico, ou tamén “Por Cástor!, referencia neste caso a un dos xemelgos: Cástor e Pólux.  Por Xúpiter!,  tamén é outra expresión clásica, é vos o que ten ter moitos deuses, pódese xurar e perxurar con moita variedade.

A tía Ángela fai referencia ó deus Baco, o Dioniso grego, deus do viño, das festas, disque tamén das orxías (bacanais)

Se picades nesta páxina podedes atopar información sobre Baco e outras divinidades romanas. Deixámosvos unha das representacións pictóricas de Baco máis famosas. O deus ocupa un lugar destacado neste cadro de Diego Velázquez, “Os borrachos” , tamén chamado “O trunfo de Baco”

(Procedencia da imaxe)

Cando Ferrando e Carlota van á illa de Murano, a travesía polo mar cheo de néboa recórdalles á Lagoa Estixia (páx. 117) e a Barca de Caronte (páx. 132).

Estas alusións ó inframundo relaciónanse coa illa de Sant Michel, cemiterio veneciano, daí que esta illa tamén se coñeza co nome de “illa da morte”.  Nesta páxina “sobre leyendas” podedes atopar información sobre estos lugares e personaxes.

A lagoa Estixia era a lagoa infernal que habían de atravesar as almas unha vez se separaban do corpo ó morrer. Caronte era o barqueiro encargado de levalas. As augas desta lagoa separaban o mundo dos vivos do dos mortos. Caronte, palabra de posible orixe exipcio, que significa barqueiro, era o encargado do transporte. Só permitía o paso dos que recibiran sepultura, de non ser así, as almas habían de vagar cen anos pola beira da lagoa. Cobraba un prezo pola pasaxe, por iso os mortos eran enterrados cunha moeda na boca.

Picando sobre esta imaxe do cadro de Joaquim Patinir, “El paso de la laguna Estigia”, que está no Museo do Prado, podedes acceder a unha páxina interactiva na que picando sobre cada detalle da imaxe tedes información sobre os personaxes. (Botádelle unha ollada!)

(Procedencia da imaxe)

Deixar un comentario

Arquivado en Venecia

“El retrato de Carlota”. Ana Alcolea (I)

Lectura do mes de febreiro é “El retrato de Carlota” de Ana Alcolea, e con esta novela imos viaxar ó norte de Italia, a Venecia, aproveitando que estamos en época de entroido.

(Procedencia da imaxe)

Esperamos que esta  vos guste. Está protagonizada por Carlota, unha estudante de 4º da ESO que vai pasar unhas vacacións de antroido a Venecia, onde vive, nun palacete renacentista a súa tía escritora. Durante a súa estancia e estimulada pola imaxinación da súa tía, Carlota intenta aclarar en compaña dun xove músico, protexido da súa tía, cales foron as estrañas circunstancias da morte da súa bisavoa. Son uns días moi intensos, de amor, intriga, paseos pola cidade dos canais.

P1100820

(Foto de Juan)

Nós manexamos a edición de Anaya. Tedes unha guía de lectura moi interesante nesta editorial.

Nós iremos facendo a nosa propia guía e, coma sempre, primeiro imos situarnos xeograficamente.

(Procedencia da imaxe)

Desta vez non é difícil situar Venecia, a cidade dos canais, ó norte de Italia. Podedes ver o plano máis amplio da cidade neste enlace.

Podedes ir buscando os lugares polos que pasea Carlota:

Aeroporto Marco Polo “Esa fue mi primera impresión de Venecia, que todo flotaba sobre el mar, hasta los aviones” (páx. 8 da edic. de Anaya)

P1100737

(Así flotaban os avións sobre Venecia para Juan)

Estatua ecuestre do Condotiero Colleoni no campo de SS Giovanni e Paolo.

(Procedencia da imaxe)

Cemiterio de Sant Michel, situado na illa do mesmo nome, tamén chamada “illa da morte”

Illa de Murano, famosa polas súas fábricas de vidro.

Non se pode mentar Venecia sen mentar os seus canais e o seu carnaval, que inspiraron a todo tipo de artistas: escritores, músicos, pintores…

P1100943

(Foto de Juan)

Pechamos esta entrada  ata o luns (día da reunión do club, a unha semana para o luns de antroido) con dous  vídeos:

  -Un do “Carnaval de Venecia” de Paganini.

-Outro, un pequeno documental sobre a cidade.

Deixar un comentario

Arquivado en Venecia

O Carnaval de Venecia e “El retrato de Carlota”

Onte, en Venecia, deuse o tiro de saída que marca o comezo do carnaval veneciano 2013. Nós ímonos introducir no Carnaval e en Venecia da mán de Ana Alcolea, con “El retrato de Carlota”. Durante a próxima semana iremos facendo as entradas pre-reunión que nos axuden a ampliar a lectura do libro e nos dean ideas para comentar na reunión do luns día 4 de febreiro.

Estade, pois, atentos e atentas ás entradas e vémonos o luns día 4.

“A vida en color” é o tema do carnaval de Venecia. Animádevos a levar un bon colorido á reunión, podedes ir con máscara, disfraz ou como vos veña en gana. As reunións do club sempre son informais, pero moito máis en entroido.

Deixar un comentario

Arquivado en Avisos, Entroido, Venecia