Arquivos mensuais: Febreiro 2014

Outras aviadoras VI

As aviadoras das que falamos nas entradas anteriores voaron, coma ben sabedes, ao principios do século XX. Mais, para que estas voasen tivo que existir primeiro  Madame Blanchard, primeira aeronauta profesional (1778- 1819). Ela foi a primeira muller en subir nun globo aerostático e no 1804 Napoleón concedeulle o título de Ministro Xefe do Aire de Globos Aerostáticos.

(Procedencia da imaxe)

Unha morea de xestas aéreas falan da súa valentía: no 1811 viaxou desde Roma a Nápoles, no 1817 covertiuse na primeira persoa en atravesar os Alpes voando

O 6 de xullo de 1819, mentres ascendía para realizar unha exhibición sobre os Xardíns do Tívoli, en París, o seu globo, cheo de hidróxeno, incendiouse.

(Procedencia da imaxe)

Aquí podedes ver un pequeno documental realizado pola BBC que conta La osada historia de los pioneros de los globos aerostáticos.

Deixar un comentario

Arquivado en Mulleres

Outras aviadoras V

Beryl Markman foi outra aviadora, filla dun colono inglés criada en África. Seguiu a estela trazada no ceo por Amalia Earhart sobre o Atlántico, pero ela soñaba con planealo de leste a oeste, o que supoñía maior dificultade pola dirección do vento.

Aquí podedes ler unha interesante reportaxe ( de onde extraemos a imaxe que vedes abaixo) sobre a aviadora titulada “As outras memorias de África“. Lembrade que das de Karen Blixen xa falamos aquí.

Beryl Markham: las otras memorias de África

Na mesma reportaxe lemos que Hemingway di dela que «Llegué a conocerla bastante bien en África y nunca habría sospechado que pudiera y quisiera ponerse a escribir excepto para hacerlo en su cuaderno de bitácora. Pero lo ha hecho, y tan bien, que me avergüenzo de mí como escritor. Me he sentido como un simple carpintero de palabras. Es un libro buenísimo».Refírese ao  libro autobiográfico da piloto Al oeste con la noche

( Procedencia da imaxe)

A súa experiencia vital e aviadora reflíctese na película Unha sombra no sol. Velaquí unhas imaxes da mesma:

 

 

La aventurera  vivió y murió en Nairobi

 Fotografía da aviadora extraída de aquí

 

Deixar un comentario

Arquivado en Mulleres

Outras aviadoras IV

Amelia Earhart, foi unha aviadora que sobrevoou o Pacífico e se perdeu nel.

Na película Amelia nárrase como foi a vida desta aviadora e a súa particular odisea.

Nesta páxina atoparedes moita información sobre a piloto. E se pinchades aquí entrades no seu museo. E nestoutra, en inglés, podemos ver moitas imaxes da mesma(algunhas son as que seguen) e algúns dos seus soños.

Amelia Earhart

earhart-20a

O seu soño foi dar a volta ao mundo, coma nós o curso pasado, co señor Fogg. Pero ela foi máis intrépida e non o fixo cos libros. Fíxoo na súa avioneta e este era o seu plan de voo:

flight-route

A liña continua representa o roteiro realizado. No cadro rosa é onde se supón que se perdeu a avioneta.

Nesta reportaxe do National Geographic podedes ler sobre o misterio que rodea á morte da aviadora.

Deixar un comentario

Arquivado en Mulleres

Outras aviadoras III

Amy Johnson foi outra muller que destacou na aviación. Aquí podedes escoitar un fragmento do programa de radio “Mujeres con historia” que se centra na súa figura.

amy johnson(Procedencia da imaxe)

E aquí unha pequena película, en inglés,  sobre a aviadora:

Nestoutro documento, tamén en inglés, escoitamos á aviadora:

Deixar un comentario

Arquivado en Mulleres

Outras aviadoras II

Carolina Lorenzini, aviadora pioneira arxentina. Nesta páxina, de onde procede a fotografía, podedes atopar máis información sobre a aviadora:

E aquí unha pequena reportaxe que amosa como era o traballo da piloto e cales foron os seus logros:

Deixar un comentario

Arquivado en Mulleres

Outras aviadoras I

Falabamos o outro día  da pioneira Pepa Colomer. Non foi a única, outras mulleres se subiron a avións e tamén surcaron o seu propio camiño entre a néboa cando era moi difícil facelo pola súa condición de mulleres.

Hoxe inauguramos unha pequena homenaxe a todas elas. As entradas irán surcando este blog coma pequenas avionetas que rompen os ceos deixando, tras de si, unha estela que deixa pegada.

Dolors Vives, foi outra muller que tamén sobrevoou os tormentosos e duros ceos da Guerra Civil e serviu, coma Pepa Colomer, á República.

Yo había acudido a la cita con la ex piloto cargado de expectativas. No era para menos. Dolors Vives (Valls, 1909) fue una de las pioneras de la aviación en Cataluña, una de las primeras mujeres en volar y en conseguir el título de piloto. Ella y su colega, Mari Pepa Colomer, también aviadora en la década de 1930 y ambas objeto de continuos homenajes, son recordadas especialmente en la exposición que el Museo Militar de Montjuïc inaugurará el próximo jueves, por su participación en la guerra civil, enroladas en la aviación republicana.

                            ( O fragmento exta extraído desta reportaxe)

Dolors Vives

Fotografía de Dolors Vives extraída desta páxina da  Asociación de Aviadores  da República

Na mesma páxina atopamos estoutra fotografía das dúas aviadoras, colegas e amigas, cos seus compañeiros (todos homes) de aviación:

Vives y Colomer con sus compañeros

Deixar un comentario

Arquivado en Mulleres

“Camino entre la niebla” na reunión

Comezamos febreiro con chuvia, coa acostumada néboa ponteareá e coa neboa da novela que estivemos a ler. A neboa non foi tal, porque os lectores souberon moverse polos camiños neboentos de Jana e da avoa Teresa. Para empezar, non se perderon nela en absoluto. É máis, a nivel formal resultoulles moi doada de ler, máis “lixeira” (Gema dixit) cás anteriores. Fixédevos como será que ata se permitiron o luxo de discutir sobre a pertinencia ou non de posibles elipses na novela!!! É certo que o flan de coco que facía a avoa Teresa esperta os sentidos (e non só os do paladar) de calquera lector.

O flan de coco que facía a avoa Teresa

O flan de coco que facía a avoa Teresa

Con respecto aos temas da novela, os propios lectores foron tirando deles sen necesidade de facerlles  demasiadas preguntas.  Eles mesmos viron xa unha metáfora no título. Explicóunola Guille moi ben, empregando outra: “algunhos protagonistas (coma Jana e a avoa cando era nova) camiñaban a cegas coma buscando o seu propio camiño na vida”. Este atopar o propio camiño é un exercicio que comezamos a facer, de maneira inconsciente, xa desde a infancia, pero que se torna unha actividade máis consciente coa maioría de idade (lembremos que Jana celebra o seu dezaoito anos). E, case sen querelo, atopámonos reflexionando sobre a maioría de idade e o que isto supón. Para Xoán Carlos é unha liña pouco definida e problemática. A Jana, certamente, deulle problemas. Non só o cumplir os dezaoito,senón o que puido facer cando os cumpliu: casar con César. Neste feito algúns viron xenerosidade e outros  insconciencia.Esta voda veu provocada polo racismo que sofría César e, por ende, Jana. O tema do racismo e a xenofobia puxérono sobre a mesa os lectores e comentaron que estaba  moi  presente  na novela.

Outro sobre o que tamén reflexionamos foi a grande esixencia e o altísimo nivel de constancia que se require para ser deportista de élite e tamén para executar( destacar) un traballo que non é o considerado propio dun sexo determinado, como lles acontecía a Jana é á avoa respectivamente. Ambas tiveron que demostrar forza de vontade, decisión , coraxe e valentía nas decisións que foron tomando neses eidos. Nótese como, a este respecto, as personaxes femininas demostran máis valor e comprensión que os masculinos.

Outro aspecto que xenerou certo debate foi o porque da inclusión  de Frankenstein na novela. Mentras que algúns opinaban que se trataba dun guiño á estrutura da novela (estaba constituída por diferentes partes moi diferentes entre si), outros manifestaban a falta de sentido desta inclusión. Outros vimos que a referencia da novela de Mary Shelley queda explicada (e se xustifica) (ainda que sun xeito algo forzado)na dedicatoria que Pepa Colomer lle escribe a Teresa Subirats:

Para Teresa, mi mejor alumna y mi más querida amiga. Con el deseo de que la intensidad de las mejores historias sirva para alejar para siempre los monstruos de tu vida. Nunca dejes de buscar tu camino entre la niebla.

Mari Pepa. Octubre de 1957 (…)”

A novela de Mary Shelley

A novela de Mary Shelley custodiada por Gema, Guille e Luis

O certo é que este asunto “monstruoso”  deu bastante de si. Tal vez se trate dunha novela pouco ensamblada, que nos costa ver coma un todo: a inclusión desta novela gótica,  o mundo da natación ao primeiro e  o da aviación tan tarde… semelláronnos pezas de distintos crebacabezas.

Polo que se refire ás personaxes foron aparecendo calificativos tales como “picajosa” ou “empalagosa” para Jana, “horrorosa” para Francesca ou “inxenua” e “entrañable” para a avoa.

Unha das cousas que máis lles gustou aos lectores foi a relación que mantiñan a avoa/neta. Xoán Carlos coida que sempre é máis doado o papel de avó/a fronte ao de pai/nai e  que, a miúdo, hai máis verdade e que a trasmisión de coñecementos e saberes se fai de modo máis directo e sinceiro nas relacións avó/a e neto/a porque está libre do peso que implica a responsabilidade da paternidade. E contounos un fermoso contiño de esquimais que incidía nesta idea. Neste senso,dicíanos,  o escultor vasco Oteiza (cuxo museo podedes visitar aquí) medía o tempo en avoas e non en séculos.

En fin, con tanta reflexión e tanto conto, non puidemos ver a película que tiñamos prevista, Remando al viento. Será unha das vindeiras compras que fagamos para a biblioteca por se queredes vela.

Quedades emplazados para o primeiro luns lectivo de marzo, día 10, para comentar a novela de Fran Alonso,A punta de pistola publicada por Xerais (da súa páxina está extraída a imaxe da novela).

Aquí podedes ler unha reseña sobre a mesma e nestoutra páxina tedes unha entrevista ao autor. Coma na novela anterior, tamén a toparemos a unha muller desempeñando un oficio encomendado aos homes: conducir a un camión.

Ídelle botando un vistazo ao blog antes dese día porque lle imos adicar varias entradas a esas mulleres con coraxe que se adicaron  a entrar, con valentía, nos oficios considerados masculinos durante moitos anos.

Foron mulleres pioneiras ás que lles debemos algo (ou moito) neste difícil camiño que debemos percorrer ata chegarmos á igualdade de oportunidades para homes e mulleres en todos os eidos.

Deixar un comentario

Arquivado en Camino entre la niebla

A aviación en “Camino entre la niebla”

Como xa sabedes, Jana Holmes, finalmente, descubre quen era a súa avoa, Teresa Subirats: unha muller piloto que fora alumna de Pepa Colomer:

“(…) Pero lo mejor es cuando dice cosas raras. La abuela también le sigue la corriente. Su tema preferido es la mecánica, motores, velocidda, cosas así. ¡Es para troncharse! Una abuelita como ella diciendo palabrejas que ve a saber de qué programa de televisión ha sacado.

Por ejemplo:

_ El problema es el Austro_Daimler. Se calienta demasiado. El Aviatik sería perfecto si lo cambiásemos (…) “

 Páxina 37

“(…) La Noche de la Aviación rinde homenaje a la pionera Mari Pepa Colomer

La Noche de la Aviación, la cita anual que promueve la Escuela de Ingenieros Aeronáuticos y que este año ha celebrado en el Teatro Bartrina de Reus  su tercera edición, estuvo marcada por la nostalgia y el recuerdo. Más de un centenar de personas rindieron homenaje a la pionera de la aviación Mari Pepa Colomer, que murió el pasado 26 de mayo  de un paro cardíaco en el condado de Surrey, Inglaterra, donde vivía. Entre los asistentes al acto había una docena de compañeros de promoción de Colomer, algunos de los cuales habían sido también alumnos suyos en la Escuela de Pilotos Militares de la Generalitat, fundada en octubre de 1936, donde la aviadora ejerció como profesora (…)”

Páxinas 158 e 159

Pepa Colomer

(Procedencia da imaxe)

“(…) Muere la pionera de aviación Mari Pepa Colomer

Mari Pepa Colomer Luque, la primera mujer piloto de la aviación española, murió de un paro cardíaco a los 91 años en la ciudad inglesa de Surrey, donde se había exiliado al acabar la Guerra Civil. Fuentes de la familia informaron que sus cenizas serán trasladadas al cementerio de Reus (Tarragona), de donde era su marido y donde todavía residen algunos parientes lejanos del matrimonio, además de numerosos amigos con los cuales la desaparecida se había mantenido en contacto durante todos estos años.

(Procedencia da imaxe)

La que fue viuda del reusense, también piloto militar, José Carreras, nación en Barcelona en el año 1913, hija de un industrial textil de Sabadell. Obtuvo su carné de aviadora el 18 de enero de 1931, con tan sólo 18 años de edad, lo que la convirtió en la primera mujer piloto de la aviación española y una de las primeras de Europa. En octubre de 1932, Colomer hizo aterrizar un zepelín en el Aeeródromo Aeronaval de Barcelona_ el actual aeropuerto del Prat_, un aproeza que le valió una enorme popularidad en la época. Después de demostrar las 50 horas de vuelo necesarias para obtener la licencia d epiloto, Colomer se convirtió en piloto profesional y empezó a trabajar como instructora de vuelo antes y después del estallido de la Guerra Civil. A partir de octubre de 1936 lo hizo en la recién creada Escuela de Pilotos Militares de la Generalitat.

Pepa Colomer

(Procedencia da imaxe)

Durante el conflicto armado, la aviadora realizó misiones de propaganda para el bando republicano en calidad de oficial del ejército del aire, razón por la cual, una vez terminada la guerra, tuvo que exiliarse en Inglaterra, de donde jamás volvió. Tampoco volvió a volar, según han confirmado fuentes de la familia. En los últimos años, han sido diversos los reconocimientos que se han dispensado a la pionera del aire, entre ellos el prestigioso premio Flyer, que le fue concedido el año pasado en el decurso  de una cena conmemorativa del centenario de la aviación, o el homenaje que la Generalitat le rindió poco después(…)”

Páxinas 160 e 161

(Procedencia da imaxe)

“(…) Las dos acabaron pilotando aviones de combate y ostentando el rango de Oficial del Ejército. Con el fin de la contienda, Mari Pepa tuvo que exiliarse en Inglaterra y nunca más volvió a volar. Teresa sí lo hizo, como piloto comercial, contratada por la compañía Brittish Airways. De hecho, fue la primera mujer en cruzar el Atlántico pilotando un a vión de pasajeros. No dejó de hacerlo hasta el año 1957, cuando pasaron un montón de cosas que la obligaron a cambiar por completo su vida(…)

Páxina 180

Outra imaxe de Pepa Colomer

Nota: durante a realización desta entrada atopei neste blog unha referencia bibliográfica dun libro sobre a vida desta aviadora. A pesar de que non o lin, deixo aquí o seu título, por se fora do voso interese. Está escrito en catalán:

Se premedes sobre a imaxe atoparedes máis información sobre o mesmo

Deixar un comentario

Arquivado en Camino entre la niebla