Arquivos diarios: Febreiro 28, 2014

Outras aviadoras VI

As aviadoras das que falamos nas entradas anteriores voaron, coma ben sabedes, ao principios do século XX. Mais, para que estas voasen tivo que existir primeiro  Madame Blanchard, primeira aeronauta profesional (1778- 1819). Ela foi a primeira muller en subir nun globo aerostático e no 1804 Napoleón concedeulle o título de Ministro Xefe do Aire de Globos Aerostáticos.

(Procedencia da imaxe)

Unha morea de xestas aéreas falan da súa valentía: no 1811 viaxou desde Roma a Nápoles, no 1817 covertiuse na primeira persoa en atravesar os Alpes voando

O 6 de xullo de 1819, mentres ascendía para realizar unha exhibición sobre os Xardíns do Tívoli, en París, o seu globo, cheo de hidróxeno, incendiouse.

(Procedencia da imaxe)

Aquí podedes ver un pequeno documental realizado pola BBC que conta La osada historia de los pioneros de los globos aerostáticos.

Advertisement

Deixar un comentario

Arquivado en Mulleres