Arquivos diarios: Febreiro 24, 2014

Outras aviadoras IV

Amelia Earhart, foi unha aviadora que sobrevoou o Pacífico e se perdeu nel.

Na película Amelia nárrase como foi a vida desta aviadora e a súa particular odisea.

Nesta páxina atoparedes moita información sobre a piloto. E se pinchades aquí entrades no seu museo. E nestoutra, en inglés, podemos ver moitas imaxes da mesma(algunhas son as que seguen) e algúns dos seus soños.

Amelia Earhart

earhart-20a

O seu soño foi dar a volta ao mundo, coma nós o curso pasado, co señor Fogg. Pero ela foi máis intrépida e non o fixo cos libros. Fíxoo na súa avioneta e este era o seu plan de voo:

flight-route

A liña continua representa o roteiro realizado. No cadro rosa é onde se supón que se perdeu a avioneta.

Nesta reportaxe do National Geographic podedes ler sobre o misterio que rodea á morte da aviadora.

Deixar un comentario

Arquivado en Mulleres