“Camino entre la niebla” na reunión

Comezamos febreiro con chuvia, coa acostumada néboa ponteareá e coa neboa da novela que estivemos a ler. A neboa non foi tal, porque os lectores souberon moverse polos camiños neboentos de Jana e da avoa Teresa. Para empezar, non se perderon nela en absoluto. É máis, a nivel formal resultoulles moi doada de ler, máis “lixeira” (Gema dixit) cás anteriores. Fixédevos como será que ata se permitiron o luxo de discutir sobre a pertinencia ou non de posibles elipses na novela!!! É certo que o flan de coco que facía a avoa Teresa esperta os sentidos (e non só os do paladar) de calquera lector.

O flan de coco que facía a avoa Teresa

O flan de coco que facía a avoa Teresa

Con respecto aos temas da novela, os propios lectores foron tirando deles sen necesidade de facerlles  demasiadas preguntas.  Eles mesmos viron xa unha metáfora no título. Explicóunola Guille moi ben, empregando outra: “algunhos protagonistas (coma Jana e a avoa cando era nova) camiñaban a cegas coma buscando o seu propio camiño na vida”. Este atopar o propio camiño é un exercicio que comezamos a facer, de maneira inconsciente, xa desde a infancia, pero que se torna unha actividade máis consciente coa maioría de idade (lembremos que Jana celebra o seu dezaoito anos). E, case sen querelo, atopámonos reflexionando sobre a maioría de idade e o que isto supón. Para Xoán Carlos é unha liña pouco definida e problemática. A Jana, certamente, deulle problemas. Non só o cumplir os dezaoito,senón o que puido facer cando os cumpliu: casar con César. Neste feito algúns viron xenerosidade e outros  insconciencia.Esta voda veu provocada polo racismo que sofría César e, por ende, Jana. O tema do racismo e a xenofobia puxérono sobre a mesa os lectores e comentaron que estaba  moi  presente  na novela.

Outro sobre o que tamén reflexionamos foi a grande esixencia e o altísimo nivel de constancia que se require para ser deportista de élite e tamén para executar( destacar) un traballo que non é o considerado propio dun sexo determinado, como lles acontecía a Jana é á avoa respectivamente. Ambas tiveron que demostrar forza de vontade, decisión , coraxe e valentía nas decisións que foron tomando neses eidos. Nótese como, a este respecto, as personaxes femininas demostran máis valor e comprensión que os masculinos.

Outro aspecto que xenerou certo debate foi o porque da inclusión  de Frankenstein na novela. Mentras que algúns opinaban que se trataba dun guiño á estrutura da novela (estaba constituída por diferentes partes moi diferentes entre si), outros manifestaban a falta de sentido desta inclusión. Outros vimos que a referencia da novela de Mary Shelley queda explicada (e se xustifica) (ainda que sun xeito algo forzado)na dedicatoria que Pepa Colomer lle escribe a Teresa Subirats:

Para Teresa, mi mejor alumna y mi más querida amiga. Con el deseo de que la intensidad de las mejores historias sirva para alejar para siempre los monstruos de tu vida. Nunca dejes de buscar tu camino entre la niebla.

Mari Pepa. Octubre de 1957 (…)”

A novela de Mary Shelley

A novela de Mary Shelley custodiada por Gema, Guille e Luis

O certo é que este asunto “monstruoso”  deu bastante de si. Tal vez se trate dunha novela pouco ensamblada, que nos costa ver coma un todo: a inclusión desta novela gótica,  o mundo da natación ao primeiro e  o da aviación tan tarde… semelláronnos pezas de distintos crebacabezas.

Polo que se refire ás personaxes foron aparecendo calificativos tales como “picajosa” ou “empalagosa” para Jana, “horrorosa” para Francesca ou “inxenua” e “entrañable” para a avoa.

Unha das cousas que máis lles gustou aos lectores foi a relación que mantiñan a avoa/neta. Xoán Carlos coida que sempre é máis doado o papel de avó/a fronte ao de pai/nai e  que, a miúdo, hai máis verdade e que a trasmisión de coñecementos e saberes se fai de modo máis directo e sinceiro nas relacións avó/a e neto/a porque está libre do peso que implica a responsabilidade da paternidade. E contounos un fermoso contiño de esquimais que incidía nesta idea. Neste senso,dicíanos,  o escultor vasco Oteiza (cuxo museo podedes visitar aquí) medía o tempo en avoas e non en séculos.

En fin, con tanta reflexión e tanto conto, non puidemos ver a película que tiñamos prevista, Remando al viento. Será unha das vindeiras compras que fagamos para a biblioteca por se queredes vela.

Quedades emplazados para o primeiro luns lectivo de marzo, día 10, para comentar a novela de Fran Alonso,A punta de pistola publicada por Xerais (da súa páxina está extraída a imaxe da novela).

Aquí podedes ler unha reseña sobre a mesma e nestoutra páxina tedes unha entrevista ao autor. Coma na novela anterior, tamén a toparemos a unha muller desempeñando un oficio encomendado aos homes: conducir a un camión.

Ídelle botando un vistazo ao blog antes dese día porque lle imos adicar varias entradas a esas mulleres con coraxe que se adicaron  a entrar, con valentía, nos oficios considerados masculinos durante moitos anos.

Foron mulleres pioneiras ás que lles debemos algo (ou moito) neste difícil camiño que debemos percorrer ata chegarmos á igualdade de oportunidades para homes e mulleres en todos os eidos.

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Camino entre la niebla

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s