Arquivo da categoría: A volta ao mundo en 80 días

“21 de decembro do 1872”

“-Non esqueza que ten que estar de volta…-observou Andrew Stuart.

-Dentro de oitenta días -respondeu Mr. Fogg-. O sábado 21 de decembro de 1872, ás oito e corenta e cinco da noite. Ata vernos, señores”

(Páx. 40 da edición de Xerais)

“E o sábado 21 de decembro, ás oito e corenta e cinco da noite, ¿reaparecería, como un deus da exactitude, na soleira do salón do Reform Club?(…)

“Aquela noite, os cinco colegas do gentleman levaban nove horas reunidos no salón nobre do Reform Club. Os dous banqueiros, John Sullivan e Samuel Fallentin, o enxeñeiro Andrew Stuart, Gauthier Ralph, administrador do Banco de Inglaterra, o cervexeiro Thomas Flanagan, todos agardaban con ansiedade.

No momento en que o reloxio do gran salón deu as oito e vintecinco, Andrew Stuart ergueuse e dixo:

-Señores, dentro de vinte minutos remata o prazo acordado entre Phileas Fogg e máis nós.

-¿A que hora chega o último tren de Liverpool? -preguntou Thomas Flanagan.

-Ás sete e vintetrés, -respostou Gauthier Ralph- e o tren seguinte non chega ata as doce e dez.

-Pois ben, señores, -proseguiu Andrew Stuart- se Phileas Fogg chegara no tren das sete e vintetrés, xa estaría aquí. E, xa que pois, nós podemos considerar gañada a aposta.(…)

“A agulla marcaba neste momento as oito e corenta e dous. Os xogadores colleran as cartas; pero, a cada instante, a súa ollada fixábase no reloxio. ¡Pódese afirmar que, fose cal fose a súa seguranza, endexamais lles pareceran os minutos tan longos!

-As oito e corenta e tres- anunciou Thomas Flanagan…

-¡As oito e corenta e catro! -dixo John Sullivan…

Un minuto máis, e a aposta estaba gañada.

Ó cuadraxésimo segundo, nada. ¡Ó quincuaxésimo, tampouco!

No quincuaxésimo quinto, oíuse coma un trono fóra, aplausos, vivas, e tamén imprecacións, que se propagaban coma nun rolar continuo.

Os xogadores erguéronse.

Ó quincuaxésimo sétimo segundo, abriuse a porta do salón; e o péndulo aínda non sinalara o sesaxésimo segundo, cando apareceu Phileas Fogg, seguido dunha multitude delirante que forzara a entrada do clube, e dixo coa súa voz calma:

-Velaquí estou, señores.

(Páxinas 263, 264 e 265 da edición de Xerais )

E, efectivamente, o día sinalado á hora sinalada, Phileas Fogg chegou a Londres logo de facer a volta ó mundo en 80 días.

Aquí remata a súa volta e  o noso calendario de citas, pero nós continuamos a nosa viaxe: en xaneiro imos ó Congo,  á selva,  despois de pasar en novembro polo deserto e en decembro pola neve, como xa sabedes.

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en A volta ao mundo en 80 días

“20 de decembro do 1872”

“No seguinte día, o 20, foi a murada, a empavesada, a obra morta e a maior parte da cuberta. O “Henrietta” non era máis do que un barco raso coma un pontón.

Pero, naquel mesmo día avistaron a costa de Irlanda e o faro de Fastenet.”

(Fragmento de “A volta ao mundo en oitenta días de Ed. Xerais)

E nós ó avistar Irlanda lembramos uns cantos nomes da literatura universal procedentes deste país:

(Procedencia da imaxe)

JAMES JOYCE, nacido en Dublín no ano 1882.

Citamos tres obras deste autor levadas ó cine:

*O “Ulises” é unha das obras cumbre da literatura universal e tamén unha das que impón máis respeto adentrarse nela, será por iso que nos atopamos  páxinas coma esta,  que nos da unhas recomendacións para perderlle o medo: “Guía para perder el miedo al Ulises de Joyce”

A versión cinematográfica do “Ulises”  é de Joseph Strick do ano 1967.

*“Retrato del artista adolescente”,podedes lela online picando sobre o título. Esta obra foi levada tamén ó cine por Joseph Strick no 1977.

* E para rematar recomendamos Dublineses”, obra de Joyce levada tamén ó cine por John Huston no 1987.

(Procedencia da imaxe)

OSCAR WILDE, nacido tamén en Dublín no 1854.

Deste autor recomendamos un par de obras das que se fixeron adaptacións cinematográficas e que temos na biblioteca do centro:

“La importancia de llamarse Ernesto”que podedes atopar xunto coa película na sección da biblioteca “Cine e literatura”. (Picando sobre o título tedes o enlace a un arquivo pdf, por se queredes lelo online)

E tamén “El retrato de Dorian Gray”(Picando sobre o título tedes o enlace a “bibliotecas virtuales”, onde o podedes ler online)

Aquí vos deixamos o trailer desta segunda película

Outras obras de Oscar Wilde coma “El crimen de lord Arthur Saville” e “El fantasma de Canterville” tamén as podedes atopar na biblioteca.

(Procedencia da imaxe)

SAMUEL  BECKETT, nacido en Dublín no ano 1906, premio Nobel de literatura no 1969.  Podedes obter información sobre o autor neste enlace.

Nós pechamos a entrada “Esperando a Godot”, obra de Beckett escrita a  finais dos 40  e enmarcada no teatro do absurdo.

2 Comentarios

Arquivado en A volta ao mundo en 80 días, Cine, Recomendacións

“19 de decembro do 1872”

“O día seguinte, 19 de decembro, devorou o lume ós mastros, a arboradura e as berlingas. Botaron a baixo os paus e puxéronos en cachos a golpe de machada. A tripulación traballaba con azos increíbles. Passepartout, tallando, cortando e serrando, facía o traballo de dez homes. Era a furia da demolición.”

(Fragmento de “A volta ao mundo en oitenta días de Ed. Xerais)

Deixamos ós nosos amigos, Phileas Fogg e Passepartout loitando por chegar a Liverpool e recordemos que a ruta que estaban facendo desde América ó Reino Unido, era a ruta inversa á que fixeron milleiros de escravos no século XVIII.

Unha das principais causas da riqueza de Liverpool entre os anos 1730 e 1770 foi a trata de negros, e entre estes anos saíron de Liverpool unhas 2.000 naves negreiras, e calcúlase que no espazo de once anos máis somentes estas naves transportaron ás colonias de América arredor de 300.000 escravos. Ó final do século XVIII Liverpool controlaba máis do 40%   do comercio de escravos de Europa e o 80% do Reino Unido.

Un par de películas de época que abordan este tema:

Almas en el mar (película do 1937, protagonizada por Gary Cooper)

Amistad, dirixida por Steven Spielberg  e protagonizada por Morgan Freeman, Anthony Hopkins, entre outros.

Deixar un comentario

Arquivado en A volta ao mundo en 80 días, Cine

“17 de decembro do 1872”

“É tempo de falarmos aquí do reviramento da opinión pública producido no Reino Unido cando se soubo que fora detido o verdadeiro ladrón do Banco -un tal James Strand-, que se levara a efecto o 17 de decembro, en Edimburgo.”

(Fragmento de “A volta ao mundo en oitenta días” de Edicións Xerais)

Pois a Edimburgo nos imos, onde se desenvolve a acción da nosa recomendación lectora:

“La mecánica del corazón” de Mathias Malzieu.

(Procedencia da imaxe)

Na contraportada do libro dísenos: “Imagina la noche más fría de la historia. La nieve cae sobre la ciudad de Edimburgo. En lo alto de una colina nace el pequeño Jack, pero su corazón está dañado. Y por eso necesitará reemplazarlo por un reloj de madera, un corazón artificial del que dependerá su vida. Acompañemos a Jack en su aventura quijotesca desde las frías callejuelas escocesas hasta una radiante ciudad andaluza, en busca del amor. Pero, ¡cuidado!, Jack debe seguir unas reglas para sobrevivir:

Uno: NO TOQUES LAS AGUJAS.

Dos: DOMINA TU CÓLERA

Tres: NO TE ENAMORES NUNCA.

LA MECÁNICA DEL CORAZÓN DEPENDE DE ELLO.

Deseemos suerte a Jack, y recuerda que, como en este cuento para niños grandes, todos hemos sufrido alguna vez por nuestro voluble corazón”

Se vos animades a lelo, podedes collelo na biblioteca do centro. Hai varios exemplares.

O autor, Mathias Melzieu, é cantante dun grupo de pop moi coñecido en Francia, Dionysos

O sexto album deste grupo é precisamente: “A mecánica do corazón”, no que cada canción é un capítulo da novela e que, ademais é la banda sonora da adaptación cinematográfica da novela por Luc Besson.

Aquí vos deixamos o vídeo co tema título do libro (así soa a mecánica do corazón)

Deixar un comentario

Arquivado en A volta ao mundo en 80 días, Cine, Música, Recomendacións

“16 de decembro do 1872”

“O 16 de decembro era o septuaxésimo quinto día decorrido despois da saída de Londres. E pois, o “Henrietta” aínda non levaba un atraso inquietante. Pouco máis ou menos, a metade da travesía estaba feita, e as peores paraxes pasáranas xa. Se fose no verán, podíase responder do éxito. Ó ser inverno, estaban a mercede do mal tempo. Passepartout non se pronunciaba. No fondo, el tiña esperanza; pois, aínda que o vento fallase, ó menos contaban co vapor.

Ora, aquel día, subíu á cuberta o maquinista, foi cabo de Phileas Fogg e púxose a falar animadamente con el.

Sen saber o porque, -un presentimento, sen dúbida- Passepartout sentiu unha certa inquietude. El daría unha das súas orellas por escoitar coa outra o que falaban alí. De calquera maneira, puido coller algunhas verbas, e, entre outras, estas pronunciadas polo seu amo:

-Vostede está certo do que di?

-Certo, señor -respondeu o maquinista-. Non esqueza que, desque saímos, estamos a navegar con tódolos fornos acesos; e por máis que tiñamos carbón abodo para irmos a baixa presión desde Nova York  a Burdeos, non témo-lo bastante para irmos a todo vapor de Nova York a Liverpool!”

(Fragmento de “A volta ao mundo en oitenta días” de Edicións Xerais)

Pois mentras agardamos a que Phileas Fogg chegue a Liverpool, nós xa nos adiantamos e imos recalar nesta cidade. O que nos permite incluír esta entrada na categoría “Música”, entre outras cousas.

Na Wikipedia, dísenos desta cidade que “a popularidade dos Beatles e do equipo de futbol contribúen a convertir Liverpool nun destino turístico, este sector desempeña un papel significante na economía da cidade”

Nós atendemos ó primeiro reclamo: The Beatles.

Esta banda procede de Liverpool, os seus compoñentes foron: John Lennon (que se converteu nun mito trala súa tráxica morte), Paul McCartney (co-fundador do grupo xunto con Lennon), George Harrison e Ringo Starr (último en incorporarse ó grupo). Són un dos grupos con máis éxitos e discos vendidos na historia da música pop. O seu maior impacto dase nos anos 60, pero continúa a partir daí. Incluso despois da súa disolución oficial como grupo no 1970.

John Lennon, como diciamos, converteuse  nun mito trala súa morte a mans de Mark David Chapman, un perturbado que cometeu o crime para pasar á historia por iso.

Como curiosidade, dicir que deixou no Hotel Sheraton as súas pertenenzas para que a policía o encontrara e comprou un exemplar da novela The Catcher in the Rye”  (“El Guardián entre el Centeno”) * de Salinger, no que escribíu “Esta é a miña declaración” e firmouno coma “Holden Caulfield”. Abatíu a Lennon de 5 tiros e agardou no lugar á chegada da policía. Parece que este libro é o preferido de varios asasinos en serie. (Menuda gloria! pero o libro merece a pena)

*(picade sobre o título en castelán para lelo online; para unha reseña do libro, picade sobre o título en inglés. Tamén o tedes na biblioteca do centro)

(Procedencia da imaxe)

E como esta entrada ía ser de música, acabamos deixándovos o  vídeo do supercoñecido tema de John Lennon “Imagine”, tamén porque nestes tempos que corren necesítase moita imaxinación para tirar para adiante.

Deixar un comentario

Arquivado en A volta ao mundo en 80 días, Música, Recomendacións

” 13 de decembro de 1872″

“(…) Una hora después, el vapor Henrietta rebasaba el light boat que señala la entrada del Hudson, doblaba la punta de Sandy Hook y salía a mar abierto. Durante la jornada costeó Long Island hasta la altura del faro Fire Island y luego puso rápidamente rumbo hacia el este.

( Procedencia da imaxe)

Al día siguiente, 13 de diciembre, un hombre subió al puente para tomar la altura. Debería darse por supuesto que este hombre era el capitán Speedy… Pues nada de eso. Se trataba de Phileas Fogg, esq.(…)”

La vuelta al mundo en ochenta días, editorial SM, Clásicos Universales ( páx 265)

Imos deternos nos faros. Sempre me pareceron moi poéticos os faros, por iso de ser guía nas tormentas ou na escuridade. Por iso de que a luz era capaz de vencer a inmensidade do mar. Sería porque cando era adolescente lin o poema de Garcilaso “Pasando el mar Leandro el animoso” e souben da historia de Hero e Leandro

                                                                  ” A despedida de Hero e Leandro” de W. Turner ( Procedencia da imaxe)

Tamén lembro, de pequena ter lido unha adaptación de El faro del fin del mundo, do mesmo autor da novela coa que estamos traballando. Esa lectura, agora entre néboas na memoria, contribuiu, sen dúbida, á miña fascinación polos faros. Xa non lembro agora que adaptación habería na biblioteca do colexio, na nosa, temos a edición que publicou Vicens Vives.

  ( Procedencia da imaxe)

Tal vez sexa a  soidade dos faros o máis atractivo deles. Soidade que  se deixa ver en La reina de las nieves, de Carmen Martín Gaite ( de novo, Carmen, coas súas historias intimistas ) publicada pola editorial Anagrama.

( Procedencia da imaxe)

E tamén na película de Eduardo Mignogna, El faro del sur. Aquí tedes a ficha técnica da película, e aquí unha crítica

( certamente si toma coma punto de partida o “desnivel”), pero o mellor é ver a historia das dúas irmás, Meme e Aneta:

( Unha marabilla para quen queira perderse na orfandade destas dúas irmáns) ( E atopar un faro)

( Fixádevos na muller que está na parte de atrás do coche, é Norma Leandro, unha das actrices de raza que aínda quedan. Tamén traballou, por certo,  en Cleopatra, do mesmo director)

Quedamos con outro faro do sur, este é de Sopa de Cabra

( será que a lingua ás veces tamén pode ser un faro?)

Deixar un comentario

Arquivado en A volta ao mundo en 80 días, Cine, Recomendacións

” 12 de decembro de 1872″

” (…) El señor Fogg, la señorita Auda, Fix y Passepartout cruzaron el Hudson en el Jersey City Ferry Boat*, y subieron a un coche de punto, que les llevó al hotel Saint Nicholas, en Broadway. Una vez en sus respectivas habitaciones, la noche transcurrió, corta para Phileas Fogg, que durmió maravillosamente bien, pero muy larga para la señorita Auda y sus compañeros, a los que la agitación no les permitió descansar.

El día  siguiente era el 12 de diciembre. Del 12, a las siete de la mañana, al 21, a las ocho cuarenta y cinco minutos de la tarde, quedaban nueve días, trece horas y cuarenta y cinco minutos. Si Phileas Fogg hubiera zarpado la víspera en el China, uno de los barcos más rápidos de la línea Cunard, habría llegado a Liverpool, y luego a Londres, en el plazo previsto…

El señor Fogg salió del hotel, solo, después de recomendar a su criado que le esperara y que avisara a la señorita Auda de que estuviera preparada para salir en cualquier instante.(…)”

“La vuelta al mundo en ochenta días”, edtitorial Vicens Vives

* Nota da edición citada: ” Transbordador de la ciudad de Jersey”  lleva a los viajeros a Broadway, gran avenida de Nueva York hoy famosa por sus numerosos cines y teatros.  Como lestes no artigo anterior, no “Camiño ancho” actuaron moitos artistas coñecídismos por todos. Unha delas é Barbara Streisand.

Cruce Brodway 5ª Avda I

( Cruce das súas avenidas principais da cidade: Broadway e a Quinta avenida) A fotografía foi tomada por Olga.

Imos ver algún musical ( por seguir co roteiro, nocturno, de Nova Iorque). É obrigado parar no Cotton Club

para ver a película de Coppola. Témola na biblioteca, na sección de Musicais.

Mais , para ver o Nova Iorque diurno vai ser Olga quen nos guíe pola gran cidade. E, ainda que podería ir soa, posto que coñece ben a cidade, vaina acompañar Frank Sinatra, que sei que lle gusta.

Á súa maneira” imos empezar con Desayuno con diamantes, novela de Truman Capote, levada ao cine por Blake Edwards. 

Velaquí tedes a ficha técnica da película ( coa marabilla de Audrey Hepburn) e  o incio da mesma:

Poderíamos subir ao taxi de Robert de Niro ( de quen xa coñecemos o seu momento vulnerable), pero Olga prefire que “andemos ” os parques.

MINOLTA DIGITAL CAMERA

A foto foi  tomadas por Olga no Battery Park. Recolle unha das moitas das actividades que se poden ver a diario. Nesta ocasión os nenos están escoitando un conto que un narrador lles está lendo.

Como seguimos cos parques non nos queda máis remedio que falar do Central Park ( un parque literario onde os haxa).  A onde irán os patos deste lago cando xea? Antes de entrar no parque paramos no The metropolitan Museo of Art , no que estes días se pode ver unha exposición de Matisse.

Así o viu Olga o Central Park:

MINOLTA DIGITAL CAMERA

E así nolo describe Carmen Martín Gaite en Caperucita en Manhattan publicada por Siruela:

” ( …) Se trata de una isla en forma de jamón con un pastel de espinacas en el centro que se llama Central Park. ES un gran parque alargado por donde resulta excitante caminar de noche, escondiéndose de vez en cuando detrás de los árboles por miedo a los ladrones y asesinos que andan por todas partes y sacando un poquito la cabez para ver brillar las luces de los anuncios y de los rascacielos que flanquean el pastel de espinacas, como un ejército de velas encendidas para celebrar el cumpleaños de un rey milenario.(…)”

               ( Procedencia da imaxe)

Neste enlace hai un estudo na novela, pero vale a pena lela para coñecer a Sara Allen, a súa avoa, quen, por certo,  foi cantante de music hall e a Miss Lunatic, que sabe como se debe vivir a vida. E que é o verdadeiro espíritu da Estatua da Liberdade.

MINOLTA DIGITAL CAMERA

                                                                                                                ( Foto de Olga)

” (…) A la luz de la linternita de Sara, miss Lunatic le fue marcando con el dedo el itinerario de su pasadizo subacuático desde la islita de la Libertad, hasta un lugar de Battery Park, lindando ya con City Hall, el barrio de los finacieros. A sara, que acababa de leer por aquellos días La isla del tesoro, le parecía que las explicaciones tan detalladas y concretas de miss Lunatic tenían algo de informe secreto y algo de confesión deliberada, como dando por hecho que tendría que servirse en breve de aquellos datos.

_ Atiende, fíjate bien. ¿Ves ahí una cruz pequeña? Es la iglesia de Nuestra Señora del Rosario. Ahora cruza esta raya marrón y estás en Battery Park. ¿Ves la setación terminal del ferry a la isla? Pues justo entre la iglesia y la terminal del ferry, ahí verás una boca de alcantarilla pintada de rojo con un pequeño poste al lado. (…)”

                                 Martín, Gaite, Carmen, Caperucita en Manhattan

E quédanos por ver a cidade dos rañaceos. O arquitecto Rem Koolhaas en Delirio de Nueva York escribe na introducción do libro:

“(…) Manhattan es la piedra Roseta del siglo XX. No solo buena parte de su superficie está ocupada por mutaciones arquitectónicas ( Central Park o los rascacielos), fragmentos utópicos ( el Rockeller Center o el edificio de la ONU) y fenómenos irracionales ( el Radio City Music Hall), sino que además cada manzana está cubierta con varios estratos de arquitectura fantasma en forma de antiguos ocupantes, proyectos abortados y fantasía populares, que porprocionan imágenes alternativas a la Nueva York que existe.(…) ( páxina 9 do libro citado, publicado pola editorial Gustavo Gili)

Na cuberta do libro aparece o cadro de Madelon Vriesendorp titulado “Después del amor”

                                                                                          ( Procedencia da imaxe)

Fltiron Building II

                                                                                             ( O flatiron building)

Son tristemente coñecidas a s Torres Xemelgas polo atentado do 11S, pero podesdes ver que se sinte se vedes Nova Iorque polo aire, baixo os pés dun funambulista francés: Philippe Petit, quen atravesou as torres rozando as nubes. Esta odisea do equilibrio aparece recollida na película Man on Wire.

Aquí tedes o trailer:

Gracias, Rodrigo, por subirme tan arriba!

E xa rematamos o roteiro pola grande urbe. A nós deunos tempo a ver máis cousas que ao señor Fogg e compañía. Sempre é mellos non facer apostas e dispoñer de tempo ( moito) para pasear as cidades sen présa. Se queredes coñecer Nova Iorque aquí tedes dous pasaportes: Woody Allen e Billy Wilder.

Así sona  Manhattan, de Woody Allen:

Outro billete que podedes sacar para chegar ata alí é, por suposto, Poeta en Nueva York, de F.G. Lorca.

Enrique Morente e Lagartija Nick no seu “Omega” cantan así á aurora de Nueva York:

Entre dos nuncas. El recién llegado
contempla el cielo encajonado
entre dos muros, entre dos sombras, entre dos silencios,
entre dos nadas.
Sentado sobre su banco de cemento
saca de su bolsillo unos trozos de pan,
los desmiga. Da de comer a las palomas.

José Hierro, de Cuaderno de Nueva York, 1998

Deixar un comentario

Arquivado en A volta ao mundo en 80 días, Cine, Nova Iorque, Recomendacións