Arquivos mensuais: Maio 2015

Babel

Faise difícil atopar unha obra que aborde a temática das linguas (os dereitos, os coidados, as orixes, os usos, os desusos… das mesmas) na que non apareza Babel. Esta, claro, non é a excepción. Na páxina 61, no diálogo que manteñen Luci e o Arcanxo, podemos ler:

“(…) LUCI: Quizais o xurado deba reflexionar sobre o feito de que todas as linguas teñen fronteiras, unha máis amplas e outras menos, pero non hai polo de agora unha lingua universal. Segundo ese argumento todas as linguas son inútiles.

ARCANXO: exacto, son a consecuencia da soberbia humana, xa desde a torre de Babel(…)”

 Pieter Brueghel ( autor tamén do cadro que aparece na cuberta das primeiras edicións que sacou ao prelo a editorial Alfagura da obra Ensayo sobre la ceguera, de José Saramago) pinta así “A torre de Babel”:

Desta torre xa se nos fala na Biblia, concretamente no libro do Xénese (Antigo Testamento). Babel é o lugar no que Jahvé ( Deus) confundiría aos homes ao darlles a posibilidade e o poder de que falasen linguas diferentes. O feito provocaría a dispersión dos homes en tribus ou grupos. Pregunta: son as linguas as que nos dividen? Ou son os intereses económicos, sociais… dos falantes (ou dun grupo de falantes) as que dividen as linguas e estas, o uso das mesmas, é o que nos achega? Son todas as linguas iguais? Ou unhas máis iguais ca outras (teño que dicir esta expresión ainda que non poida pedirlle permiso a Orwell)?

Falantes que falades linguas (algunha menos igual cá outra), que pensades?

E se falamos de Babel e da torre, non podo pechar a entrada sen recomendar a película Babel, de Alejandro González Iñárritu. Aquí vos queda o trailer da mesma:

A película completa a chamada Triloxía da morte do citado director. As películas que a preceden son Amorres perros e 21 gramos.

Advertisement

Deixar un comentario

Arquivado en Cine, Comedia bífida

Músicas do Xuízo Final (4)

“(…) Escuro total de súpeto. Para marcar esta transición _ que deberá completarse o máis rapidamente posible_, e así mesmo as outras similares a ela ao longo da obra, pode soar mentres dure a escuridade unha música que contribúa a crear unha atmosfera difusa, etérea, un clima onírico. Se cadra os primeiros segundos do Preludio á sesta do fauno de Debussy resulten axeitados(…)”

Páxina 44 da edición citada

A composición está inspirada nun poema de Mallarmé. Aquí podedes ler o poema e nestoutra páxina máis textos do poeta.

“(…) Escuro de súpeto, soa a música de Debussy uns instantes de modo que DIÑA poida regresar ao seu banco de acusada e poñer a chaqueta, e a AMIGA teña tempo de desaparecer cos carriños. tras isto, o escenario recupera de vagar a súa luz. (…)”

Páxina 51 da edición citada

Para coñecer a importancia do preludio debemos saber que non é cousa pouco importante, pois trátase da sesta dun fauno. E non sabemos como dormen os faunos, pero quen fora fauno para durmir con isto…

Algo deben de ter os faunos que ata Picasso os pintou e fíxoo así:

                         “Fauno descubrindo a unha muller” (podedes ler aquí información sobre os debuxos que o pintor fixo de faunos, centauros e minotauros)

E aquí vos queda unha pequena curtametraxe animada de Juan Pablo Etcheverry, Minotauromaquia, inspirada na obra picassiana:

Nota á marxe: se falamos de touros, nós discrepamos (e moito!) con Piasso. Sobre as corridas de touros (e outros asuntos varios) opinamos como Larra.

Deixar un comentario

Arquivado en Comedia bífida, Música

Músicas do Xuízo Final (3)

SAN PEDRO

(Rutilante) Grazas, moitas grazas. (Pousa o libro derriba da súa mesa.) Ben, volvamos ao xurado. Dicíalles que teñen dúas cartolinas, unha azul e outra vermella. Se a maoiría escolle azul… (Soan, atronadores, os vinte e seis primeiros segundos dos coros do Aleluia, do Mesías de Händel, mentres o ARCANXO xunta as mans, en actitude arrebatada, LUCI tapa os oídos e o escenario inúndase de súpeto dunha suave e celestial luz azul.)

Pero se a maioría escolle vermello…  (Escóitase, a maior volume aínda, os primeiros vinte e sete segundos da obertura da ópera O holandés errante, de Wagner. O ARCANXO tapa os oídos, aterrado, LUCI brinca, exaltada, e o escenario escurécese cunha terrible luz vermella.)

Páxina 33 da edición citada na entrada anterior

Deixar un comentario

Arquivado en Comedia bífida, Música

Músicas do Xuízo Final (2)

“(…) Unha vez que os ANXOS desaparecen déixase oír con forza un fragmento de canto gregoriano(…)” Páxina 17 de Comedia bífida, Galaxia

Monxes de Silos (que nos lembra ao mester de clerecía e a Gonzalo de Berceo* ) cantando o Introitus Spiritus Domini:

* Antonio Machado a Gonzalo de Berceo:

MIS POETAS

El primero es Gonzalo de Berceo llamado,
Gonzalo de Berceo, poeta y peregrino,
que yendo en romería acaeció en un prado,
ya quien los sabios pintan copiando un pergamino.
Trovó a Santo Domingo, trovó a Santa Maria.
y a San Millán, ya San Lorenzo y Santa Oria.
y dijo: mi dictado non es de juglaría ;
escrito lo tenemos ; es verdadera hÍstoria.
Su verso es dulce y grave; monótonas hileras
de chopos invernales, en donde nada brilla ;
renglones como surcos en pardas sementeras,
y lejos, las montañas azules de Castilla.
El nos cuenta el repaire del romeo cansado ;
leyendo en santorales y libros de oración,
copiando historias viejas, nos dice su dictado,
mientras le sale afuera la luz del corazón.

                                                                                 (Imaxe extraída de aquí)

Deixar un comentario

Arquivado en Comedia bífida, Música

As músicas do Xuízo Final (1)

Mentras ledes, imos deixando aquí as músicas que se escoitan no Xuízo Final de Comedia bífida.  Di o autor nos preliminares que “no interior da sala de representación debe reinar unha semiescuridade eclesial, o olor a incienso percibirase con forza nada máis entrar e unha música a volume moderado, o Réquiem de Mozart, a Sinfonía número 6 , “Patética” de Tchaikovsky… envolverán o público segundo entre.”

Cal preferides vós?

O Réquiem soa así:

E  a Sinfonía número 6 así:

Non sempre entramos nunha obra escoitando algo tan fermoso…

 

Deixar un comentario

Arquivado en Comedia bífida, Música

Comedia bífida

Nunha semana rematamos. E facémolo cun xuízo. O final, nin máis nin menos. O que nos propón Manuel Núñez Singala en Comedia bífida. Aquí queda unha guía de lectura da mesma feita pola Biblioteca do Instituto “Ramón María Aller Ulloa”

A obra que estamos a ler é unha reflexión sobre a situación de diglosia que padece o galego e a responsabilidade que os falentes temos coas linguas:

LUCI

Entón que, independentemente de ser boas ou malas persoas, todo o mundo ten unha certa obriga moral coa súa terra, co seu país, coa súa cultura e, neste caso, coa súa lingua; coa lingua que falaron os seus antepasados, que falan aínda a maioría das persoas da súa comunidade. É a fidelidade a esa obriga o que se xulga hoxe, non outra cousa.

Foi levada aos escenarios pola compañía Nobicarelo teatro. Aquí vos queda un cachiño da peza no escenario:

Deixar un comentario

Arquivado en Comedia bífida

Seguir o fío

Xa estaredes metidos de cheo no xuízo final de Comedia bífida, obra que comentaremos o luns 1 de xuño. Mais,antes de meternos no xulgado da comedia,queremos deixar unhas imaxes do que aconteceu na xuntanza anterior. O marco no que se desenvolveu foi ben diferente. Tivemos a honra de sermos os primeiros en ver a exposición Seguindo o fío.

Liño 034

Exposición na biblioteca sobre o liño que recolle o proceso de traballo do liño: desde a semente ata as prendas. É unha exposición de Avelino Sierra que nos deixou en préstamo para o IES Val do Tea. Grazas , Avelino,pola túa xenerosidade e xentileza!

A exposición inaugurouse case mentras nós comentabamos a obra Tres sombreros de copa. De feito, mentras falabamos da peza e comiamos o biscoito que nos preparou a nai de Elisa (mil grazas!), Xoan Carlos ultimaba os detalles da exposición.

O pastel que trouxo Elisa

O pastel que trouxo Elisa

 

A xuntanza lectora

A xuntanza lectora

 

 

a exposición que nos miraba

A exposición que nos miraba

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Liño e teatro absurdo

Liño e teatro absurdo

Podedes vir ver as dúas cousas aínda: a exposición e Tres sombreros de copa.

E mentras, despois, antes (ou no adverbio que máis vos preste) podedes ler a Uxío Novoneyra, que di:

 

A fiandeira namorada podería tocar este fío

A fiandeira namorada podería tocar este fío

 

 

 

Deixar un comentario

Arquivado en Exposicións, Tres sombreros de copa

Candilejas

Pero se queremos coñecer a vida do teatro desde dentro, desde o camerino, temos que ver Candilejas, de Charles Chaplin

Fotograma da película extraído de aquí.

E aquí queda a fermosísima banda sonora da película composta polo propio Chaplin:

 

 

Deixar un comentario

Arquivado en Teatro, Tres sombreros de copa

Tres sombreros de copa no escenario

Dicídesme a miúdo, lectores do club, que vos gustaría máis ver ( e non ler) teatro. Como moi ben comenta Dani: para iso está feito. Para ser visto.

Na xuntanza de hoxe veremos entón Tres sombreros de copa no escenario. Xa sei que sería mellor velo en directo, no teatro, escoitando as voces dos actores,ulindo a maquillaxe do teatro… Pero, como vai resultar difícil, aquí queda en vídeo.

 

 

Deixar un comentario

Arquivado en Teatro, Tres sombreros de copa

A viaxe a ningunha parte

Así vivían os cómicos na España da posguerra. Podería ser a vida da compañía de Paula e Buby:

É un fragmento da película El viaje a ninguna parte baseada na novela homónima do escritor, actor e director de cine  Fernando Fernán Gómez.

 

Deixar un comentario

Arquivado en Teatro, Tres sombreros de copa