Arquivos mensuais: Setembro 2014

“La ladrona de libros”

Nesta tanda de posts na categoría de “libros sobre libros” non podemos esquecer unha obra (que seguro que xa coñecedes) do xoven autor australiano  Markus Zusak, e da que se estrenou a película en xaneiro deste ano (terédela na biblioteca ó comezar o curso). Este xove autor escribíu varios libros para o público xuvenil, pero fíxose famoso con “La ladrona de libros”

(Procedencia da imaxe)

Esta era a portada do libro das edicións antes da súa adaptación ó cine. As posteriores usan a carátula da película como portada.

Deixámosvos o trailer oficial en castelán

Deixar un comentario

Arquivado en Cine, Lecturas estivais, Libros sobre libros, Recomendacións

“La librería de las nuevas oportunidades”

Continuamos cos libros sobre libros cunha lectura de comezo de curso que ben pode ser unha lectura de comezo de club:

(Procedencia da imaxe)

Este libro como podedes ver na imaxe dedícallo a autora, Anjali Banerjee a tódolos libreiros. Nós recomendámolo para os clubs de lectura.

Anjali Banerjee é unha xove autora nacida na India, criada en Canadá e que agora vive en California. Outra novela súa é “La tienda de los recuerdos perdidos”.

A obra que vos recomendamos é unha fábula fantástica e romántica onde a realidade  e a ficción se misturan nun espazo moi especial onde os libros impoñen a súa propia vontade. Este lugar máxico é a librería da tía Ruma, a quen a protagonista, a xove Jasmine, vai substituír durante un tempo mentras a súa tía viaxa á India e ela se refai do seu divorcio.

Deixar un comentario

Arquivado en Lecturas estivais, Libros sobre libros, Recomendacións

Presentación do libro-disco das Maimiñas

(Procedencia da imaxe)

Temos un novo dúo no panorama musical galego para os máis pequenos. “As maimiñas” encantaron tanto cos seus “Soños de Zalo”, o seu primeiro disco, que desta vez lánzanse co libro-disco “Unha viaxe polo mundo”. Neste blog que comezou con lecturas de viaxes e é unha viaxe polos libros non podíamos deixar de facer mención a este album e recomendalo.

Para os máis pequenos da casa, pero tamén para os non tan pequenos, porque a súa música non é a típica música infantil, senón que ten un toque moi moderno que fai bailar a nenos e pais.

Publicado por Galaxia na súa colección “Sonárbre”, igual aínda non é  moi coñecido porque saíu en agosto e están comezando agora a súa presentación, de feito a presentación oficial será o día 13 de setembro en  Mos, pero seguro que os que coñecedes “Os soños de Zalo” xa lle teredes botado o ollo a este.

Desde aquí animámosvos a ler e escoitar estas dúas mozas tan xeitosiñas elas, que son “As Maimiñas”. Este é un dos seus vídeos que teñen no youtube

Deixar un comentario

Arquivado en Música, Recomendacións

“Sabor a Provenza”

Se ben podía ser unha lectura estival, tamén pode ser unha boa lectura outonal ou de comezo de curso e clubs de lectura.

Para clubs de lectura pode estar moi ben porque nos levará a outros libros.

(Procedencia da imaxe)

“Sabor a Provenza” é un libro sobre libros, efectivamente, pois o protagonista e dono dunha librería moi peculiar. Pero tamén é un libro de viaxes, non en van, a librería está ubicada nun barco anclado no Sena, que non permanece así durante todo o libro. Tamén é un libro de amor, cun toque de intriga. Un libro de personaxes estraños, pero sobre todo un libro de sentementos, sensacións, sabores, si, sabores, pois ata inclúe un recetario ó final. Sentementos nobles, amizades, hospitalidade, tolerancia. Un libro que esperamos que vos cautive. Ah! E se vos atrevedes coas recetas, enviádenos o comentario. O xeado de lavanda debe de ser moi relaxante e refrescante, non?

Deixar un comentario

Arquivado en Lecturas estivais, Libros sobre libros, Recomendacións