Continuamos cos libros sobre libros cunha lectura de comezo de curso que ben pode ser unha lectura de comezo de club:
Este libro como podedes ver na imaxe dedícallo a autora, Anjali Banerjee a tódolos libreiros. Nós recomendámolo para os clubs de lectura.
Anjali Banerjee é unha xove autora nacida na India, criada en Canadá e que agora vive en California. Outra novela súa é “La tienda de los recuerdos perdidos”.
A obra que vos recomendamos é unha fábula fantástica e romántica onde a realidade e a ficción se misturan nun espazo moi especial onde os libros impoñen a súa propia vontade. Este lugar máxico é a librería da tía Ruma, a quen a protagonista, a xove Jasmine, vai substituír durante un tempo mentras a súa tía viaxa á India e ela se refai do seu divorcio.