Temos un novo dúo no panorama musical galego para os máis pequenos. “As maimiñas” encantaron tanto cos seus “Soños de Zalo”, o seu primeiro disco, que desta vez lánzanse co libro-disco “Unha viaxe polo mundo”. Neste blog que comezou con lecturas de viaxes e é unha viaxe polos libros non podíamos deixar de facer mención a este album e recomendalo.
Para os máis pequenos da casa, pero tamén para os non tan pequenos, porque a súa música non é a típica música infantil, senón que ten un toque moi moderno que fai bailar a nenos e pais.
Publicado por Galaxia na súa colección “Sonárbre”, igual aínda non é moi coñecido porque saíu en agosto e están comezando agora a súa presentación, de feito a presentación oficial será o día 13 de setembro en Mos, pero seguro que os que coñecedes “Os soños de Zalo” xa lle teredes botado o ollo a este.
Desde aquí animámosvos a ler e escoitar estas dúas mozas tan xeitosiñas elas, que son “As Maimiñas”. Este é un dos seus vídeos que teñen no youtube