Arquivo da categoría: O teatro isabelino

William Shakespeare

No marco do teatro isabelino, William Shakespeare desenvolve o seu teatro, maxestuoso, recuperando  a profundidade e grandiosidade dun teatro clásico  que se perdera na época medieval. Fíxoo, ademais, dunha forma innovadora,pois, como xa dixemos na anterior entrada, rachou coas unidades clásicas do espacio, o tempo e a acción. Inspirouse en autores latinos e británicos, fixo uso da maxia e sacoulle todo o proveito aos novos escenarios isabelinos.

Cuberta do libro Descubriendo a Shakespeare publicado pola editorial UNE

Ademais, nas súas obras sempre aparece un heroe que ocupa o centro dos contecementos e os seus problemas
levan a outros sucesos. Estes viven distintas experiencias, ás que chegaron por vinganza, ciumes, ambición ou
envexa. É, neste punto, onde as obras de Shakespeare gañan profundidade convertíndose en verdadeiros manuais
dos sentimentos e comportamentos humanos.

Casa natal de William Shakespeare, imaxe extraída de aquí.

Naceu en Stratford –upon- Avon (Inglaterra) na primaveira de 1564. Foi o terceiro de oito irmáns . Estudou nun colexo da súa localidade e, ainda que tería que ter sucedido ao seu pai no negocio familiar, tivo que traballar como
aprendiz de carniceiro pola difícil situación económica que atravesaba a súa familia.No 1582 casa con Anne Hathaway. Cinco anos máis tarde establécese en Londres e, tras probar en diferentes oficios, opta polo
de actor. Durante a difícil situación política que atravesaba Inglaterra nese momento, Shakespeare continúa coa súa profesión, discute nas tabernas, observa e soña noites de verán.

Comeza a escribir poemas eróticos e obras de corte renacentista (Ricardo III ou Enrique IV entre outras) e producións burlescas (La Fierecilla Domada,Sueño de una Noche de Verano, etc.)

O compositor romántico  alemán Felix Mendelssohn inspirouse na última das obras citadas para compoñer a súa obra Sueño de una noche de verano. Aquí queda acoñecidísima Marcha nupcial da mesma:

 

A derradeira etapa da súa obra estivo marcada polo drama e a influencia do mundo clásico. Dentro destas dúas temáticas, destacan títulos como Romeo y Julieta, Hamlet ou  Macbeth .

Romeo y Julieta é unhas das obras máis coñecidas deste autor. Brenda, ti preguntabas por ela o outro día. Na biblioteca hai varios exempares desta peza teatral. Tamén atoparedes a película homónima dirixida por Baz Luhrmann

Unha das preferidas de quen escribe é Hamlet, obra inmensa cuxo protagonista, o príncipe de Dinamarca, é o paradigma da dúbida (ser ou non ser, vivir ou morrer… Velaí a cuestión). A protagonista feminina Ofelia, tola e suicida aínda contribúe máis a dotar de grandeza a obra. Como é o caso das obras anteriormente citadas hai varias adpatacións cinematográficas da mesma. Aquí queda o famosísimo monólogo de Hamlet interpretado por Kenneth Branagh, protagonista e director da película Hamlet.

Na biblioteca temos a adaptación que da obra fixo por Franco Zeffirelli. Aquí tedes o trailer da mesma:

Con Macbeth o autor achéganos ao tema da ambición humana (paixón encarnada na protagonista feminina, lady Macbeth) e a traición. Destacan as adaptacións musicais da obra (véxase a ópera de Verdi que leva o mesmo nome) e a cinematográfica de Roman Polanski, entre outras.  Velaí unha animación baseada nesta obra de Shakespeare:

Cando o escritor xa contaba con 38 obras escritas e con unha boa fortuna decidiu voltar a Stratford –upon- Avon, a
súa cidade natal. Alí morreu el 23 de abril de 1616, coma o tamén ilustre Miguel de  Cervantes. Deixaron, os dous, un enorme legado. Ambos souberon afondar na complexidade e profundidade do ser humano. Con eles comprendemos o que somos e de que estamos feitos.

 

Aquí queda un pequeno documental sobre o autor e a súa época:

E aquí uns pensamentos do autor inglés:

Na biblioteca temos a súa obra case completa e este libriño que recolle a súa autobiografía e obra:

Shakespeare el maestro del teatro, publicado por Rompecabezas.

(Procedencia da imaxe)

 

 

 

Deixar un comentario

Arquivado en O teatro isabelino

O teatro isabelino.

Como ben sabedes estamos lendo Moito ruído e poucas noces, do coñecidísimo autor inglés William Shakespeare. Velaquí vai unha pequena axuda para contextualizar ao autor e ó seu teatro.

O TEATRO EN EUROPA (séculos XVI a XVII)

Desenvolvéronse nesta etapa tres tipos de teatro: o eclesiástico (promovido pola igrexa con motivo das festas litúrxicas), o cortesano (representado nos palacios para a Corte) e o popular (realizado por cómicos e representado nas rúas, plazas ou en currais. Tiña, en xeral, un carácter humorístico e burlesco con moito espazo para a improvisación)

Neste marco nace o teatro isabelino (1559-1603) Este desenvólvese durante o reinado de Isabel I a finais do
século XVI. A diferencia do teatro continental (creado co obxectivo de ser representado perante un público de elite) o teatro inglés baseouse en formas populares  e nas esixencias do público en xeral.
Na época isabelina, o teatro era un espectáculo popular. O público acudía en busca de información, educación,
entretemento e compañía. Este ía ao teatro pagando un prezo variable segundo a comodidade do lugar onde ían
ser ubicados. A entrada máis barata esixía estar de pé e exposto aos cambios meteorolóxicos; as máis caras xeralmente eran  mercadas pola nobreza. A zona máis alonxada, chamada ‘ceo’, era ocupada polos comerciantes, a aristocracia e  incluso pola raíña Isabel, que, de incógnito, presenciaba  as obras. Como os teatros non tiñan teito, as obras adoitaban representarse nos meses máis cálidos. Facíanse nas primeiras
horas da tarde, para que a luz del sol puidera entrar. As funcións duraban arredor  de dúas horas.

A meirande parte dos teatros estaba ao aire libre, situados ao norte e sur do Támesis.

 

(Procedencia da imaxe)

 

Eran teatros de madeira, ou de madeira e ladrillo, con algunhas partes do teito de palla, que, nalgún momento, eran pasto do lume.Adoitaban ser poligonais, con tendencia á forma circular. Tiñan un patio (dende o que o público seguía a representación de pé) e dous ou tres pisos de galerías. Ao fondo do escenario había un soportal. O oco cortinado do soportal e a galería servían de segundos planos que enriquecían a marcha da historia.

 

(Procedencia da imaxe)

O teatro máis destacado e do que formaba  parte Shakespeare era The Globe Theatre (o orixinal foi destruído por un incendio en 1613)

(Antigo teatro The Globe no que se representaban as obras da compañía de Shakespeare)    (Procedencia da imaxe)

 

Hoxe pódese visitar a súa reconstrución.

(Procedencia da imaxe)

A ausencia total de escenografía facía que o poeta  tivera que crear a través da linguaxe a idea do lugar e o
momento no que transcorría la acción. As localizacións cobraban vida na mente do público a través da palabra. Ás
veces pasábase un cartel indicando cando había un cambio de espazo.  A música estaba íntimamente ligada á acción, suliñando o lirismo e a paixón, adornándoa con cantigas e bailes.. A palabra e a interpretación do actor eran de vital
importancia.

Non había actrices polo que os papeis femininos eran representados por homes con disfraz de muller ou por
adolescentes ou nenos. Nun principio, a condición social dos cómicos, en especial a dos máis humildes, non se distinguía da dun vagabundo o un mendigo. Co tempo, grazas á apertura dos novos teatros, os actores da época isabelina foron acadando maior consideración social.

O oficio de autor dramático tampouco estaba ben remunerado e todos os dereitos sobre as obras  pasaban ao poder das empresas que as representaban. O nome do autor só se mencionaba (e xeralmente  con inexactitude) dous ou tres anos máis tarde. Os escritores non disfrutaban, pois, do froito do seu  traballo, a menos que posuiran accións na compañía, como era o caso de Shakespeare.

(Procedencia da imaxe)

As obras seguían unha estrutura clásica no relativo  aos actos e escenas. Empregábase o verso (ainda que, a miúdo, se intercalara a prosa) Mesturábanse traxedia, comedia e pastoral. Unha situación tráxica ou de alta tensión dramática podía verse aliviada pola intervención cómica do clown. Prodúcese a ruptura coa norma clásicas das tres unidades. Esta consistía en na obra debía existir unha unidade de espacio (hai un decorado único), tempo (os feitos só duraban un día) e acción (só había unha trama). Combinábanse no escenario  diversas tramas. Asemade convivían personaxes da realeza con outros das clases baixas. Ademais incorporábase música e danza para facer do teatro un espectáculo total.

Aquí tedes un anaquiño da película Shakespeare in love (e que está na biblioteca á vosa disposición). O filme reflicte moi ben como era o teatro na época isabelina.

 

 

 

Deixar un comentario

Arquivado en O teatro isabelino