William Shakespeare

No marco do teatro isabelino, William Shakespeare desenvolve o seu teatro, maxestuoso, recuperando  a profundidade e grandiosidade dun teatro clásico  que se perdera na época medieval. Fíxoo, ademais, dunha forma innovadora,pois, como xa dixemos na anterior entrada, rachou coas unidades clásicas do espacio, o tempo e a acción. Inspirouse en autores latinos e británicos, fixo uso da maxia e sacoulle todo o proveito aos novos escenarios isabelinos.

Cuberta do libro Descubriendo a Shakespeare publicado pola editorial UNE

Ademais, nas súas obras sempre aparece un heroe que ocupa o centro dos contecementos e os seus problemas
levan a outros sucesos. Estes viven distintas experiencias, ás que chegaron por vinganza, ciumes, ambición ou
envexa. É, neste punto, onde as obras de Shakespeare gañan profundidade convertíndose en verdadeiros manuais
dos sentimentos e comportamentos humanos.

Casa natal de William Shakespeare, imaxe extraída de aquí.

Naceu en Stratford –upon- Avon (Inglaterra) na primaveira de 1564. Foi o terceiro de oito irmáns . Estudou nun colexo da súa localidade e, ainda que tería que ter sucedido ao seu pai no negocio familiar, tivo que traballar como
aprendiz de carniceiro pola difícil situación económica que atravesaba a súa familia.No 1582 casa con Anne Hathaway. Cinco anos máis tarde establécese en Londres e, tras probar en diferentes oficios, opta polo
de actor. Durante a difícil situación política que atravesaba Inglaterra nese momento, Shakespeare continúa coa súa profesión, discute nas tabernas, observa e soña noites de verán.

Comeza a escribir poemas eróticos e obras de corte renacentista (Ricardo III ou Enrique IV entre outras) e producións burlescas (La Fierecilla Domada,Sueño de una Noche de Verano, etc.)

O compositor romántico  alemán Felix Mendelssohn inspirouse na última das obras citadas para compoñer a súa obra Sueño de una noche de verano. Aquí queda acoñecidísima Marcha nupcial da mesma:

 

A derradeira etapa da súa obra estivo marcada polo drama e a influencia do mundo clásico. Dentro destas dúas temáticas, destacan títulos como Romeo y Julieta, Hamlet ou  Macbeth .

Romeo y Julieta é unhas das obras máis coñecidas deste autor. Brenda, ti preguntabas por ela o outro día. Na biblioteca hai varios exempares desta peza teatral. Tamén atoparedes a película homónima dirixida por Baz Luhrmann

Unha das preferidas de quen escribe é Hamlet, obra inmensa cuxo protagonista, o príncipe de Dinamarca, é o paradigma da dúbida (ser ou non ser, vivir ou morrer… Velaí a cuestión). A protagonista feminina Ofelia, tola e suicida aínda contribúe máis a dotar de grandeza a obra. Como é o caso das obras anteriormente citadas hai varias adpatacións cinematográficas da mesma. Aquí queda o famosísimo monólogo de Hamlet interpretado por Kenneth Branagh, protagonista e director da película Hamlet.

Na biblioteca temos a adaptación que da obra fixo por Franco Zeffirelli. Aquí tedes o trailer da mesma:

Con Macbeth o autor achéganos ao tema da ambición humana (paixón encarnada na protagonista feminina, lady Macbeth) e a traición. Destacan as adaptacións musicais da obra (véxase a ópera de Verdi que leva o mesmo nome) e a cinematográfica de Roman Polanski, entre outras.  Velaí unha animación baseada nesta obra de Shakespeare:

Cando o escritor xa contaba con 38 obras escritas e con unha boa fortuna decidiu voltar a Stratford –upon- Avon, a
súa cidade natal. Alí morreu el 23 de abril de 1616, coma o tamén ilustre Miguel de  Cervantes. Deixaron, os dous, un enorme legado. Ambos souberon afondar na complexidade e profundidade do ser humano. Con eles comprendemos o que somos e de que estamos feitos.

 

Aquí queda un pequeno documental sobre o autor e a súa época:

E aquí uns pensamentos do autor inglés:

Na biblioteca temos a súa obra case completa e este libriño que recolle a súa autobiografía e obra:

Shakespeare el maestro del teatro, publicado por Rompecabezas.

(Procedencia da imaxe)

 

 

 

Advertisement

Deixar un comentario

Arquivado en O teatro isabelino

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s