A semana pasada comentamos a lectura Casa de bonecas. Foi a obra que máis lle gustou de todas as que levamos lidas. “Era sinxela e complicada (polo tema) ao mesmo tempo.” Son palabras textuais. Supoño que o complicado fai referencia á profundidade, aos desencontros e ao encontros dos personaxes (especialmente o de Nora no seu camiño de recoñecemento e liberación). É unha marabilla que as mediadoras non teñamos que explicarlles xa cales son os temas que habitan na novela (ou levalos ata eles) e que eles sós sexan capaces de ver que detrás dunha historia, dunha obra sempre palpita unha reflexión (feita arte) e que, e isto é importante, sexan capaces de formular, verbalizar eses conceptos tan abstractos, ás veces: os temas. Deberase á práctica lectora, ao camiño andado destes novos lectores ou á tarta de améndoas.
Coas améndoas que comía Nora, nós fixemos unha tarta
Como estamos no mes da muller elexímolo libro do mes (a pesar de que quen escribe non está moi dacordo cos “días de”). Xa o temos colocado no espazo ( a caixiña de Rodrigo. Canto te lembramos!!) que lles temos reservado na biblioteca a eses libros:
Aproveitamos tamén a ocasión para facer unha pequena selecta de obras de teatro que recollemos neste punto de interese:
Está feita a propósito do obradoiro de teatro que se está realizando na biblioteca para os alumnos de 1º da ESO. Os rapaces están aprendendo técnicas teatrais da man dos mesmísimos organizadores do Festival das Brétemas. Nestes momentos están preparando unhas escenas teatrais para facer nas rúas de Ponteareas. Vai ser todo un fito!! Longa vida ao teatro e longa vida ao Festival das Brétemas!!!
NORA: Non, soamente alegre. Sempre fuches tan bo comigo. Pero o noso fogar nunca foi outra cousa ca un cuarto de xogos. Fun a túa muller-boneca, como fun a nena- boneca do meu pai. E os nenos foron as miñas bonecas. Cando te puñas a xogar comigo parecíame tan divertido, da mesma maneira que os nenos se puñan contentos cando eu xogaba con eles. Así foi o noso matrimonio, Torvald.
NORA: Xa non creo niso. Penso que primeiro son unha persoa, eu son un ser humano coma ti. Ou polo menos farei un esforzo para selo. Xa sei que a maioría da xente che dará a razón, Torvald, e algo debe aparecer nos libros. Pero eu xa non podo seguir facendo o que os demais opinen, Torvald, nin o que din os libros. Teño que pensar por min mesma e tomar as miñas propias decisións.
(…)
HELMER: (Déixase caer nunha cadeira preto da porta e agocha a cabeza coas mans) Nora, Nora. Baleiro. Xa non está… (Parece que ten unha esperanza) Un milagre?
William Rothenstein “Casa de bonecas” (1899-1900, óleo sobre lienzo, 89 x 61 cm, Tate Britain, Londres)
Nesta páxina podedes ver un comentario do cadro moi revelador.
Programamos a lectura desta peza para o mes de marzo xa que neste mes, como sabedes, celébrase o Día da muller traballadora. Esta peza está considerada como a primeira obra teatral feminista (co permiso de Aristófanes e a súa Lisístrata) e foi moi controvertida e polémica na súa época pois reflicte a vida interior dun ha muller que, chea de vivir comoa unha boneca (xoguete do pai primeiro e do marido despois) decide abandonar a casa familiar para vivir a súa vida. Óbrase, polo tanto, un milagre: o de tomar conciencia do que quere e sinte verdadeiramente como muller, non só como esposa de ou nai de.
“Anagnórise: 1. Momento dunha obra dramática no que un personaxe coñece a súa verdadeira identidade: a anagnórise é un recurso moi empregado na traxedia clásica grega. 2. Coñecemento que unha persoa adquire nun momento dado sobre cuestións trascendentais do seu pasado: saber que era adoptado foi para el unha aunténtica anagnórise.
(Anagnórise: fai alusión ás revelacións das que falabamos na entrada anterior)
Así define o Dicionario Xerais da Secundaria e Bacharelato o termo anagnórise. En Casa de bonecasaparece nas súas dúas acepcións. Fixádevos nos fragmentos:
” (HELMER entra en su despacho. La doncella introduce a la SEÑORA LINDE, en traje de viaje, y cierra la puerta)
SEÑORA LINDE: Buenos días, Nora.
NORA. (Indecisa): Buenos días.
SEÑORA LINDE. Por lo visto no me reconoces.
NORA: No… no sé… ¡Ah! Sí, me parece… (De pronto, exclama:) ¡Cristina! ¿Eres tú?
SEÑORA LINDE: Sí, soy yo. (…)”
Páxina 42, Casa de muñecas, edición de Cátedra
Nesta ocasión aparece a anagnórise con moita sinxeleza. Trátase dun recoñecemento dun personaxe por parte doutro. Mais, nestoutro fragmento, a acción toma un xiro novo baixo un aspecto descoñecido: aparece ante nós unha muller heroica. Prodúcese unha angnórise completamente diferente á anterior:
“(…) NORA: Lo mismo creo yo. Pues ahora, Cristina, voy a decirte algo. Yo también tengo de qué sentirme orgullosa y satisfecha.
SEÑORA LINDE: No lo dudo. Pero ¿de qué se trata?
NORA: Habla más bajo, no te vaya a oír Torvaldo. Por nada del mundo conviene que él… No debe saberlo nadie más que tú.
SEÑORA LINDE: Pero, criatura, ¿qué es ello?
NORA: Acércatte aquí. (La hace sentarse a su lado, en el sofá.) Pues verás… También tengo de qué estar orgullosa y satisfecha. Fui yo quien salvó la vida a Torvaldo. (…)”
Páxina 48 da edición citada
Tal vez o recoñecemento máis poderoso é o coñecemento que fai Nora de si mesma no terceiro e último acto, o que fai obrar o milagre final:
“(…) NORA. (Niega con la cabeza): Nunca me quisisteis. Os divertía el capricho de jugar con la niña.
HELMER. Pero, Nora, ¿qué palabras son ésas?
NORA. La pura verdad, Torvaldo. Cuando vivía papá, él me manifestaba todas sus ideas , y yo las seguía. SI tenía otras diferentes, me guardaba muy bien de decirlo, porque no le habría gustado. Me llamaba su muñequita y jugaba conmigo, ni más ni menos que yo con mis muñecas. Después vine a esta casa contigo…
HELMER: ¡Qué términos empleas para hablar de nuestro matrimonio!… NORA: (Sin inmutarse.) Pasé de manos de papá a las tuyas. Tú me formaste a tu gusto, y yo participaba de él… o lo fingía… no lo sé con exactitud; creo que más bien lo uno y lo otro. Cunado miro hacia atrás, me parece que he vevido aquí como una pobre… al día. Vivía de hacer piruetas para divertirte, Torvaldo. Como tú querías. Tú y papá habéis cometido un gran error conmigo: sois culpables de que no llegara a ser alguien. (…)”
Mentras ledes a obra podedes visitar esta magnífica guía de lectura da peza. Nesa mesma páxina atoparedes esta maqueta do escenario da obra que xa nos leva, claramente, a unha obra de carácter realista.
Mais, o que nos interesa da obra non é só ese afán realista que levou ao dramaturgo a reflectir a na obra a realidade o máis fielmente posible, o que cómpre salientar é como Ibsen foi quen de amosar a realidade, a vida interior dos personaxes. Di R. Williams no libro El teatro de Ibsen a Brecht o seguinte:
“¿Qué hizo parecer Casa de muñecas, como drama, tan poderosamente original? ¿El tratar de gente real en situaciones reales? Seguramente esto es muy discutible. Los personajes de la obra difieren muy poco de los habituales del drama romántico: la inocente mujer infantil, envuelta en una desesperada decepción; el torpe marido insensible; el amigo fiel. Similarmente, las principales situaciones de la obra son típicas del drama de intriga: el secreto culpable, los labios sellados, la complicación de la situación alrededor de la carta final del villano. (…) nada de esto es totalmente nuevo, y es la parte principal de la obra.
Pero la novedad aquí es que estas muñecas, deliberadamente románticas, son repentinamente arrojadas a la vida.”
Amósanos Ibsen uns personaxes, especialmente o de Nora, que “padecen” unha serie de revelacións interiores, de descubrimentos (que teñen nome técnico e dos que falaremos na vindeira entrada) que provocan un cambio, unha reacción, un xiro inesperado no seu comportamento exterior e interior.
“(…) En febrero de 1962 yo estaba memorizando un papel nuevo para el teatro. Un personaje fascinante y nasa fácil de interpretar: una mujer de nombre Nora que acaba dejando a su marido y a sus hijos para poder vivir una vida en la que sus hilos no estuvieran manejados por los demás. (…)
Desta innovación tamén participan as outras obras de Ibsen que xa mencionamos na entrada anterior. Aquí vos queda un trailer de El pato salvaje. Na biblioteca tamén temos o libro, por se queredes lelo:
E aquí a versión do programa Estudio 1 de TVE ( emitida o 3 de xaneiro de 2002) da obra que nos ocupa. Se nos dá tempo falaremos dela na xuntanza. Se non é así, aquí vos queda por se queredes vela:
* A autora desta novela é Ana Alcolea. Tamén escribiu El retrato de Carlota, obra que lestes algúns de vós e da que falamos nestas entradas antigas .
Ana Alcolea virá facernos unha visita, pois os alumnos de 1º da ESO están a ler a esa obra. Seráo venres ás 10:45 horas. Vós, por suposto, tamén iredes.
Estamos lendo Casa de bonecas do dramaturgo noruego (que se vos parece a Papá Noel!) Henrik Ibsen. O mérito deste autor non está en evocarnos á figura de Papá Noel, con quen certamente garda semellanza, senón en ser o pai do drama moderno e precedente do teatro simbólico.
Ibsen, fundador do teatro moderno, dramaturgo e poeta noruego naceu no seo dunha familia acomodada que se arruinou sendo el mozo. Introvertido, ateo e solitario traballou uns anos como auxiliar nunha botica. Publicou na mocidade , sen moito éxito, versos escandalosos e satíricos e un primeiro drama (de carácter romántico), Catilina. Anos máis tarde trasladouse á cidade de Bergen, onde traballau un tempo no Det norske Theater. Escribiu alí unha serie de pezas históricas de inspiración nacionalista (Noruega era unha provincia sueca, de fala danesa, ata o 1905)
A incomprensión da sociedade fixo que este cambiase o seu país por Italia, onde compuxo dous dos seus grandes dramas poéticos: Brandt e Peer Gynt.
Despois destes dramas en verso, de carácter simbólico, Ibsen marchou a Dresde, en Alemania, e alí escribe os seus máis importantes dramas, que o fan creador do teatro de ideas convertindo o escenario nun verdadeiro espello da vida, sobre todo da vida interior dos personaxes que choca co que a sociedade, coas normas que esta preparou para eles.
É a época na que escribe Espectros (1881) sobre o tema (tabú na época) da sífilis e as súas secuelas. A obra conclúe coa dúbida dunha nai acerca de se administrará ou un non unha sobredose de morfina (O sol!.. O sol!) ao seu fillo que este, víctima dun ataque cerebral, lle pide para rematar coa súa vida. A dureza do argumento motivou non só a súa prohibición, senón negativas dalgúns actores para interpretala.
Da mesma época é Un inimigo do pobo. Esta peza plantexa o conflito entre un individuo, que sabe que as augas dun balneario están contaminadas, e toda a sociedade do pobo, incluída a propia familia, que se opón á divulgación da verdade polas consecuencias económicas que isto puidera ocasionar. Aquí vos deixamos o vídeo promocional da obra dirixida por Juan Mayorga* (grande!)
Outra obra que vale a pena lembrar é O pato salvaxe. Nela, o dramaturgo presenta os desastres que un mozo idealista (pois anceia o triunfo da autenticidade) ocasiona ao seu redor ao pretender que un matrimonio amigo recoñeza e asuma que ela foi amante do pai do citado mozo.
Outras obras posteriores son Hedda Gabler (muller sofocada nunha vida sen beleza, que se dabate entre o seu marido_ un investogador mediocre_ e un cínico admirador que pretende convertirse no amante dela) e John Gabriel Borkman, intenso melodrama no que dúas irmáns loitan polo dominio do fillo dunha delas.
En todas elas abundan os conflitos familiares, matrimoniais e aparecen mulleres con caracteres fortes. Pero destaca Casa de bonecas, estrenada en 1879. Foi máis un fenómeno social ca literario ao plantexar, por primeira vez, o tema da autonomía da muller nunha sociedade deseñada ao servizo do home.
O nome de Ibsen foi sinónimo de inconformismo e renovación ( por iso nos gusta tanto). En próximas entradas veremos en que consistiron o inconformismo e as técnicas renovadoras concretamente na peza que estades a ler.
Nota: para a realización desta entrada tomamos como fonte o libro Literatura Universal, da editorial Akal.
* De Juan Mayorga non lemos nada neste club. É un dramaturgo de referencia obrigada nos tempos que corren. Non me resisto a non deixar aquí unha entrevista del.
Este é un blog dun Club de lectura dun centro de ensinanza. O seu uso é meramente didáctico, polo que se algunha das imaxes ou textos usados tivese dereitos de autor, facedenolo saber para proceder a retirala.