Arquivos diarios: Febreiro 5, 2013

Reunión en Venecia.

E chegou o día de reunirnos en Venecia, ou no Val do Tea en torno a “El retrato de Carlota”

P1110319

(Foto de Juan)

E tamén chegou o día de poñernos de Entroido.

100_3993

Unha entroidada máis foi poñer na biblio o cadro da Mona Lisa con antifaz, pois non tiñamos o retrato de Carlota.

Da entroidada nin se decataron moitos dos que entraron en tropel a tomar o chocolate, que non era o do Floriani,  pero tampouco os lectores eran máscaras venecianas.

100_3995

A pequena selecta que fixo Esme de “libros de entroido” terédela na biblioteca, por se queredes botarlle unha ollada (os títulos poderedes velos nunha próxima entrada)

100_3994

Tamén nunha próxima entrada daremos a pequena listaxe dos libros preferidos dos compoñentes do club.

Nesta toca facer unha recopilación das opinións máis salientables sobre “El retrato de Carlota” que saíron da reunión.

Parece que este libro en xeral gustou. E gustou, en opinión da maioría, porque era un libro de misterio. Aínda que os lectores máis esixentes, coma Carla, opinaron que o toque de misterio era un tanto “light”, demasiado fácil, deixábase ver de contado. A Carla tampouco lle gustou moito a protagonista, que xulgou moi superficial.

A Pedro chamoulle a atención o pouco que a autora se parou no romance de Carlota con Ferrando, según el, a penas se falaran no que ía de relato, cando a súa relación se fai tan estreita que se bican na illa de Murano.

Yago fixo fincapé nun rasgo da protagonista: “a súa mente matemática”

Jorge fixo unha apreciación “cinematográfica”, a súa mellor aportación quizáis en toda a reunión (pois falar falou moito, pero non dixo tanto, como lle pasou a algún outro e outra). A súa aportación foi que vira unha película na que o protagonista era o vivo retrato de Ferrando, xove de “look” un chisco bohemio e cuns ademáns moi particulares, coas súas melenas e sempre facendo reverencias. A película é “El príncipe de los ladrones”

Aquí vos deixamos o trailer

A Antía desconcertouna un pouco a idade dos personaxes. A súa imaxinación levouna a pensalos máis pequenos, daí que lle sorprendera que Carlota se paseara soa por Venecia con tanta soltura, sendo a primeira vez que estaba alí. Christian, sen embargo, tiña moi claro a idade de Carlota e Ferrando, 16 e 18 anos, respectivamente.

Na historia de amor da bisavoa de Carlota non parece que se fixaran moito os nosos lectores, tampouco nas alusións literarias que hai na obra. Algúns si que se lembraron de “El fantasma de Canterville”, pero… quen se fixou en Catulo, Flaubert, por non dicir Casanova ou algún outro? Tampouco parece que a  tía Ángela suscitara moito máis interés ca o de ser criticada por amañar todo para desembarazarse da sobriña e ter tempo para escribir tranquila. Así e todo o libro, según dixemos ó principio, parece que gustou!!!

Carla si que fixou en que “Moulin Rouge” aparece citada como película favorita dun personaxe, a Jorge chamoulle a atención que Carlota tivera como favorita “Cenicienta”. E foi Carla tamén a que se fixou en que Ferrando interpretaba unha obra de Chopin.

Saíron algunhas outras cousas que tampouco aportan moito máis ó comentario da obra, así que rematamos a entrada citando a obra “Los espejos venecianos” á que se referíu varias veces Pedro e indo de paseo por Venecia da mán das fotos de Juan (pazos, tellados…)

 

P1110341

P1100962

P1100954

E ata a próxima reunión que será en Xordania con “Ammor en Ammán”, vémonos alí. E lembrade por que e para que estamos nun Club de lectura. Trátase de LER o libro (non de comer), pero tamén de falar DO libro (non de asuntos varios)  e sobre todo ESCOITAR as opinións, comentarios e apreciacións dos compañeiros.

Advertisement

Deixar un comentario

Arquivado en Cine, Venecia