Alaska foi un deses lugares nos que habitaban tribus de indios que os colonizadores foron acurralando ata confinalos en pequenas reservas. Hai uns anos pasaban por televisión unha serie marabillosa: Doutor en Alaska. Esta amosaba como era a vida dun médico que chega a Cicely (un pobo fictio de Alaska) que aínda mantén viva a filosofía dos indios nativos. Este xeito de ver a vida tan natural, tan pegado á terra, tan pouco materialista e racional sorprende ao recén licenciado doutor que terá moitos problemas de adaptación.
Ver algún dos capítulos da mesma (concretamente o 2 da segunda tempada) xusto despois de ler a carta do xefe Seattle sería un magnífico colofón para a lectura. Mais teremos que agardar un chisco. As series non están na biblioteca e hai que mercalas. Mentras tanto aí vai a banda sonora da mesma
e un anaquiño dun capítulo para que vaiades coñecendo os personaxes e as paisaxes de Cicely: