Arquivo por etiquetas: Miguel Mihura

Tres sombreros de copa no escenario

Dicídesme a miúdo, lectores do club, que vos gustaría máis ver ( e non ler) teatro. Como moi ben comenta Dani: para iso está feito. Para ser visto.

Na xuntanza de hoxe veremos entón Tres sombreros de copa no escenario. Xa sei que sería mellor velo en directo, no teatro, escoitando as voces dos actores,ulindo a maquillaxe do teatro… Pero, como vai resultar difícil, aquí queda en vídeo.

 

 

Deixar un comentario

Arquivado en Teatro, Tres sombreros de copa

A princesa está triste…

Resulta imposible ler isto:

“(…) DON SACRAMENTO: La niña está triste. La niña está triste y la niña llora. La niña está pálida. ¿Por qué martiriza usted a mi pobre niña?…

DIONISIO: Don Sacramento… Ya se lo he dicho… Yo salí a la calle… No podía dormir.

DON SACRAMENTO:  La niña se desmayó en el sofá malva de la sala rosa… ¡ Ella creyó que usted se había muerto! ¿Por qué salió usted a la calle a pasear bajo la lluvia?… (…)”

E non lembrase da princesa de Ruben Darío:

La princesa está triste… ¿Qué tendrá la princesa?
Los suspiros se escapan de su boca de fresa,
que ha perdido la risa, que ha perdido el color.
La princesa está pálida en su silla de oro,
está mudo el teclado de su clave sonoro,
y en un vaso, olvidada, se desmaya una flor.

El jardín puebla el triunfo de los pavos reales.
Parlanchina, la dueña dice cosas banales,
y vestido de rojo piruetea el bufón.
La princesa no ríe, la princesa no siente;
la princesa persigue por el cielo de Oriente
la libélula vaga de una vaga ilusión (…)”

 

Aquí tedes o texto completo:

Mais se falamos de princesas, eu prefiro …

                            “Non son fada nin princesa” de Sés (necesaria, como Rosalía de Castro)

Deixar un comentario

Arquivado en Música, Teatro, Tres sombreros de copa

A que soa Tres sombreros de copa?

A música ten unha especial relevancia nesta obra de Mihura. Se tivese tempo poñería aquí as cancións que se oen nesta peza. Pero fáltame. O que si que no quero obviar é que hai tres instrumentos musicais que están moi presentes: a carraca, o cornetín ,o ukelele ( ese que afinaba Buby monotonamente no comezo do segundo acto) e o acordeón que se oía polo gramófono nesa noite de esmorga que viviron os protagonistas. Se ben a primeira da bastante xogo na obra eu quédome co último.

Se eu tivese que dicir que música acompañaba (e facía) os latidos do subtexto da obra diría, sen dúbida, que a do acordeón mariñeiro desa java francesa que bailaban os artistas do circo.

 

A min Tres sombreros de copa sóame así:

“L’Accordèoniste”  de  Édith Piaf (grande!)

Que dicides vós? A que vos soa, mentras o ledes,  Tres sombreros de copa?

Dicide algo, por favor!!!

1 comentario

Arquivado en Música, Teatro, Tres sombreros de copa

“O absurdo ou Miguel Mihura”

O vindeiro luns día 4 de maio falaremos de Tres sombreros de copa,  de Miguel Mihura.

Procedencia da imaxe

Francisco Umbral dicía neste artigo (de onde tomamos o título da entrada) que:

“(…) Lo que quiere decir que conoció pronto la mentira del teatro, y por eso llegaría a dominarlo. El día en que estrenaron Tres sombreros de copa se metió en Chicote con Luis Calvo, director de “Abc”, para emborracharse y rezar por el fracaso de aquello. Resultó el éxito más grande de la posguerra. Luego vienen Ni pobre ni rico sino todo lo contrario, El caso de la mujer asesinadita, etc. Pero lo esencial y fundamental de Mihura está en la prosa, en los artículos de “La Codorniz” y otros. Ahí aparece el niño que decíamos antes, con su visión intacta del mundo, el humorista de vanguardia que no lo sabe, el que no ha perdido la mirada infantil sobre las cosas, secreto de Baudelaire y de otros genios, como Dylan Thomas. Lo que en Ionesco, su amigo, es talabartería y oficio, en Mihura es espontaneidad. Los cómicos dicen que era mala persona, como todos los cojos. (…)”

Estrenábase ese día unha obra de teatro absurda que entroncaba co teatro do absurdo . Este  naceu alentado polos aires vangardistas de principios do século XX. Era o teatro da non realidade que facían , entre outros moitos, Alfred JarryIonesco, Antonin Artaud (e o teatro da crueldade), Harold Pinter,Jean Genet, Samuel Beckett, Arthur Adamov, o propio Miguel Mihura, Fernando Arrabal e Alejandro Jodorowsky. Os dous últimos, ainda vivos, orientaron ese absurdo inicial cara ao teatro pánico.

Os dramaturgos que fixeron teatro do absurdo non discutiron sobre o absurdo da condición humana. O que fixeron foi presentar por medio de imaxes e escenas canto de absurdo ten a vida (ou canto de absurda é a vida).

                                                            (Procedencia da imaxe)

Deixando a un lado os trazos distintivos de cada un deles, todos comparten a falta de sentido da condición humana recurrindo ao abandono do enfoque racional (véxase aquí a influencia das vangardas). En xeral basean as súas obras na protesta e na paradoxa. Critican a orde social e  a condición humana. Esa protesta non toma forma de crítica racional; máis ben parece o berro desesperado e frenético, o berro de quen está atrapado nunha rede da que non pode saír ( a creada polas presións sociais, a falta de sentido da existencia…) Un exemplo do absurdo é:

La cantante calva“, de Ionesco. A imaxe procede de aquí. Foi levada a escena, entre outras moitas, pola compañía Yllana.

Este novo teatro supuxo unha conmoción polas súas innovadoras propostas que poderían sintetizarse nestes rasgos:

* A ausencia dunha historia delimitada e concreta (ás veces faise difícil recoñecer unha trama).

* Escasa ou nula caracterización dos personaxes.

* Hai un abandono da linealidade cronolóxica; non é un teatro de sucesos secuenciados supeditatos a unha estrutua de causa efecto, máis ben está artellado arredor de situacións, imaxes poéticas cuxo fío condutor é máis emocial e subxectivo ca racional.

* Unha boa parte das obras presentan unha estrutura circular, rematnado exactamente igual ca empezan; outras progresan a través dunha intensificación da situación (véxase Esperando a Godot). Hai, polo tanto, ausencia de sensación de progreso no desenvolvemento e, consecuentemente, a predictibilidade dos sucesos é escasa.

* Do mesmo xeito que se desintegra ese sentido tradicional da trama, a lóxica e a linguaxe non poden reflectir na súa totalidade a imaxe do ser absurdo. Abandónase a lóxica tamén no discurso e os diálogos vóltanse incoherentes ao que se engade a  persistencia de soños e pesadelos recorrentes.

 

Algúns dos rasgos citados poderedes recoñecelos na obra de Mihura que estades a ler. E aquí atoparedes unha magnífica análise da peza.

 

Nota: a fonte da que bebamos para elaborar esta entrada foron, ademais das páxinas ás que remitimos nos hipervínculos, é o libro de Literatura Universal Bachillerato, da editorial Algaida.

 

Deixar un comentario

Arquivado en Teatro, Tres sombreros de copa