Instrucións para ferver un ovo

Na anterior entrada presentabamos a obra poética dunha xove autora. Pois ben, hoxe traemos tamén a de dous  autores e actores  noveis,Miguel Santomé Regueira e Laura Porto Crabeiro, ex alumna do centro. Ambos son A santa compañía. Nesta ocasión recomendamos a súa obra de teatro, Instrucións para ferver un ovo. A peza foi estrenada en Santiago de Compostela, dentro da Mostra de teatro universitario, o pasado 26 de abril

Estas son algunhas fotos do estreno da mesma. Están tomadas por Iago Polo.

"Botando"

“Botando”

"Explorando"

“Explorando”

Como se pode intuir polas fotografías, a obra, de alto contido simbólico ( “o ovo como símbolo da vida e da creación, do sometemento e do sometido”), participa dunha concepción do teatro experimental e auténtica. En escena, duas personaxes,XX e  XY  desenvolven un conflicto que xa vén de lonxe:  o sometemento fronte a  liberdade, a sumisión fronte a liberación. Non tanto dunha liberdade social, que tamén, senón dunha liberdade individual. Deixanse ver tamén os sentimentos de “desamparo” no que viven os protagonistas da peza,nun mundo que perciben como pouco amable. Son seres incómodos na vida que medran cara adentro pero non poden medrar fóra, no exterior,pola sumisión á que están sometidos(sobre todo as mulleres) ou ben pola súa propia fraxilidade.

De corte filosófica, moi poética e de expresión moi depurada, con silencios moi amplios e cargados de contido(no teatro agradécese que os silencios digan), o mellor sería vela, pero por se non hai oportunidade podedes lela aquí.

Queremos felicitar aos autores e actores da mesma polo seu bo facer no texto e no escenario, pois souberon mezclar nunha peza  tenrura, lirismo, rabia e lucidez. Parabéns!

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Recomendacións

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s