Despois da reunión: “O pintor do sombreiro de malvas”

 

100_4056

Onte reunímonos na biblioteca (que, como podedes apreciar na foto, decoramos para a ocasión) para falar de “O pintor do sombreiro de malvas”.O paquetiñó dourado co que lle demos o toque persoal á reprodución de Van Gogh non foi difícil adiviñar o que contiña.

100_4057

 

100_4058

Logo de pasearnos polo noso museo Van Gogh particular (v. entrada correspondente) comentamos un algo do libro, pero, salvo apreciacións coma a de Pedro de que o narrador é un “narrador testigo” e a lectura , por parte de Carme, do contiño “Un ramo de girasoles” do libro “Cuentos de cuando yo era”, que nos levou Esme, toda a reunión xirou en torno á pintura e ó personaxe de Van Gogh (“bo, loco e raro, que falaba pensando as cousas” apuntou Christian)

Ah! Iago a apuntou que lle gustara máis este libro ca “Palabras de auga”, que tivo que ler para a clase. A Jorge pareceulle que se podía ver ó autor dos dous libros reflectido na linguaxe de ambos (“usa palabras pouco habituais”, dicía.)

100_4054

 

E despois de dar boa conta do chocolate, de falar sobre o libro e incluso enredar demais, coma sempre, quedamos emplazados para a lectura de “A cidade en chamas” co que poñeremos fin á nosa Odisea deste ano.

Deixamos na biblioteca esta miniexposición (sen o paquetiño, claro) e nos próximos días publicaremos unha entrada con máis obras de Marcos Calveiro.

Vémonos o día 10 de xuño. Lémonos antes.

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Pintura

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s