Deste autor xa fixemos unha recomendación, cando andabamos viaxando por Venecia, a propósito da súa obra Settecento, que se desenvolve en parte nesta cidade. Esta obra témola na biblioteca, así coma outras, que xa lemos en anteriores clubs de lectura, e tamén algunha lida como lectura obrigatoria dalgún curso de lingua galega.
Facémosvos unha pequena enumeración delas (picade sobre a imaxe ou sobre a procedencia para acadar información sobre elas):
-“Sari, soñador de mares”.
-“Rinocerontes e quimeras”. (Para os que nos seguides desde Catalunya, hai tradución á vosa lingua 🙂 )
-“El samurai del rey”. Desta colección temos na biblioteca estes dous títulos.
-“Palabras de auga”. Deste libro precisamente veu o autor a falar ó noso centro, lembrádelo?
-Para os máis maiores, tamén temos na biblioteca, ademais da xa mentada e comentada noutra entrada “Settecento” (v. supra), temos tamén “Festina lente”
E isto é o que temos do autor na nosa biblioteca polo de agora (botádelle unha ollada á miniexposición que fixemos)
Se queredes ver máis picade no seguinte enlace de Todostuslibros