Literatura en “O pintor do sombreiro de malvas”

O narrador da novela é un rapaz que ocupa o seu tempo seguindo ó pintor e tamén lendo. Entre as súas lecturas cita as seguintes no libro:

“Nana” de Emilie Zola (cap. 3)

“Eu pasei a tarde na casa, para tranquilidade da miña tía, vendo como chovía e relendo a Nana de Zola, que gardaba embaixo do xergón para evitar que  caese nas mans da vella santiroleira e a botase ao lume por inmoral e perniciosa, como xa fixera con outro libro que me descubrira ao pouco de chegar a Auvers”. (Páx. 26 da edición de Xerais)

Ilustramos a novela coa pintura de Édouard Manet, outro impresionista

(Procedencia da imaxe)

As veladas de Médan” de Guy de Maupassant (cap.6)

“Na casa da miña tía, unha vez que petiscase calquera cousa, agardábame a intensa lectura dun conto que adiara do libro As veladas de Médan, de Guy de Maupassant, que me tiña marabillado.”

Adeemais das lecturas do narrador-protagonista hai outras citas literarias na novela:

“-Ai, amiguiño, aquilo converteuse nun banquete digno de Pantagruel! (páx. 132, cap. 27)

“O escritor Richepin insinuou algunha vez que o amor á arte lévache a perder o verdadeiro amor” (páx. 144, cap.30)

“Estrañeime de que estivese bebendo tan cedo e mirei a Adeline, que encolleu os ombreiros.

-Vexo a reprobación na túa ollada, e non me chista nadiña. Ás veces pareces a miña nai. Pero este que ves -dixérame alzando o vaso- é un remedio que o gran Charles Dickens recomenda aos que están a piques de suicidarse; incidado especialmente para disudilos durante uns intres(páx. 155, cap. 33)

Do gran Charles Dickens temos algunhas obras na biblioteca. Entre elas, a Hitoria de dos ciudades. Atoparedes o libro e a película.

( Procedencia da imaxe)

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Cine, Recomendacións

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s