Arquivos diarios: Maio 3, 2013

Música en “O pintor do sombreiro de malvas”

Tamén a música se deixa oír nesta novela de Marcos Calveiro. A filla do doctor Gachet toca o piano e no capítulo 23 pregúntalle o protagonista:

-“Esa música que tocaba, que era?

-Unha balada de Chopin. Gustouche?

-Nunca escoitara nada tan fermoso.”

( Tamén se escoita a melancolía de Chopin en El pianista)

No capítulo 26 cítase La Marsellesa“:

“O alcalde, cunha banda tricolor sobre o peito, falou dende o balcón a todos os presentes. As mulleres sacaran as súas mellores galas e moitos vellos acudiran vestidos, cos seus antigos uniformes de militar, como Gachet, que ademais lucía dúas condecoracións na pecheira. Ao remate da arenga republicana, a orquestra tocou con moita cerimonia, aínda que descompasada, A Marsellesa, que todos os presentes cantaron de viva voz. Logo os músicos seguiron con pezas máis festeiras, dando por inaugurado o baile.” (páx. 122)

( Escoitamos  este mesmo himno na película  Casablanca)

Edith Piaf” prestoulle “a súa voz nítida, desgarrada e auténtica a esta canción:

Deixar un comentario

Arquivado en Cine, Música