Buck e outros cans

Na novela que acabamos de ler mencionanse outros cans, ademais do protagonista Buck. Son Toots, o carlino xaponés, Ysabel, a pelada mexicana, o San bernardo Elmo e Shep a pastor escocesa. Estes últimos son os pais de Buck, que herdou a resistencia e fortaleza do primeiro e a axilidade da segunda.   Pois ben, Xulia fixo unha busca dalgunhas desas razas de cans que se citan. Velaí van:

 

Perros Carlino, Doguillo o Pug

Esta é a apacible mirada do carlino xaponés, un can que adora a compañía e din del os expertos que ten moito sentido do humor.

Tamén moi familiar e xoguetón é o foxterrier. É un can simmpático e amable moi activo e sensato. Parece que  esta raza foi utilizada antiguamente para a caza do zorro aínda que hoxe é só animal de compañía (coma se iso fose pouco!)

Dos Alpes suízos chega o fermoso  San bernardo, descendente do desaparecido  mastín dos Alpes. É de carácter tranquilo e repousado, excelente para a garda e dar cariño (aínda que esa non é unha cualidad exclusiva desta raza, pois case todos o fan) por iso se di que é un estupendo amigo dos nenos e nenas.

Tamén pastor, coma o anterior, é  pastor escocés, tamén chamado collie. Provén das montañas escocesas e podía coidar a grandes  rebaños de ovellas. É, demais, moi intelixente e con un sentido da lealtade moi desenvolvido.

Esta raza fíxose moi popular pola serie de televisón Lassie.

Foto de Pal, o primeiro can (macho) que que deu vida a  Lassie.

Outra raza citada é a  pelada mexicana. Unha cadeliña así foi a que acompañou a Frida Khalo na súa vida e e nos seus cadros

Fotografía tomada desta páxina: na que se fala dos cans de Frida e doutros cans con historia. É moi recomedable para coñecer máis cousas dos cans e da relación destes animais coa arte e cos artistas.

E falando de cans e de arte, concretamente de cans literarios, non podemos esquecer a Colmillo Blanco, outro animal de Jack London.

London aos nove anos co seu can Rollo

Colmillo Blanco é  unha novela complementaria da obra que vides de ler. A  historia transcurre no  Territorio do Yukón, Canadá, durante a Fiebre del oro de Klondike a finais del século  XIX, e narra a domesticación dun can lobo salvaxe. Está narrada desde o punto de vista do personaxe canino, permitíndolle a London explorar a forma na que os animaies ven o seu mundo e como estes ven aos humanos (non sei se estaremos á altura!).

Colmillo Blanco tamén foi levada ao cine.  Este é o trailer da adaptación que se fixo no 1991 protagonizada por Ethan Hawke.

Para rematar transcribo este poema de Pablo Neruda, “Un perro ha muerto”,  adicado ao seu can:

Mi perro ha muerto.

Lo enterré en el jardín
junto a una vieja máquina oxidada.

Allí, no más abajo,
ni más arriba,
se juntará conmigo alguna vez.
Ahora él ya se fue con su pelaje,
su mala educación, su nariz iría.
Y yo, materialista que no cree
en el celeste cielo prometido
para ningún humano,
para este perro o para todo perro
creo en el cielo, sí, creo en un cielo
donde yo no entraré, pero él me espera
ondulando su cola de abanico
para que yo al llegar tenga amistades.

Ay no diré la tristeza en la tierra
de no tenerlo más por compañero,
que para mí jamás fue un servidor.

Resultado de imagen de poema perro pablo neruda

(A imaxe procede da páxina xa citada antes “Perros con historia“)

Tuvo hacia mí la amistad de un erizo
que conservaba su soberanía,
la amistad de una estrella independienre
sin más intimidad que la precisa,
sin exageraciones:
no se trepaba sobre mi vestuario
llenándome de pelos o de sarna,
no se frotaba contra mi rodilla
como otros perros obsesos sexuales.
No, mi perro me miraba
dándome la atención que necesito,
la atención necesaria
para hacer comprender a un vanidoso
que siendo perro él,
con esos ojos, más puros que los míos,
perdía el tiempo, pero me miraba
con la mirada que me reservó
toda su dulce, su peluda vida,
su silenciosa vida,
cerca de mí, sin molestarme nunca,
y sin pedirme nada.

Ay cuántas veces quise tener cola
andando junto a él por las orillas
del mar, en el invierno de Isla Negra,
en la gran soledad: arriba el aire
traspasado de pájaros glaciales,
y mi perro brincando, hirsuto, lleno
de voltaje marino en movimiento:
mi perro vagabundo y olfatorio
enarbolando su cola dorada
frente a frente al Océano y su espuma.

Alegre, alegre, alegre
como los perros saben ser felices,
sin nada más, con el absolutismo
de la naturaleza descarada.

No hay adiós a mi perro que se ha muerco.
Y no hay ni hubo mentira entre nosotros.

Ya se fue y lo enterré, y eso era todo.

Deixar un comentario

Arquivado en A chamada da selva

O Nadal con Buck

O libro que imos ler para o mes de xaneiro vainos facer gozar con múltiples aventuras, vainos facer chorar con múltiples penalidades, vainos somerxer en dous mundos descoñecidos: o mundo do Ártico e o mundo dos cans. Trátase de A chamada da selva, de Jack London.

Esta novela está protagonizada por un can, Buck que vive unha vida regalada na casa do seu amo e, por un desafortunado azar, cambia completamente e ten que aprender da realidade dun xeito brutal. Trátase dunha novela de aprendizaxe, tamén denominadas de iniciación, na que o protagonista rematará “aprendendo”, madurando e “iniciándose” no mundo real, a través dos diversos obstáculos que se lle irán presentando.

Ademais da intensidade da vida de Buck, o noso protagonista, tamén poderemos comentar algo sobre a vida do autor da novela, Jack London, se cadra chea de máis avatares cá do propio can.

Despois de lela podes ver a película de animación  feita por Kozo Morishita  baseada na novela:

Se preferides podedes ver a de Ken AnnakinThe Call of the Wild

Como xa imaxinades, a lectura ten que facerse un día de frío. Se houbese neve sería mellor. Como aquí non hai, haberá que imaxinala.  Tamén sería bo que lésedes tocando a un can. Se non o tedes, aquí está Buck:

Resultado de imagen de nieve la llamada de la selva

(Procedencia da imaxe)

Non se pode pasar o Nadal en mellor compañía cá de Buck! E lembra que non se poden abandonar os animais nin tratalos mal! Son seres que sempre sacan o mellor de nós. Cómpre amalos e querelos.

Deixar un comentario

Arquivado en A chamada da selva

Bechos e demais parentes.

1ª edición de Bechos e demais parentes.

1ª edición de Bechos e demais parentes.

As aves, bestas e demais parentes, como rezaría o título orixinal en inglés, é o tema desta segunda entrega da Triloxía de Corfú: relato das ricas vivencias nun período de intensa aprendizaxe do rapaz e incipiente naturalista Gerry, no seo dunha familia anglo-india, que se traslada da India a Inglaterra e logo a Grecia no axitado período de Entreguerras. Esta segunda entrega, escrita 13 anos despois d’A miña familia e outros animais, é unha obra que gaña en madurez narrativa e descritiva, sendo capaz de transmitir unhas vivencias tan nítidamente como a primeira e en menos páxinas. Asemade, é máis longa e completa cá terceira, tamén moi ben narrada: O xardín dos deuses.

Pero este ano 2016 tamén é especial para esta Triloxía, cúmprense 60 anos da publicación d’A miña familia e outros animais, a primeira entrega que tivo repercusión na TV cunha miniserie do ano 1987 e unha película de 2005, ademais dunha adaptación teatral en inglés. A triloxía enteira nós coñecémola polas súa tradución ao castelán, pero este mesmo ano os galegos podemos celebrar os 60 anos da súa primeira entrega lendo a Triloxía completa en galego (xa na túa biblioteca). Non só iso, senón que unha importante cadea de televisión británica está emitindo este ano a primeira tempada dunha miniserie que abrangue toda a triloxía. Podes ver unha versión do trailer por un afeccionado no seguinte vídeo:

Seguir lendo

Deixar un comentario

Arquivado en Sen clasificar

O espíritu de Touro Sentado

É actualidade estes días a campaña electoral que se está a vivir nos EEUU. Enleados como están neses asuntos case non hai tempo para falar do que tamén acontece alí.  Pois ben, veño de ler esta nova que tal vez vos interese. Di o periodista que a escribe que o espíritu de Touro Sentado, a quen xa coñecemos, acaba de resucitar.

toro-sentado

“La reserva india de Standing Rock, en Dakota del Norte y del Sur, es casi tan grande como Asturias pero sólo tiene 8.000 habitantes.

Entre ellos no está la persona más famosa de la reserva: Toro Sentado, que yace en el centro de la reserva, en la parte de Dakota del Sur, bajo un gran busto de piedra blanca, con el nombre y la fecha de nacimiento, en inglés y en lakota – el idioma de los indios sioux, una de las tres tribus que viven en la reserva -. A su lado está la tumba de Sacagawea, la esclava india que guió a los exploradores Meriwether Lewis y William Clark cuando éstos cruzaron lo que hoy es Estados Unidos en un viaje organizado por el entonces presidente William Jefferson. Les llevó dos años. Y sobrevivieron al invierno cerca de donde está la tumba, gracias a la hospitalidad de los indios de la tribu Mandan. Una tribu que ya entonces estaba diezmada por la viruela que le habían transmitido los tramperos franceses, que patrullaban la cuenca del río Mississippi cazando castores. Ler máis

Deixar un comentario

Arquivado en O gran xefe Seattle

O sol é xente

Onte comentamos o intenso vínculo que unía aos indios norteamericanos coa naturaeza. Nela habitaban as vidas dos seus antepasados, era unha nai para eles, un nó que os conectaba coa esencia da vida. Esta concepción case mística da natureza chea de amor e de respecto por ela tamén aparecen na película Dersu Uzala de Akira Kurosawa. Esta é a descrición da película que podemos ler en Dezine.com:

“La historia de una hermosa amistad. Más allá de los hermosos parajes de Siberia donde transcurre la acción, magníficamente fotografiados. Más allá incluso de la necesaria advertencia, teñida de ribetes ecológicos, acerca de la pujante civilización que transforma los lugares más bellos en… otra cosa. El gozne sobre el que verdaderamente gira esta obra maestra de Akira Kurosawa es la maravillosa relación que se establece entre el capitán Vladimir Arseniev, explorador del ejército ruso, y Dersu Uzala, un nativo siberiano al que conoce casualmente, y que le sirve como guía en sus esfuerzos por trazar un mapa topográfico.

Momento no que o capitán Arseniev coñece a Dersu. Entre eles nacerá unha profunda amizade. Dersu aprenderalle ao capitán a convivir coa natureza en plena armonía e tamén a respectala.

Paga a pena vela!!

Deixar un comentario

Arquivado en Cine, O gran xefe Seattle

Doutor en Alaska

Alaska foi un deses lugares nos que habitaban tribus de indios que os colonizadores foron acurralando ata confinalos en pequenas reservas. Hai uns anos pasaban por televisión unha serie marabillosa: Doutor en Alaska.  Esta amosaba como era a vida dun médico que chega a Cicely (un pobo fictio de Alaska) que aínda mantén viva a filosofía dos indios nativos. Este xeito de ver a vida tan natural, tan pegado á terra, tan pouco materialista e racional sorprende ao recén licenciado doutor que terá moitos problemas de adaptación.

Ver algún dos capítulos da mesma (concretamente o 2 da segunda tempada) xusto despois de ler a carta do xefe Seattle sería un magnífico colofón para a lectura. Mais teremos que agardar un chisco. As series non están na biblioteca e hai que mercalas. Mentras tanto aí vai a banda sonora da mesma

e un anaquiño dun capítulo para que vaiades coñecendo os personaxes e as paisaxes de Cicely:

 

Deixar un comentario

Arquivado en O gran xefe Seattle

Unha banda sonora para a natureza

No blog de Dinamización Lingüística fixo Cándido unha recolleita de músicas en galego que reflicten tamén un compromiso coa terra non só como nación senón como lugar xeográfico, como espacio que máis veces das que debera a man do home perturba e destroza. Un exemplo desas cancións e bailes  é este videoclip de Quempallou. Chámase “En que terra me botaches” e pertence ao disco “Estremonías”:

Viches que ben bailan, Jorge?

Podedes entrar no blog para botarlle un ollo ás actividades que vai desenvolvendo o Equipo de Dinamización ou podesdes aceder directamente ás músicas ecolóxicas se  entrades  aquí.

 

Deixar un comentario

Arquivado en Música, O gran xefe Seattle

Fala o xefe Seattle

Lemos estes días a carta que o xefe Seattle lle escribiu ao home blanco, o presidente dos Estados Unidos, Franklin Pierce, como resposta a unha oferta que o presidente  envía ao xefe Seattle, da tribu Suwamish, para mercarlle os territorios do noroeste dos Estados Unidos que hoxe forman o Estado de Washington. A cambio, promete crear una “reserva” para o pobo  indíxena.

Chief seattle.jpgImaxe do xefe Seattle

Constantino Romero ponlle voz a esa fermosísima carta que estamos a ler:

Aquí podes ler a historia dos indíxenas norteamericanos e de como estes foron colonizados primeiro polos europeos e despois polos nortemaricanos. Eran e seguen sendo moitas as tribus que alí vivían. Neste pequeno documental fálase dalgunhas delas:

Non foi Seattle o único xefe indio que loitou pola independencia da súa terra e da natureza. Tamén cómpre falar de, entre outros,  Toro Sentado. Aquí queda un pequeno documental do xefe da tribu:

Hoxe en día as etnias amerindias son moi poucas. A  súa forma de vida tamén as súas linguas están seriamente amenazadas polas nacións máis poderosas que impuxeron e impoñen a miúdo os seus valores e a súa forma de vida ás culturas máis minoritarias. Xa falamos neste blog a propósito de Sagarmatha (lembrádelo, verdade?) da situación dos pobos minoritarios do Tibet, concretamente da invasión do goberno de China de parte do territorio tibetano, provocando o exilio do Dalai Lama, xefe espiritual do budismo tibetano, e milleiros de tibetanos á India.

E tampouco América do norte foi o único territorio expoliado polos intereses das grandes potencias. América do Sur padeceu a colonización europea coa conseguinte perda (cultural e económica) para os pobos nativos.

“La útima huella”é un documental  da directora chilena Paola Castillo que mostra como era a cultura yagán a partir de Úrsula e Cristina Calderón, derradeiras supervivintes da etnia indíxena do sur de Chile.

O certo é que os pobos indíxenas, os máis primitivos e pegados á terra tiñan unha relación moi profunda (casi mística) coa natureza: respectabana, amábana. Pois ben, o escritor e filósofo anarquista (tamén norteamericano coma o xefe Seattle)  Henry David Thoreau recolleu na súa obra “La vida en los bosques”  unha filosofía semellante:

“Fui a los bosques porque quería vivir a conciencia, quería vivir a fondo y extraer todo el meollo a la vida. Dejar de lado todo lo que no fuera vida para no descubrir, en el momento de la muerte, que no había vivido. No quería descubrir lo que no fuera vida, porque vivir es caro, ni quería practicar la resignación a menos que fuera completamente necesario. Quería vivir con profundidad y absorber toda la médula de la vida, vivir de manera tan severa y espartana todo cuanto no fuera vida, abrir un amplio surco y arrasarlo, arrinconar a la vida y reducirla a sus términos inferiores y, si resultaba mezquina, coger toda su genuina mezquindad y hacerla pública al mundo; o, si era sublime, saberlo por experiencia y ser capaz de dar cuenta de ello en mi próxima excursión.” (…)

Así lles fala o profe de El club de los poetas muertos aos seus alumnos de Thoreua e deste texto:

Deixar un comentario

Arquivado en O gran xefe Seattle

Camiña coas e polas árbores

O ano pasado rematamos o club de lectura cunha acampada entre estrelas, e este curso arrincamos dispostos a devolverlle á natureza todo o que ela nos deu esa fin de semana e sempre. O fío condutor das nosas lecturas este curso será a natureza. Así xustifica Dores Pereira, a coordinadora da biblioteca, esta escolla:

“A natureza está presente na literatura desde as súas orixes. Unha natureza animada, divinizada, coa que o ser humano mantiña una relación simbiótica, de carácter máxico, que chegou a nós a través do mito. O loureiro, encarnación dunha Daphne metamorfoseada para fuxir dos desmáns apaixonados de Febo/Apolo; a Moreira branca, como testemuña do amor inmortal de Píramo e Tisbe; ou a fidelidade de Filemón e Baucis, perpetuada máis alá da morte na unión inextricable dun carballo e unha tileira…

Archivo:Apollo & Daphne September 2a.jpg

“Apolo e Dafne” escultura de Bernini

A partir de entón, a relación do ser humano coa natureza foi mudando. A natureza foi en ocasións telón de fondo, o locus amoenus, de historias de amor; máis, tamén, os espazos virxes, salvaxes que había que dominar, someter. A literatura reflectiuno na poesía ( Dante, Petrarca) ou nas historias que relataban as conquistas de novos territorios.

Os autores románticos intentaron restablecer o vencello esencial coa natureza tanto a través da literatura como da arte en xeral. Unha natureza que era espello da alma atormentada, refuxio consolador para quen comenzaba a sentir que o mundo se estaba convertendo nun lugar inhóspito e frío, dominado pola ambición e o materialismo.

E dende entón, as cousas non fixeron máis que empeorar. A relación da humanidade co seu entorno natural foi derivando cara á agresión medioambiental, a explotación salvaxe, a procura de recursos a calquera prezo, sen importar que iso implicase o desarraigo de grupos humanos, unha ameaza global para a saúde, o deterioro de espazos vitais para a supervivencia no planeta. E a literatura tamén estivo (e está) aí para alertar dos perigos que nos espreitan de seguir devastando sen tregua os recursos naturais do planeta, para denunciar as feridas que recibe e para sensibilizar sobre a importancia de coidar o medioambiente, para pór en valor os enormes beneficios (paisaxísticos, de lecer, para a saúde, turísticos, e non só económicos!) que nos ofrece a natureza.

O reto que se lle formula á humanidade é decisivo; pois, de non mudar a nosa relación coa natureza, é a nosa propia continuidade na terra a que está en xogo.

Michael Jackson, “Earth Song”

No club de lectura do IES Val do Tea queremos contribuír a desenvolver no noso alumnado lector, a través dunha selección de obras significativas, unha actitude crítica coa situación medioambiental, a favorecer o coñecemento dos espazos naturais da nosa contorna, a divulgar o coñecemento de plantas e árbores (dentro dun proxecto máis amplo impulsado desde a biblioteca, que implicaría a todo o instituto) e a estimular o respecto e o amor pola natureza.”

Esta é nosa proposta para este curso. O vindeiro martes 18 de outubro, no segundo recreo teremos a primeira xuntanza, que terá lugar na biblioteca,  para lembrarvos como é o funcionamento do club e comentar convosco brevemente este proxecto.

Aquí queda unha listaxe das obras que leremos e comentaremos, así coma unha breve sinopse das mesmas que aparecen nas contracubertas dos libros:

Primeira sesión

El jefe Seattle, la voz de un pueblo desterrado. Vicens Vives.

Hace miles de años un grupo de cazadores nómadas procedente del norte de Asia cruzó el helado mar de Bering y llego al continente americano. Aquellos esforzados hombres y mujeres encontraron a su paso extensas llanuras, ríos rebosantes de pesca, hermosos bosques y caza en abundancia, de manera que decidieron establecerse en aquellas tierras. Eran gentes de espeso cabello negro y piel cobriza a los que, siglos más tarde, los europeos dieron el nombre de indios. Los indios prosperaron en aquella nueva tierra y, con el paso del tiempo, llego a haber más de quinientas tribus diseminadas por todo el continente. Pero la llegada del hombre blanco cambio por completo sus vidas.

Periodo: novembro. Profesora: Esmeralda Quiroga.

 

Segunda sesión:

Bechos e demais parentesGerald Durrell. Sushibooks

Período: decembro. Profesor: Pablo Carballo.

Esta é a segunda entrega da Triloxía de Corfú, un relato sobre a estancia na illa grega de Corfú (Kérkira) da familia do naturalista Gerry Durrell, daquela un rapaz que medra dos dez aos quince anos. O autor decide escribilo máis dunha década despois, bechos-e-demais-parentescomezando co afamado libro A miña familia e outros animais, e remata co Xardín dos deuses. Todos lembran con certa saudade aquela infancia “luminosa e feliz” na que o neno inglés aprendía da natureza no exhuberante mediterráneo. Foi un período de formación, no que o autor recolle as súas vivencias e convivencias con distintos animais que observou meticulosamente en pequenos terrarios ou na propia natureza. A narración áxil e o seu agudo humor describe fielmente non só o comportamento e formas dos vertebrados e invertebrados máis diversos, senon tamén un variado elenco de persoas, que inclúen a súa familia británico-india, os seus coñecidos de toda europa e asia, e varios habitantes da illa que evidenciarán ademais do inequívoco carácter grego, non poucas peculiaridades. De toda a triloxía, quizais neste libro é onde máis protagonismo gañan as “bestas e paxaros” sobre os “demais parentes”, como rezaría o título orixinal. É de agardar que a absorbente lectura de toda a triloxía che anime a comprobalo ti mesmo.

Dende este ano temos a fortuna de contar cunha tradución ao galego, mencionada enriba, e tamén se pode atopar en castelán como Bichos y demás parientes na Editorial Alianza.

 

Terceira sesión:

A chamada da natureza. Jack London. Vicens Vives

Período: xaneiro. Profesora: Xulia Vaz

Ambientada no territorio do Yukon (Canadá) e durante a «febre do ouro» de 1897, A chamada da natureza relata con toda crueza e realismo a loita pola supervivencia de Buck, un can ao que uns desaprehensivos raptan en California para ser vendido nas xélidas terras do norte. A lei da selva que impera no Yukon e o poder do instinto de Buck acaban por modificar radicalmente o carácter e os sentimentos conformados ao longo dunha vida regalada na súa California de orixe. A tremenda violencia e crueldade que Buck debe afrontar quedan mitigadas, con todo, polo apaixonado amor e a fidelidade sen límite que o can sente polo seu amo John Thornton: toda unha lección que nos fai vibrar e que Jack London (1876-1916) consegue transmitirnos nesta pequena obra mestra cunha linguaxe directa, sen concesións, chea de dramatismo.

Cuarta sesión:

El barón rampante.Italo Calvino. Siruela.

Período. Febreiro. Profesora: Elvira Millán

Cuando tenía doce años, Cosimo Piovasco, barón de Rondò, en un gesto de rebelión contra la rígida disciplina familiar, se encaramó a una encina del jardín de la casa paterna. Ese mismo día, el 15 de junio de 1767, conoció a la hija de los marqueses de Ondarivia y le anunció su propósito de no bajar nunca de los árboles. Desde entonces y hasta el final de su vida, Cosimo permanece fiel a un principio que él mismo se ha impuesto. La acción transcurre en las postrimerías del siglo XVIII y en los albores del XIX: Cosimo participa tanto en la Revolución francesa como en las invasiones napoleónicas, pero sin abandonar nunca esa distancia necesaria que le permite estar dentro y fuera de las cosas al mismo tiempo. En esta espléndida obra, auténtica novela de aventuras rebosante de humorismo poético y fantástico, Calvino se enfrenta con el que, según él mismo declaró, es su verdadero tema narrativo: «Una persona se fija voluntariamente una difícil regla y la sigue hasta sus últimas consecuencias, ya que sin ella no sería él mismo ni para sí ni para los otros».

SubirIlustración de El barón rampante, por Germano Ovani

(Imaxe extraída de aquí)

Quinta sesión:

O home que plantaba árbores. Jean Giono. Galaxia.

Período: marzo. Profesor: Francisco Conde.

Velaquí un libro que fala da xenerosidade humana sen límites. Do respecto á natureza, da aposta pola vida e do amor á terra e a todo o que dela pode agromar.

O protagonista queda sen auga nun val sen auga e sen árbores, desolado, onde non quedan trazos da civilización e só atopa un regueiro seco, pero é salvado por un pastor de mediana idade que o leva a unha fonte que coñece. Sente curiosidade por ese home e pola razón que lle fixo elixir unha vida solitaria, por iso queda con el un tempo. O pastor, despois de quedar viúvo, decidiu restaurar a paisaxe por si mesmo, cultivando un bosque completo. O pastor, Eleazar Bouffier, fai buratos no chan co seu caxato e deixa caer neles as landras que conseguiu reunir.

O narrador protagonista volve ao seu fogar, e máis tarde alístase na  Primeira Guerra mundial. Traumatizado pola guerra,  o home volve ao val onde vivía o pastor, e queda abraiado ao ver ás árbores novas,  de todas as clases, botando raíces no val e a novas fontes correndo a través do novo bosque…

Sexta

O bosque animado: Xerais. Wenceslao Fernández Flórez

Período: abril. Profesor: Afonso Diaz

A historia está ambientada na Fraga de Cecebre, situada no concello de Cambre, preto da Coruña. Nestas páxinas,  inzadas de amor á natureza e profunda sensibilidade e comprensión do ser humano, Fernández Flórez narra as breves historias dos habitantes da fraga: Fendetestas, Xeraldo, Hermelinda, Pilara, Marica etc. Mais tamén dos aparecidos ou fantasmas que pasean polo bosque: a alma en pena de Fiz Cotobelo e por suposto de Hu-Hu e as súas moscas, do clan dos gatos ceibes, ou das árbores que cren que un poste de telégrafos é unha compañeira delas. Nesta novela fantástica latexa, vibrante, o pulo vital da multitude de animais e plantas que constitúen o mundo insospeitado da Fraga de Cecebre, xunto coa difícil  andaina humana duns seres que ilustran un xeito de entender o mundo e unha cultura popular moi de noso.

Resultado de imagen de o bosque animado

Fotograma da película El bosque animado

Sétima e última sesión:

A negrura do mar. Ramón Caride Ogando

Período: maio. Profesor: Cándido Fernández.

Said e Sheila, os dous irmáns ecoloxistas e pacifistas que loitan dende o futuro por un mundo mellor, relatan n’ “A negrura do mar” a viaxe que emprenderon no outono do ano 2076 ao Océano Atlántico con motivo dunha alarma medioambiental provocada pola aparición de manchas de hidrocarburos detectadas nalgúns coídos e praias situadas entre Cabo Fisterra e as illas Sisargas. Na enseada do Cuño e na vila de Covelo atoparán indicios da existencia dunha posible marea negra que os remontará, por medio dunhas cartas que lles proporciona unha velliña, aos acontecementos sucedidos no afastado outono de 2002 cando naquelas mesmas costas naufragou o petroleiro Prestige provocando a maior negrura do mar coñecida na Costa da Morte.

Fai coma Iago e coma Luis, sube ás árbores connosco!

acampada-001

Hoxe medrei máis alto por camiñar coas árbores.

 Karle Wilson Baker, poeta americana

Deixar un comentario

Arquivado en Avisos

Acampada entre estrelas e cantos

Para rematar o curso fixemos unha acampada en  Coto da Eira, na serra do Suído.   Asistiron seis dos dez membros do club e os alumnos e alumas da escola unitaria de Taboexa (neste fermoso blog podedes ver os recados da Moura que nos chegan desde alí).

Acampada 011

 

Foi unha experiencia moi enriquecedora na que compartimos andainas (unha ao doble Foxo do Lobo e outra ata o propio Coto da Eira), cantos, comidas… ao abeiro dunha natureza xenerosa e dun ceo cheo de estrelas que nos amosou Pablo Carballo, profesor de Bioloxía do centro, quen acudiu con prismáticos e telescopios para achegarnos ás constelacións. Moitas grazas, Pablo, por subir connosco ata a serra. Tamén agradecemos a Lourdes,a mamá de Mario, que puxo a súa furgoneta e as súas mans de condutora á nosa disposición  e a Cándido, que nos acompañou.

 

Acampada 230

 

Tal vez os libros tamén sexan constelacións que ofrecen a súa luz para guiármonos polos ceos da vida, tal vez sexan camiños de leite, alimento esencial para enriquecer o sistema inmunolóxico e medrar libres e fortes.

Esta actividade é o punto final deste curso pero tamén o de partida do seguinte curso cuxo proxecto terá como eixe vertebrador a natureza e o coidado e respecto da mesma.

 

20160624_213547

 

Agardamos repetila e lembrade que lle debemos algo a esa serra que nos acolleu, nos envolveu co seu silencio e a súa beleza. Teremos que respectala e devolverlle tamén o cariño co que fomos recibidos.

Foi unha bonita forma de acabar e de empezar!!

20160624_163314

Feliz verán, que fagades bonitas camiñadas polos libros, polas beiras dos ríos, polos montes, polas praias, os museos e que volvamos con forzas para o vindeiro curso!

NOTA: Esta actividade non tería sido posible sen Karina, a profesora do colexo de Taboexa que me amosou o sitio e nos deu a idea. Grazas, Karina. Obrigadas.

 

1 comentario

Arquivado en Actividades