Lemos estes días a carta que o xefe Seattle lle escribiu ao home blanco, o presidente dos Estados Unidos, Franklin Pierce, como resposta a unha oferta que o presidente envía ao xefe Seattle, da tribu Suwamish, para mercarlle os territorios do noroeste dos Estados Unidos que hoxe forman o Estado de Washington. A cambio, promete crear una “reserva” para o pobo indíxena.
Imaxe do xefe Seattle
Constantino Romero ponlle voz a esa fermosísima carta que estamos a ler:
Aquí podes ler a historia dos indíxenas norteamericanos e de como estes foron colonizados primeiro polos europeos e despois polos nortemaricanos. Eran e seguen sendo moitas as tribus que alí vivían. Neste pequeno documental fálase dalgunhas delas:
Non foi Seattle o único xefe indio que loitou pola independencia da súa terra e da natureza. Tamén cómpre falar de, entre outros, Toro Sentado. Aquí queda un pequeno documental do xefe da tribu:
Hoxe en día as etnias amerindias son moi poucas. A súa forma de vida tamén as súas linguas están seriamente amenazadas polas nacións máis poderosas que impuxeron e impoñen a miúdo os seus valores e a súa forma de vida ás culturas máis minoritarias. Xa falamos neste blog a propósito de Sagarmatha (lembrádelo, verdade?) da situación dos pobos minoritarios do Tibet, concretamente da invasión do goberno de China de parte do territorio tibetano, provocando o exilio do Dalai Lama, xefe espiritual do budismo tibetano, e milleiros de tibetanos á India.
E tampouco América do norte foi o único territorio expoliado polos intereses das grandes potencias. América do Sur padeceu a colonización europea coa conseguinte perda (cultural e económica) para os pobos nativos.
“La útima huella”é un documental da directora chilena Paola Castillo que mostra como era a cultura yagán a partir de Úrsula e Cristina Calderón, derradeiras supervivintes da etnia indíxena do sur de Chile.
O certo é que os pobos indíxenas, os máis primitivos e pegados á terra tiñan unha relación moi profunda (casi mística) coa natureza: respectabana, amábana. Pois ben, o escritor e filósofo anarquista (tamén norteamericano coma o xefe Seattle) Henry David Thoreau recolleu na súa obra “La vida en los bosques” unha filosofía semellante:
“Fui a los bosques porque quería vivir a conciencia, quería vivir a fondo y extraer todo el meollo a la vida. Dejar de lado todo lo que no fuera vida para no descubrir, en el momento de la muerte, que no había vivido. No quería descubrir lo que no fuera vida, porque vivir es caro, ni quería practicar la resignación a menos que fuera completamente necesario. Quería vivir con profundidad y absorber toda la médula de la vida, vivir de manera tan severa y espartana todo cuanto no fuera vida, abrir un amplio surco y arrasarlo, arrinconar a la vida y reducirla a sus términos inferiores y, si resultaba mezquina, coger toda su genuina mezquindad y hacerla pública al mundo; o, si era sublime, saberlo por experiencia y ser capaz de dar cuenta de ello en mi próxima excursión.” (…)
Así lles fala o profe de El club de los poetas muertos aos seus alumnos de Thoreua e deste texto: