“6 de novembro de 1872”

“Pero non se podía recobrar o tempo perdido. Había que tomalas como viñan; e non avistaron terra ata o 6, ás cinco da mañá. O itinerario de Phileas Fogg sinalaba a chegada do paquebote para o día 5. Pero non chegaron ata o 6. Eran, polo tanto, vintecatro horas de atraso; e a saída para Yochohama fallaría necesariamente.”

“Ás seis subiu o práctico a bordo do “Rangoon” e ocupou o seu lugar na ponte, coa fin de guia-lo navío a través dos pasos ata o porto de Hong Kong.”

(Fragmento de “A volta ao mundo en 80 días” de Edicións Xerais)

(Procedencia da imaxe)

Se as anteriores entradas ían de música, esta vai de cine porque me ven  á cabeza a v¡sual “Hero”, película do 20o2 estrenada en España no 2003 que agrupou ó mellor elenco de actores nunca visto en Hong Kong dirixido por Zhang Yimou.

As cores  teñen unha importancia especial nesta película, tres versións da historia cada unha dunha cor temática (vermello, branco e azul), unha anécdota acerca da vestimenta é que para confeccionala  se utilizaron máis de 30 cores e as prendas  teñíansen á mán. Podedes ler máis picando aquí.

Deixovos este vídeo para que vos animedes a vela, se vos gusta a estética das artes marciais non deixedes de vela.

Outras mostras de cine realizado en Hong Kong son Tigre y dragón de Ang Lee, do ano 2000.  La casa de las dagas voladoras, do mesmo director de Hero, Zhang Yimou,seleccionada para a súa proxección no Festival de Cannes do 2004.
Datos extraídos da páxina ( http://www.guiamundialdeviajes.com/city/56/culture/Asia-Oriental/Hong-Kong.html#ixzz2AuN8CR64 ) na que podedes ler máis sobre diferentes aspectos de Hong Kong.
Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en A volta ao mundo en 80 días, Cine

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s