Arquivos diarios: Novembro 19, 2012

O misterio do resplandor da area

“Lo que embellece aún más al desierto-dijo el principito-, es que esconde un pozo en cualquier parte, en el sitio menos esperado…

Comprendí de pronto el misterio del resplandor de la arena. Cuando era jovencito, vivía en una casa muy antigua y contaba la leyenda que allí había un tesoro escondido. Nadie pudo descubrirlo y quizá nadie lo haya buscado. Sin embargo, encantaba toda la casa. Mi casa guardaba un secreto en el fondo de su corazón…

-Sí-dije al principito-; se trate de la casa, de las estrellas o bien del desierto mismo, lo que indudablemente embellece es invisible.

-Así es como piensa mi zorro, me gusta que estés de acuerdo con él-dijo.

Tomé en mis brazos al principito que había quedado dormido, y proseguí la marcha. Sentía una gran emoción recorrer mi cuerpo. Me parecía estar cargando un frágil tesoro. Y aún más, sentía que no existía algo más frágil sobre esta Tierra. La luz que provenía de la luna iluminaba la pálida frente del hombrecito, sus ojos cerrados y los cabellos dorados movidos por el viento. Me dije: “Lo que aquí veo, es sólo una corteza. Lo más importante es invisible…”

Sus labios permanecían entreabiertos esbozando una suave sonrisa. Me dije: “Lo que me emociona de este principito es su fidelidad por una flor, es la imagen de una rosa que brilla en él aún en su sueño como la llama de una lámpara…” Lo sentí aún más frágil. Es muy necesario cuidar de las lámparas ya que un golpe de viento puede apagarlas…

Y así, caminando lentamente, descubrí el pozo al amanecer.”

Fragmento extraído de  El principito.

Nesta noveliña de Antoine de Saint_Exupéry tamén “aparece” o deserto, que é, por si mesmo un personaxe. Podédela ler aquí ( en galego), aquí ( en castelán). Na biblioteca tedes un exemplar en francés e podedes escoitalo e velo aquí na súa lingua:

Ou velo en inglés

Tamén podedes ler a obra  nesta edición fermosísima que publicou Salamandra e que está na biblioteca:

Atoparédela, sen buscar moito, na ” Mochila literaria”. Esta era unha das novelas favoritas do protagonista “cego” de Días de Reyes Magos escrita por Emilio Pascual. Grazas a esta novela Uli, o protagonista, puido sorprender ao cego de quen tanto aprendeu. Pronto vos daremos máis información sobre esta novela.

Yo me pregunto si las estrellas están encendidas para que cada cual pueda un día encontrar la suya”…

( para ti, esquío)

Advertisement

1 comentario

Arquivado en Recomendacións

“Toquio Blues” Haruki Murakami

(Foto de Juan e/ou Geni)

E seguindo por terras xaponesas, hoxe toca falar non de libros de autores occidentais escritos nas súas propias linguas, nos que o protagonista é o Xapón, senón falar de autores xapones, que escriben  na súa propia lingua.

A Amélie Nothomb (recomendada en anteriores entradas)  poderiámola considerar mitade occidental, mitade oriental. Naceu e vivíu no Xapón a súa infancia e adolescencia, pero máis tarde asentouse en Bélxica, de onde era a súa familia e escribe en francés. Ela mesma fala nos seus libros dos seus conflictos nas relacións sociais que lle producía o choque das dúas mentalidades: occidental e oriental (v. “Ni de Adán ni de Eva”, unha das nosas recomendacións)

Hoxe recomendaremos a Haruki Murakami, nacido en Kyoto e de ascendencia nipona, como queda patente polo seu nome e apelido, pero que vivíu en USA e traducíu a autores norteamericanos, fala inglés máis ou menos fluído, pero escribe en xaponés. Con respecto ás linguas, na súa obra “De que falo cando falo de correr”, que temos na biblioteca na edición de Galaxia, di o seguinte*:

“Cando estou no Xapón cáseque nunca falo en público. Non dou nunca conferencias. Pero en inglés dei unha cantas, e se se me presentan oportunidades supoño que farei unhas cantas máis. É estraño, pero cando teño que falar en público síntome máis cómodo co meu inglés non moi fluído ca co meu xaponés. Supoño que é porque cando teño que dicir algo serio en xaponés teño a sensación de afogar nun mar de palabras. Como escritor manteño unha relación moi íntima coa miña lingua, e sempre me semella que teño un número infinito de posibilidades ó meu alcance. Por iso, cando teño que falar diante dun número indefinido de persoas me perdo neste mar tan rico de palabras e acabo frustrado.”

“No que respecta ó xaponés, gustaríame utilizalo só para escribir, sentado no escritorio. A escritura é o terreo que me permite manipular as palabra e o contexto de maneira adecuada e efectivaa, e convertilos nunha cousa concreta.”

*Nota de BiblioTea:

A cita é unha tradución libre (non do xaponés, desgraciadamente). Non teño á mán a edición de Galaxia, polo que  me permitín esta licencia.

As obras de Murakami publicáronse en 14 linguas, é dos autores máis coñecidos do boom da literatura xaponesa actual en Occidente, de tal xeito que se fala do “fenómeno Murakami”. En galego a editorial Galaxia ten traducidas varias obras súas. Nós na biblioteca temos algunhas delas.

En castelán están publicadas por Tusquets.

A recomendación de hoxe é  unha das máis exitosas do autor, considerada por algúns coma o clásico moderno por excelencia da literatura xaponesa. Trátase de “Tokio blues. Norwegian wood”.  Unha historia de amor moi ó “estilo murakami”: tenra, en to melancólico e sensual, con chispas de sentido do humor, e desenlace (que non vos desvelaremos) nese estilo murakami que dicíamos e que se percebe en canto se len unhas cantas obras do autor (“Al sur de la frontera, al oeste del sol”, segue esta línea). Amor adolescente, educación sentimental e tránsito á idade adulta.

Desta novela hai unha adaptación ó cine, que tivo algunhas nominacións ós Oscar por exemplo, pero que persoalmente creo que non está para nada á altura da novela (banda sonora interesante, iso sí). Foi tamén libro dun “club de lectura” entre amigos, e coincidimos os lectores-amigos nesta mesma apreciación. Se vos decidides a ler a novela e ver a película, xa nos diredes. Dámosvos a ficha técnica e o trailer:

Deixar un comentario

Arquivado en Cine, Recomendacións, Xapón