“Pero non se podía recobrar o tempo perdido. Había que tomalas como viñan; e non avistaron terra ata o 6, ás cinco da mañá. O itinerario de Phileas Fogg sinalaba a chegada do paquebote para o día 5. Pero non chegaron ata o 6. Eran, polo tanto, vintecatro horas de atraso; e a saída para Yochohama fallaría necesariamente.”
“Ás seis subiu o práctico a bordo do “Rangoon” e ocupou o seu lugar na ponte, coa fin de guia-lo navío a través dos pasos ata o porto de Hong Kong.”
(Fragmento de “A volta ao mundo en 80 días” de Edicións Xerais)
Se as anteriores entradas ían de música, esta vai de cine porque me ven á cabeza a v¡sual “Hero”, película do 20o2 estrenada en España no 2003 que agrupou ó mellor elenco de actores nunca visto en Hong Kong dirixido por Zhang Yimou.
As cores teñen unha importancia especial nesta película, tres versións da historia cada unha dunha cor temática (vermello, branco e azul), unha anécdota acerca da vestimenta é que para confeccionala se utilizaron máis de 30 cores e as prendas teñíansen á mán. Podedes ler máis picando aquí.
Deixovos este vídeo para que vos animedes a vela, se vos gusta a estética das artes marciais non deixedes de vela.