“O 13, coa marea da mañá, o “” entrou no porto de Yocohama.”
“Este lugar é unha escala importante do Pacífico, no que paran tódolos steamers empregados no servicio postal e de viaxeiros entre América do Norte, a China, Xapón e as illas de Malasia. Yocohama está situada na mesma badía de Yedo, a pouca distancia daquela inmensa cidade (2) , segunda capital do imperio xaponés, noutrora residencia do taïkoun (3), no tempo en que este imperador civil existía, e rival de Meako, a grande cidade onde habitaba o mikado(4), imperador eclesiástico, descendente dos deuses.”
Notas da edición citada:
(2) Yedo é o nome antigo de Tokio. As primeiras noticias certas desta cidade datan do século XII. En 1868, o imperador Mutsihito, da dinastía Meiji, converteu a Yedo (“porto do golfo”) na capital do Xapón, trocándolle o nome por Tokio, sinónimo de Tong-king (“capital do leste”, en oposición á anterior capital, Kioto, situada máis ó oeste). Yocohama está na mesma badía, na ribeira esquerda, actualmente unida a Tokio por unha estrada e mailo ferrocarril de Tokaido.
(3) Sorte de señor feudal, dono de territorios e cidades.
(4) Sumo pontífice xaponés, cando o poder civil e o poder relixioso non eran exercidos pola mesma persoa. Despois, recibiu este nome o imperador e mesmo o seu palacio.
(Fragmento de “A volta ao mundo en 80 días” de Ed. Xerais)
(Fotos dos templos Kiyomizu-Dera en Kioto, “capital do oeste”, tomada por Juan Centeno)