“Ó nace-lo sol do día seguinte, 8 de novembro, a goleta fixera máis de cen millas. A corredeira*, lanzada con frecuencia, indicaba que a media da súa velocidade estaba entre oito e nove millas. A “Tankadère” despregara todo o seu velame e obtiña, desta maneira, a velocidade máxima. Se o vento se mantiña naquelas condicións, a sorte estaba da súa banda”.
Nota da edición citada:
*Cordiña, dividida en espacios iguais por medio de nós colocados a 14’40 metros de distancia entre eles, que se lanza ó mar desde unha embarcación para medi-la velocidade a que navega esta.
(Fragmento de “A volta ao mundo en 80 días de Ed. Xerais)
Se necesitades un vocabulario mariñeiro, por se vos faltan as notas. Neste enlace a librería de nautica, podedes atopar un.
Foto ilustrativa da nota explicativa da “corredeira”
Imaxe dunha goleta