“El niño que vivía con los avestruces”

Mañá teremos xuntanza lectora arredor do libro El niño que vivía con los avestruces de Monica Zak e ilsustrado por Enrique Flores.

A novela está baseada en feitos reais( ainda que, xa se sabe, ao literaturizar pérdese un pouco esa realidade e gáñanse outras cousas) e está ambientada no deserto do Sahara. Se clicades aquí poderedes achegarvos a ese lugar.

Como sabedes é un lugar que ten detrás de si unha historia triste de inxustiza e desarraigo. Para que vaiades vendo como era ese espazo no  que habitaba a familia humana de Hadara podedes ler  este cómic explicativo de Mauro Entrialgo.

(Procedencia da imaxe)

Ou ver este pequeno documental sobre a realidade do pobo saharaui.

Hadara é un rapaz que medra “salvaxe” neste deserto, protexido pala tenrura e cariño dunha familia de avestruces.

( Que sorte ten Hadara!). Non é o único caso de neno salvaxe.
Outros casos coñecidos de nenos que medraron lonxe do que implica a “domesticación social” foron, entre outros, Victor de  l´Aveyron en El pequeño salvaje ( Grazas, Rodrigo, polo libro) ou  Marcos Rodríguez que se recrea na película Entrelobos. Tamén destaca, na literatura, o caso de Mowgli en El libro de la selva.

Mañá deslizaremos pola suavidade do deserto e desta historia.

A fotografía “Suavidad” é de David  Rodríguez Amil e foi tomada no Sáhara. Grazas, profe David!

Advertisement

1 comentario

Arquivado en Cine, El niño que vivía con los avestruces, O deserto, Recomendacións

Unha resposta a ““El niño que vivía con los avestruces”

  1. Na mitoloxía romana temos outro exemplo de nenos adoptados por animais. No mito fundacional da cidade de Roma, Rómulo e Remo foron amamantados por unha loba. Mito que ilustra a famosa estatua da loba capitolina.
    Sobre o mito e fundación de Roma podedes atopar información nesta páxina:
    http://historia-antigua.com/roma/romulo-y-remo/
    A imaxe da luperca de Tarragona, tédela no encabezamento do blog de linguas clásicas do Val do Tea.
    A típica imaxe da luperca dos museus capitolinos cos nenos debaixo (engadido renacentista á tradicional escultura etrusca) podédela ver na mesma wikipedia.
    http://es.wikipedia.org/wiki/Luperca

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s