“O “Carnatic”, ó zarpar de Hong Kong, o 7 de novembro ás seis e media do serán, dirixiuse a todo vapor cara ás terras do Xapón. Levaba carga completa, de mercadorías e pasaxeiros. Con só dous camarotes de popa baleiros. Estes eran os reservados por conta de Mr. Phileas Fogg.”
(Fragmento de “A volta ao mundo en 80 días de Ed. Xerais)
(Monte Fuji fotografiado por Juan Centeno)
Do Monte Fuji din na película “Cerezos en flor”, unha fermosa produción franco-alemana, que é moi tímido e non sempre se deixa ver, algo que nos corrobora o noso fotógrafo, pois parece ser que despois de deixarse fotografiar se agochou de novo entre as néboas.
Despois de toparnos co máis ou menos visible Monte Fuji ó chegar a Xapón, como non recordar tamén as cerdeiras en flor, os haikus e os haikus ás cerdeiras en flor?
Cerezos en flor
y recuerdos de seres queridos.
Todos tan lejos de aquí.
(O haiku é de Masoaka Siki e a foto de Juan Centeno)
Se queredes saber máis sobre o haiku, podedes entrar en El rincón del Haiku, páxina dedicada ó mesmo.
“Rincón de haikus” é unha obriña de Mario Benedetti, gran admirador e lector deste tipo de poesía breve, cultivada non só no Xapón, que podedes atopar na nosa biblioteca.
Unha deliciosa obriña que ten moito que ver co haiku é “Nieve” do francés Maxence Fermine, que vos animo ferventemente a ler. Picade sobre a imaxe para obter máis información.
Deixareivos algunha mostra en próximas entradas por se necesitades algún estímulo máis para poñervos a lela.
Non podemos marcharnos do Xapón sen atoparnos con alguna Gheisa coma as da fotografía (tamén de Juan)
E deixámolo por hoxe, pero volveremos con alguna recomendación lectora do Xapón e algunha foto máis do noso “fotógrafo particular”, un dos nosos, para ser exactos, porque contamos neste blog con reporteiros gráficos propios. Que luxo! Grazas, Juan e David.