Literatura en “El retrato de Carlota”

Libros dentro dos libros. As veces os mesmos libros lévannos a outros libros, coma no caso destas obras e autores que se citan en “El retrato de Carlota”:

– De Ághata Christie  (“doña Ághata” que di a tía Ángela) a gran mestra do xénero policíaco,  Carlota leva para ler no avión  “El asesinato de Rogelio Ackroy” (páx. 8). Na biblioteca dixital da páxina “Ciudadseva” tedes os seus contos. Tamén podedes buscar algo dela na biblioteca.

Flaubert, o célebre autor francés creador de “Madame Bovary”,   é un autor que está lendo a tía de Carlota (páx. 19). Podedes atopar esta novela e a película na sección de “Cine e literatura” da biblioteca do Val do Tea.

Giacomo Casanova (páx. 23) é un escritor, erudito, filósofo e aventureiro veneciano sobre o que escribíu a tía de Carlota, pero é tamén coñecido pola súa faceta de seductor e home de vida licenciosa e disoluta.

Oscar Wilde El fantasma de Canterville (Esta obra cítase na páx. 43 ). Podedes collela na biblioteca ou, se o preferides, lela online, picando sobre o título. Deste autor dublinés xa fixemos unha entrada neste blog (a do 20 de decembro)  na que falamos del, de James Joyce e Samuel Beckett.

Henry James. Otra vuelta de tuerca é a obra que Carlota leu no instituto e que vós podedes ler online picando sobre o título.

Lord Byron e Sthendal tamén se citan na páx. 77, sen facer referencia a ningunha obra concreta.

Do francés  Sthendal, podedes acceder desde a  páxina de “Bibliotecas Virtuales” a algunha das súas obras máis famosas coma “Rojo y negro”

Lord Byron é como lle chaman os alumnos/-as ó profesor Hugues en “La gramática del amor” de Rocío Carmona (tedes o libro na biblioteca do centro) pois o poeta inglés é o representante do romanticismo máis exarcerbado. Nós recomendámosvos a lectura dos poemas que podedes atopar nesta páxina “A media voz”, de onde sacamos este que se titula “La gacela salvaje” e nos recordou o libro de lectura do mes anterior:
La gacela salvaje en montes de Judea
Puede brincar aún, alborozada,
puede abrevarse en esas aguas vivas
que en la sagrada tierra brotan siempre;
puede alzar el pie leve y con ardientes ojos
mirar, en un transporte de indómita alegría.

Pies ágiles también y ojos más encendidos
aquí tuvo Judea en otros tiempos,
y en el lugar del ya perdido gozo,
más bellos habitantes hubo un día.
Ondulan en el Líbano los cedros, mas se fueron
las hijas de Judea, aun más majestuosas.

Más bendita la palma de esos llanos
que de Israel la dispersada estirpe,
pues echa aquí raíces y se queda,
graciosa y solitaria:
ya su suelo natal no deja nunca
y no podrá vivir en otras tierras.

Mas nosotros vagamos, agostados,
para morir muy lejos:
donde están las cenizas de los padres
nunca descansarán nuestras cenizas;
ya ni un solo sillar le queda a nuestro templo
y en trono de Salem se ha sentado la Burla.

Versión de Màrie Montand

-E rematamos con Catulo de Verona, poeta latino do século I a. de C. Poeta que sorprende a Carlota e a Ferrando pola súa modernidade con este poema.
Vivamus, mea Lesbia, atque amemus,

rumoresque senum severiorum

omnes unius aestimemus assis.

Soles occidere et redire possunt:

nobis cum semel occidit brevis lux,

nox est perpetua una dormienda.

Da mi basia mille, deinde centum,

Dein mille altera, dein secunda centum,

Deinde usque altera mille, deinde centum.

Dein, cum milia multa fecerimus,

Conturbabimus illa, ne sciamus

Aut ne quis malus invidere possit,

Cum tantum sciat esse bassiorum.

Vivamos e amemos, querida Lesbia,

e non fagamos caso dos comentarios dos vellos intransixentes

os días poden sucederse,

pero para nós o día é un breve espazo

e a noite para dormirmos eternamente é eterna.

Dame mil bicos, e despois cen,

e despois outros mil e outros cen mil,

E, sen parar, ata chegar a mil máis, e despois cen.

Finalmente, cando teñamos dado tantos milleiros,

darémolos ó esquecemento, para non recordalos,

E para que ninguén sinta envexa

ó saber que entre nós houbo tantos bicos.

O compositor alemán Carl Orff sobre material poético deste latino creou os xogos escénicos sobre os amores de Catulo e Lesbia, chamados “Catulli Carmina” e o concerto escénico “Trunfo de Afrofita” no que musicaliza os poemas de Catulo sobre o matrimonio.

Aquí vos vai o “Vivamus mea Lesbia ” musicado:

Deixámosvos tamén o brevísimo “Odi et amo”, texto latino, tradución e versión musicada:

“Odi et amo. Quare id faciam,

Fortasse requiris. Nescio,

sed ita fieri. Sentio et excrucior.”

Odio e amo. Por que o fago,

acaso preguntes. Non o sei,

pero é así. Sinto e sufro.

Neste arquivo PDF (Poemas de Catulo)  tedes os poemas que os compañeiros de 2º de bacharelato están lendo como parte do temario de selectivo.

Engadimos outra versión, de última hora,  máis moderna de Keith Massey

E xa que esta entrada vai de literatura, non podemos deixar de mencionar as alusións ós tópico literarios: “carpe diem”, “collige, virgo, rosas” da páx. 15. Onde se fala de flores (magnolios, rosas, de cores laranxos e lilas) e falando dun dos misterios das rosas, da súa fugacidade, introdúcenos no tópico literario do “carpe diem”.

Das moitas presentacións que hai en rede sobre os tópicos literarios, elixín insertarvos esta do “Club de los seis” que me pareceu moi interesante polos fragmentos con que exemplifica cada un. Para os que non teñades a sorte de que vos explique literatura Esmeralda, de quen poderíades aprender moito máis sobre este tema, deixovos aquí esta presentación. Co teu permiso, Esme!

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Cine, Música, Recomendacións

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s