“20 de decembro do 1872”

“No seguinte día, o 20, foi a murada, a empavesada, a obra morta e a maior parte da cuberta. O “Henrietta” non era máis do que un barco raso coma un pontón.

Pero, naquel mesmo día avistaron a costa de Irlanda e o faro de Fastenet.”

(Fragmento de “A volta ao mundo en oitenta días de Ed. Xerais)

E nós ó avistar Irlanda lembramos uns cantos nomes da literatura universal procedentes deste país:

(Procedencia da imaxe)

JAMES JOYCE, nacido en Dublín no ano 1882.

Citamos tres obras deste autor levadas ó cine:

*O “Ulises” é unha das obras cumbre da literatura universal e tamén unha das que impón máis respeto adentrarse nela, será por iso que nos atopamos  páxinas coma esta,  que nos da unhas recomendacións para perderlle o medo: “Guía para perder el miedo al Ulises de Joyce”

A versión cinematográfica do “Ulises”  é de Joseph Strick do ano 1967.

*“Retrato del artista adolescente”,podedes lela online picando sobre o título. Esta obra foi levada tamén ó cine por Joseph Strick no 1977.

* E para rematar recomendamos Dublineses”, obra de Joyce levada tamén ó cine por John Huston no 1987.

(Procedencia da imaxe)

OSCAR WILDE, nacido tamén en Dublín no 1854.

Deste autor recomendamos un par de obras das que se fixeron adaptacións cinematográficas e que temos na biblioteca do centro:

“La importancia de llamarse Ernesto”que podedes atopar xunto coa película na sección da biblioteca “Cine e literatura”. (Picando sobre o título tedes o enlace a un arquivo pdf, por se queredes lelo online)

E tamén “El retrato de Dorian Gray”(Picando sobre o título tedes o enlace a “bibliotecas virtuales”, onde o podedes ler online)

Aquí vos deixamos o trailer desta segunda película

Outras obras de Oscar Wilde coma “El crimen de lord Arthur Saville” e “El fantasma de Canterville” tamén as podedes atopar na biblioteca.

(Procedencia da imaxe)

SAMUEL  BECKETT, nacido en Dublín no ano 1906, premio Nobel de literatura no 1969.  Podedes obter información sobre o autor neste enlace.

Nós pechamos a entrada “Esperando a Godot”, obra de Beckett escrita a  finais dos 40  e enmarcada no teatro do absurdo.

Advertisement

2 Comentarios

Arquivado en A volta ao mundo en 80 días, Cine, Recomendacións

2 respostas a ““20 de decembro do 1872”

  1. Anna

    Fantàstic bloc i fantàstiques entrades, que em permeten viatjar al voltant del món i retrobar els grans escriptors i les grans obres universals. Els vostres alumnes tenen molta sort de tenir un professorat de tanta qualitat i amb tanta dedicació.
    Felicitats de tot cor. Molta sort i bona lectura!!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s