Arquivos diarios: Xaneiro 18, 2013

“Sete casas en Francia”. Bernardo Ataxaga

Un libro ambientado no mesmo lugar onde se desenvolve a acción do noso libro do club do mes de xaneiro, o antigo Congo Belga, é “Sete casas en Francia” de Bernardo Atxaga publicada no 2009. No 2012 a revista norteamericana Publishers Weekly escolleu a edición estadounidense de Siete casas en Francia de Bernardo Atxaga coma unha das mellores novelas do 2012. Está publicado en galego por Faktoria K de libros. En castelán por Alfaguara. De feito, creo recordar que esta obra foi publicada á vez nas 4 linguas do estado (euskera, català, galego e castelán)

Portada de Siete casas en Francia

Foi libro do club de lectura de adultos fai uns anos e temos exemplares nas dúas linguas na biblioteca.

A tradución ó galego de Ramón Nicolás, foi considerada como mellor libro na sección de tradución para adultos en 2009.

Se vos animades con el, podedes ler sobre o libro e o autor neste enlace de “El país”

Advertisement

Deixar un comentario

Arquivado en A selva africana, Recomendacións